Complementarias

Acto de recoñecemento aos "mellores expedientes"

O pasado 9 de xullo os alumnos de 2º de Bacharelato Alejandro Cabal Tato e Paula Leis López asistiron en Santiago ao acto de recoñecemento aos  mellores expedientes académicos de Bacharelato, acto organizado pola USC.

Os nosos parabéns.

mellore_expedientes_2010.jpg

Apertura curso escolar

Venres 17 de setembro ás 11.45 h., inauguramos o curso escolar 2010-2011 cunha conferencia na sala de usos múltiples a cargo do escritor estradense Xosé Manuel Martínez Oca. Invitación para toda a comunidade educativa.

Charla sobre a Antártida

O vindeiro luns 21 de xuño, a profesora Magaly Barreiro ofrecerá ao seu alumnado de 1º de ESO unha charla sobre a Antártida. Será en Usos Múltiples a 3ª e 4ª hora.  
051.jpg

Estrea de Dairas o 23 de xuño no Teatro Principal

Hoxe presentamos aquí un avance da curtametraxe de animación creada polo Taller de Creación artística do MGB, dirixido polo profesor Miguel Carbajal. A súa estrea terá lugar o vindeiro mércores 23 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal da Estrada. Se queres saber máis sobre o proxecto visita o blog de "Dairas".
 

Discursos do alumnado no acto de Despedida 2009/10

María López de la Calle



En primeiro lugar, agradecer a todos a vosa presenza neste acto que para nós representa o fin dunha etapa. Unha etapa que vivimos no Manuel García Barros do que hoxe abrimos a porta para poñer un pé no mundo, para cambiar de marcha...

Porque o instituto é como un microcosmos, co seu ritmo propio:  cada mañá, dende as nove menos cuarto a dúas e vintecinco o tempo transcorre moi de vagar mentres as nosas cabezas se empapan de ciencias, historia, filosofía, de lingua... É como botar unha ollada ó mundo dende un recuncho moi íntimo no que estás rodeado de amigos e onde se sobrevaloran situacións como aprobar un exame ou que se consuma o último minuto de sexta clase do venres... aínda que en exames tamén nos teñen corrido as bagoas por un par de minutiños máis... Pero o certo é que o que vivimos é solo unha pinguiña dentro do mar que nos espera.

Ó longo destes anos aprendes o funcionamento da vida, pero sen que teña máis consecuencias que pequenos pasos adiante e atrás, os cales afrontamos como abismos, pero que son un simple xogo no que o fin é avanzar. Aprendes co esforzo, coas rabechas, con enfados, maldicindo ós profes ou poñéndoos nun pedestal por algo que en realidade fas ti só... falo de notas, exames...
Tamén aprendes que todo se acaba, ata esas asignaturas que semellan infinitas e tantas horas de sono que nos quitaron... Algo co que tamén te quedas son as famosas brincadeiras dos profesores de segundo como, por exemplo, o coñecido por todos "ante todo moita calma" de Arturo, os ánimos de Loli,  "sexan estrategas", de Palacios que nos fixo espertos no grupo carbonilo e ó que tanto botaremos de menos, "relaxádevos" de Regina, "ánimo, chicos" de Mónica ou o eterno sorriso de Carlos Loureiro e as súas infinitas críticas á nova selectividade, que tantos transtornos nos supuxo...

Aprendes a tomar decisións con certa autonomía, e a asumir as súas consecuencias.
Admites que es bo nalgunhas cousas e pésimo noutras e o realmente importante que é o apoio dalgúns amigos perante estas situacións.
 Tamén a convivir, o verdadeiro significado da empatía, e a soñar por riba desa cancela verde, loitar por aquilo que queres e non deixar nunca que ninguén che diga o que non podes facer. Coñeces a moita xente, persoas que veñen novas e otras que se van, como as asignaturas e os profesores... E dáste conta de que algúns amigos que nunca fixeron moito ruído sempre estiveron ó teu carón. Tamén hai quen che pon a cambadela, pero aprendes a ser feliz e deixalos atrás en maior ou menor medida para comprender que aínda segues rodeado daquela xente que te atopaches con doce anos cando chegabas cheo de medo a aquela aula de primeiro da ESO.

