Complementarias

Visita alumn@s do Colexio Pérez Viondi

Mañá, martes día 14, os alumn@s de 6º de Primaria do colexio Pérez Viondi realizarán unha visita ao noso centro, nas dúas últimas horas de clase.

Estrea: Animais Artificiais

Xa chegou o día, mañá venres, 10 de xuño ás 21:00 horas no Teatro Principal estrearase a curtametraxe Animais Artificiais, realizada polo Taller de Creación Artística MGB no actual curso académico , esperamos que o traballo colleite tantos éxitos como DAIRAS, tedes o trailer da obra no blog de Animais Artificiais. Non a perdades, esperámosvos. 

Charla: Selectividade

O vindeiro martes, día 7, os alumn@s de 1º bacharelato asistirán a unha charla sobre o próximo curso ao que accederán ( 2º bach.) e a súa relación coa selecitivade, impartida polo profesor D. Augusto Otero. Sala de usos múltiples, última hora da mañá. 

Conferencia para o alumnado da ESO sobre os riscos de Internet

O vindeiro martes 7 de xuño celebrarase na sala de usos múltiples unha conferencia a cargo dun representante do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia sobre os riscos de Internet, ofrecida en dúas quendas:

  • 1ª hora da tarde: para o alumnado de 1º e 2º da ESO.
  • 2º hora da tarde: para o alumnado de 3º e 4º da ESO.

Dita conferencia encádrase na campaña "Navega con Rumbo" da Consellería de Educación, coa cal se predente informar a alumnado, pais e nais e profesorado dos perigos dun uso inapropiado ou inconsciente de Internet.

Navega con rumbo

Fotos do acto de despedida de 2º de Bacharelato

Xa están subidas á nosa galería de Flickr as imaxes do acto de despedida aos alumnos de 2º de Bacharelato.

* Fotografía de Magaly Barreiro e Álvaro P. Vilariño.

Making off de Animais Artificiais

Aquí tedes un pequeno videoclip realizado polo equipo de Making Off de Animais Artificiais que se estreará o vindeiro venres 10 de xuño ás 21:00 h. no Teatro Principal da Estrada.

Despedida 2º Bacharelato 2011. O vídeo.

Este foi o vídeo proxectado no acto de despedida de 2º de Bacharelato 2011

Acto de despedida 2º Bacharelato

O próximo mércores, 25 de maio, ás 19:00 horas, no Teatro Principal da Estrada terá lugar o acto de despedida dos alumn@s de 2º Bacharelato (curso 2010-2011). Para asistir é necesario presentar initación.

Xornada de xadrez

O martes 24 de maio, en horario de tarde, celebrarase na biblioteca unha xornada de xadrez  coa participación de  alumn@s que durante todo o curso académico asistiron a esta actividade. A xornada está organizada pola Federación Galega de Xadrez.

Animais Artificiais

Os alumn@s de 4º ESO A e 4º ESO C presentan o primeiro videoclip da curtametraxe inspirada na obra teatral "Animales Artificiales" de Ana Vallés. O resultado final verémolo proximamente na súa estrea.

Charla-Conferencia

O mércores 4 de maio ás 11.30 horas, no Teatro Principal da Estrada, o alumnado de 3º ESO e 2ª ESO A e B asistirán á charla-conferencia "Falar cos fillos....Como e cando" . O ponente da charla será Pedro García Aguado un exdeportista de elite que nos relatará as súas experiencias e aportaranos o seu consello. Actividade ofertada pola ANPA.  

Charla

O vindeiro martes 3 de maio, os alumn@s da materia de Artesanía e de 1º de BACH de Artes, asistirán a unha charla impartida por persoal especializado da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Charla: "Programa Ponte"

O vindeiro venres 1 de abril os alumnos de 2º de Bacharelato asistirán  a unha charla sobre as ofertas educativas da USC (Programa Ponte ). O ponente será  Don Emilio Ruzo Sanmartín,  profesor da USC .

Proxección de CURTAS

 O próximo martes día 29, en horario de tarde, o alumnado de 4ª ESO asistirá a unha proxección de curtas realizadas polo IES Antón Losada Diéguez. O noso centro proxectará DAIRAS, na mesma data e mesmo horario, nos dous centros educativos da zona. Actividade organizada polos Departamentos de Normalizción Lingüística dos tres centros educativos. 

Doazón de sangue

O venres día 25 de marzo en horario de mañá (10:00 ás 14:00 horas) estará a unidade móbil de doazón de sangue estacionada no recinto do Instituto Antón Losada Diéguez.

Distribuir contido