Complementarias

Charla

O vindeiro martes 3 de maio, os alumn@s da materia de Artesanía e de 1º de BACH de Artes, asistirán a unha charla impartida por persoal especializado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Charla: "Programa Ponte"

O vindeiro venres 1 de abril os alumnos de 2º de Bacharelato asistirán  a unha charla sobre as ofertas educativas da USC (Programa Ponte ). O ponente será  Don Emilio Ruzo Sanmartín,  profesor da USC .

Proxección de CURTAS

 O próximo martes día 29, en horario de tarde, o alumnado de 4ª ESO asistirá a unha proxección de curtas realizadas polo IES Antón Losada Diéguez. O noso centro proxectará DAIRAS, na mesma data e mesmo horario, nos dous centros educativos da zona. Actividade organizada polos Departamentos de Normalizción Lingüística dos tres centros educativos. 

Doazón de sangue

O venres día 25 de marzo en horario de mañá (10:00 ás 14:00 horas) estará a unidade móbil de doazón de sangue estacionada no recinto do Instituto Antón Losada Diéguez.

Imaxes do Entroido no MGB

Xa están subidas á nosa galería en Flickr as imaxes da festa do Entroido celebrada o pasado venres no MGB.

Charla

O próximo 15 de marzo, martes, nas dúas horas de clase da tarde, o alumnado de 3º ESO asistirá a unha charla sobre Drogas impartida por persoal especializado das Forzas de Seguridade do Estado. Actividade organizada polo Departamento de Orientación.

Baile de disfraces

O próximo día 4,venres de entroido, nas dúas últimas horas de clase celebraremos un baile de disfraces na sala de usos múltiples. Entregaranse tres premios individuais e tres premios colectivos aos mellores entroidos... Animádevos

Actividade inglés

O vindeiro 24 de febreiro alumn@s do 1º ciclo asistirán a unha actividade cultural da materia de lingua inglesa.A actividade desenvolverase na sala de usos múltiples.

Charla (aprazada)

O próximo martes día 22 o alumnado de 3º ESO tiña programado asirtir a unha charla que se apraza para o día 15 de marzo, no mesmo horario, modificamos tamén o seu contido, a charla xirará sobre drogodependencia e será impartida por persoal especializado.

Charla

O próximo martes día 22 o alumnado de 3º ESO asistirá, de 16.30 a 18.10 h., a unha charla sobre delincuencia xuvenil e bandas xuvenís organizadas, impartida por persoal especializado da garda civil de Pontevedra. Actividade organizada polo departamento de Orientación. 

Charla

O vindeiro martes día 15, de 16.30 a 18.10 h. , o alumnado de 2º ESO asistirá a unha charla sobre Drogodependencia impartida por persoal da garda civil de Pontevedra. Actividade organizada polo Departamento de Orientación.

Remata o concurso ODISEA 2011 no MGB

Non puido ser, como din os comentaristas deportivos ante o fracaso do equipo local. Malia que o intentamos, malia as horas de busca e investigación ininterrumpidas, malia a todo o noso esforzo, uns erros a todas luces evitables conseguiron que ningún equipo do MGB chegase ao desempate da Fase Galega que terá lugar o vindeiro mércores.

Porque iso de poñer Marte cando se pide a pregunta expresamente "en latín", ou iso de acentuar ARGONAÚTICAS no u, pois só pode achacarse ás présas, aos nervios ou simplemente despiste (maneras de vivir...). Tamén é certo que o famoso EPINETRON acabou con todas as nosas esperanzas, xa que ningún grupo do centro foi capaz de atopalo.

Dentro do noso concurso particular, a ODISEA MGB, os tres primeiros postos foron para:

  • VENI, VIDI, VICI (Óscar Barreiro, Cristian Carbajales e Rita Ferreiro): 70 puntos
  • ALEA IACTA EST (Alba Vázquez, Marta Rodríguez e Cristina Salgado): 64 puntos
  • PUELLAE DORMIENTES (Lidia Fernández, Ainoa Porto e Isabel Pena: 64 puntos

Así que a pensar xa na ODISEA 2012!

Dinámica Habilidades Sociais

O alumnado de 3º e 4º ESO recibirán uns obradoiros de dinamización, impartidos por monitores de habilidades sociais,  nas súas horas de titoría ao longo de catro semanas. Data de inicio luns día 7. Actividade organizada polo Departamento de Orientación.

Programa Aula Xuventur

O alumnado interesado no programa Aula Xuventur, proposto pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ten dispoñible toda a información relativa ao programa na páx. web: www.xuventude.net

Alumnos do MGB no concurso ODISEA 2011

Os alumnos Clásicos do MGB (e algún máis...) participarán dende esta semana no concurso de Cultura Clásica ODISEA 2011. Competirán cun total de 1.779 alumnos, distribuídos en 711 equipos, pertencentes a 125 Centros de 86 localidades diferentes, dentro das Comunidades Autónomas de Galicia, Valencia e Aragón (máis información sobre a participación e mapa de centros inscritos).

Este concurso en liña está organizado na nosa comunidade por SEECGalicia (sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos).

Dende aquí toda a sorte posible para os nosos alumnos (Marta, Alba, Cristina, Cristian, Óscar, Rita, Sandra, Noa, Catuxa, Ignacio, Mónica, Lorena, Alberto, David, Manuel, Luis, Rebeca, Fátima, Rocío, Ainoa, Lidia e Isabel), que defenderán ao MGB dende as seguintes formacións:

  • ALEA IACTA EST
  • VENI, VIDI, VICI 
  • DIVINAE
  • ALTERUM MARE
  • VECHIA SIGNORA
  • MULTA ROGITAS
  • HIC HABITAT FELICITAS
  • PUELLAE DORMIENTES
odisea_2011_blogs.jpg
Distribuir contido