Agora deixamos atrás estes anos, que non esqueceremos e dos que sempre falaremos cun pequeno sorriso. A pesar das veces que maldicimos ese recinto botarémolo de menos, aínda que nos encante blasfemar, queixarnos e desexaramos con todas a nosas forzas que terminasen os nosos días nel estamos convencidos de que o estrañaremos e volveremos de visita con certa nostalxia. Agradecer ós profesores, á directiva e a orientación a súa adicación que estou segura de que non foi pouca... fostes uns grandes mestres, aínda que non coñecemos a outros... e desexar a todos moita sorte no novo camiño.
 Este pode ser un bo principio, o principio de incertidume no que Heisemberg dicía que neste tempo e coa deliberada precisión nunca podremos saber en que posición nos atopamos.

Por último, pedirvos que non deixedes de loitar, e rematar este discurso coa cita de  Bertolt Brecht....

"Hai homes que loitan un dia e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai quenes loitan moitos anos e son moi bos. Pero hai os que loitan toda a vida: eses son os imprescindibles."

Grazas.

 

Paula López


Despois de este curso que remata, no que compartimos infinidade de risas, choros, enfados, berros, estres... Iniciamos unha nova etapa das nosas vidas na que todo isto quedará marcado dentro de nós, como algo que nos unirá por moito que pase o tempo.

Seguiremos camiños distintos, uns cara ós ciclos, outros cara a universidade, outros iniciarán xa a súa vida laboral... Pero estou segura de que despois de varios anos convivindo 6 horas ó día e nun espazo que determinou o noso futuro, os lazos que nos unen axudarannos a facer todo o posible por vernos e xuntarnos de vez en cando. Incluso cos profesores, aínda que algún non recoñeza a un alumno cando este se corta o pelo, a pesar de seren os causantes de que pasaramos tantas noites sen durmir por moito que se empeñaran en que hai tempo de sobra se un se organiza ben, e tamén a pesar de que a eles tamén lles puidera a presión.

En fin, hoxe non é día para lamentacións, xa que o traballo xa está feito e alea iacta est (a sorte esta botada para que o entendan os de ciencias)... Intentaremos pasar un verán inolvidable o máis xuntos posible, e en poucos meses atoparémonos nun lugar novo onde completaremos a nosa formación, sen deixar de disfrutar nunca. De entre nós saldrán periodistas, arquitectos, psicólogos, biólogos, publicistas, enfermeiros, avogados, economistas...e quen sabe algún de nós chegará a ser unha personalidade importante. Pode que algún participe na mellora da economía do país, quen sabe se alguén traballará no LHC en Xinebra, ou se algún de nós chegará a ser un periodista de prestixio (penso que filosofos non vai haber ningún, polo menos de profesión).

Pero do que si estou segura, e de que todos seremos grandes persoas alá onde o mundo nos leve. Saíremos dunha fundación para chegar a outra, e volver a saír acadando así pequenas liberdades grazas á nosa vontade de poder. Viviremos circunstancias ante as que deberemos sublevarnos, aínda que a probabilidade de que saiamos ben parados teña un nivel de confianza moi baixo.

Hoxe mírovos a todos e doume conta de que todo o que pasamos pagou a pena só por compartir momentos convosco, por coñecer a algunha xente nova, ou por afianzar relacións cos amigos de toda a vida. Neste curso, non me importou adicar parte do meu tempo a axudarvos a atopar a confianza cando se creía perdida, a votarvos unha man nos momentos de máis dificultade, ou simplemente, pasarme unha tarde rindo con vós aínda que quedáramos para estudiar na biblioteca. Porque todo isto o fixestes vós por min tamén. Porque chegamos hoxe aquí grazas a permanecer xuntos, a compartir tantas lágrimas, tantos apuntes, tantas malas noticias, tantas boas, e por suposto, algunha que outra festa. E non solo falo de alumnos. Pais e profesores tamén ó noso lado, sobre todo os pais ós que ás veces unha mala nota lles afectaba tanto ou máis que a nós. Todas estas experiencias formáronnos como persoas, e hoxe podemos estar orgullosos de ser quenes somos, e de chegar a onde chegamos. Soupemos levantarnos cando todo parecía acabado, e esa actitude é a que nos garantirá o éxito na vida.

Ten cada home un camiño
uns chegan e outros non
cada ser ten un destino
cadaquén baila o seu son.

