Complementarias

Circo TRASTADA

O noso alumnado tivo a oportunidade de presenciar unha pequena exhibición de circo realizada por especialistas de Trastada (Escola Municipal de Circo da Estrada) para poder coñecer de cerca os obradoiros que se imparten e recibir información.

Primicia

Se queredes escoitar unhas primicias visitar o blog de "Animais Artificiais" están dous temas da banda sonora da curtametraxe que o Taller de Creación Artística MGB está realizando: Hit the road Jack (realizada coa colaboración dos alumn@s do MGB) e Blue bossa (alumn@s de bacharelato de Artes- música). Parabéns

Animais Artificiais

O mércores 19 e o xoves 20, pola tarde, os integrantes da banda do MGB acudirán ao estudo de gravación "Phonos" para realizar as tomas de son da curtametraxe "Animais Artificiais" con temas propios e versións. Os membros do Taller de Creación Artística do MGB baixo a batuta de Miguel Carbajal tratarán de dar un paso máis de cara ao novo traballo. Sorte e ánimo. 

Previr a violencia nos centros educativos

O  próximo xoves día 13 o alumnado de 1º ESO asistirá a uns obradoiros organizados polo Departamento de Orientación, impartidos dentro de Programa Quérote. O obxectivo destes obradoiros é previr a violencia nos centros educativos.

Animais artificiais

Novo traballo do Taller de Creación Artística do MGB, unha curtametraxe inspirada na obra teatral "Animales Artificiales" de Ana Vallés. Non deixedes de ver o vídeo "A señora da limpeza"(Sorprendente a súa soltura detrás da cámara)

Proxección de "Dormes" e "Amelia"

O alumnado de 1º e 2º ESO asistirá mañá, mércores día 22, á proxección de Dormes do Taller creación artística MGBAmelia de terra de Montes (documental), nas dúas últimas horas de clase na sala de usos múltiples. Suspéndese o Karaoke.

Charlas sobre sexualidade

O xoves día 9 e o venres 10 desenvolveranse unhas charlas sobre sexualidade para todo o alumnado de 3º e 4º  ESO , organizadas polo departamento de Orientación, impartidas por persoal da Cruz Vermella.

Felicitación a Dairas

Premer aquí para leer a felicitación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria polo premio CREARTE 2010 obtido pola curta Dairas.

Rota tecnolóxica-Madrid

Dende o  próximo mércores, día 24, ata o venres 26 os alumn@s de 1º e 2º de BACH , da materia de Tecnoloxía, realizarán unha rota tecnolóxica por Madrid (PARQUE TECNOLÓXICO DE VALDEMINGÓMEZ, Estación NASA-INTA,TECNATOM,CIEMAT, MUSEO NACIONAL DE CIENCIA Y TECNOLOGÍA, MUSEO DEL FERROCARRIL DE MADRID...)  Acompañados polos profesores da materia de Tecnoloxía.  

Dairas en CURTOPIA

Dairas foi proxectada o día 16 na mostra de animación galega: Certame internacional Curtopia de Vigo,dentro da programación oficial. A dirección do festival comunicoulles aos representantes de Dairas ,alí presentes, que a curtametraxe tivo moi boa acollida.

Unha vez máis parabéns.  

Publicadas na nosa galería as fotos do Magosto

Podedes ver a galería nesta ligazón. As imaxes foron realizadas por Miguel Bugallo.

5173319750_27c1505ab9.jpg

Celebración magosto

Parabéns a todos os alumn@s de 1º de BAC pola preparacón dos xogos e grazas a todos os participantes, parabéns tamén aos alumn@s da matería de Artesanía pola realización das expresivas cabazas e grazas outra vez máis ao equipo de DAIRAS. 

Viaxe cultural a Madrid

O próximo  12, venres, ata o día 14 os alumn@s da Sección bilingüe de 2º de BAC. , e o vindeiro martes día 16 os alumn@s da materia de Debuxo Artístico de 1º de BAC realizarán, ambos os dous grupos, unha visita cultural por Madrid acompañados polos seus respectivos profesores.

Magosto

O venres 12 celebraremos nas dúas últimas horas da mañá o magosto. Actividades programadas: Xogos populares (actividade coordinada polo alumnado de 1º de Bac.).Exposición de cabazas na biblioteca(realizada polos alumn@s de artesanía) e proxección de DAIRAS (taller de Creación Artística do MGB ás 13.30 na sala de usos múltiples)

Charla:"Programa de divulgación en Doazón e Transplantes"

O xoves 11 de novembro de 12.45 h a 14.25 h. realizarase unha charla destinada a todo o alumnado de 3º ESO sobre Doazón e Transplante, unidade incluída na programación de ciencias, será impartida por persoal da Oficina de Coordinación de Transplantes(OCT) Autonómica de Galicia.  

Distribuir contido