Camiño meu, meu destino
busco nos outros razón,
cruzo a vida vagariño
entregando o corazón.

Dixo Novoneyra, e eu deséxovos moita sorte nos vosos camiños. Loitade, e nunca permitades que os impidan soñar. Porque aínda que non son os mellores tempos para os soñadores, o primeiro paso para que se cumpran os sonos é telos. Todo o que podo dicir é que vos botarei de menos.

Por último, quero darlle a noraboa a Juan Penide, que a pesar de todo para nós é un dos mellores.

 

Paula Vázquez



Despois deste magníficos discursos dos nosos compañeiros, aos alumnos de letras gustaríanos ter unhas palabras para os nosos profesores.

Comezamos con Lourenzo, o noso profesor de galego, que a pesares de que a nosa historia foi breve levamos un moi bo recordo do tempo que estivo con nos. Despois deste chegou Rubén cos seus textos imposibles de atopar, ao que tan so lle queremos dicir que intentaremos ler todas as obras que nos recomendou, aínda que nos leve unha vida.

Os de arte, dicirlle a Asun que a pesar de que no último mes a pincelada estivo un pouco apretada e que a luz parecía algo tenebrista, podemos dicir que somos todos uns artistas.

Alvaro, bueno, a priori eramos uns incultos pero ipso facto convertémonos nuns completos eruditos da cultura latina, hic et nunc queremos darche as grazas. Grazas tamén a Esther Barroso por entender que os deberes non sempre están a tempo e pola grandísima dispoñibilidade de horarios para os exames.

Arturo: a pesar de non darnos esperanzas de futuro aos de letras, desexamos que a túa melena siga sendo un pelo Pantene.

A Chelo darlle as grazas por convertermos en todos uns expertos da literatura en todos os idiomas.

A Esther Sánchez soamente que, despois destes meses de oroxénese, convertémonos nunha verdadeira cordilleira de coñecementos e, aínda que as isóbaras están moi xuntas e teñamos unha borrasca enriba, nada estragará a nosa despedida.

A Ana que ambientou as clases con música das respectivas épocas, dicirlle que a nosa canción favorita é Tragala Perro. E seguindo coa música agradecemos a Carbajal o noso crecemento tanto musicalmente como persoas. E que a pesar das comparanzas con todo tipo de instrumento o noso ego non foi danado.

A Pilar queremos pedirlle perdón polas catro semanas de clase que perdemos por culpa da nosa impuntualidade e dicirlle que nos estamos dispostas a recuperalas no verán!! Tamén sabemos que pese a que non somos moi participativas nos colleu un pouquiño de cariño ao igual que nos a ela.

A Manoli soamente que grazas a ela este ano moitos poderán montar a súa propia empresa e tomar as decisións axeitadas para que non vaia a creba.

A MariCarmen Maríl que ao igual que nos marcha este ano, dicirlle que o café non o cho perdoamos. Así que non te libraras desas copias tan facilmente e mandarémosche as practicas por correo.

Patricia, grazas por todos estes anos aturándonos, escoitando os nosos problemas e axudarnos sempre a quitar algo positivo. E tamén grazas a Loli Castro por aguantarnos os xoves a última hora.

Por último queremos facer mención especial a Marga porque dende o día que nos enteramos de que serías a nosa titora, no que ía ser, e foi, o curso máis difícil soubemos que teríamos toda a túa axuda. E estabamos no certo, no nos defraudaches, axudándonos sempre que o necesitamos. Grazas Marga, por apoiarnos, por infundirnos ánimo, por se a nosa segunda nai, por rirte con nos e por tódalas horas que pasamos xuntos. Nunca te esqueceremos.

Saída didáctica co estudoso estradense Olimpio Arca

O vindeiro venres 28 de maio, a 5ª e 6ª hora, o alumnado que cursa Proxecto Interdisciplinar en 1º de ESO realizará unha visita didáctica a pé polo Concello da Estrada acompañados do estudoso e escritor estradense Olimpio Arca, que ofrecerá as súas interesantes explicacións cun ameno paseo para os nosos estudantes.
 

Obradoiro de educación afectivo-sexual para 3º de ESO

Ao longo da mañá do mércores 26 de maio realizaranse unha serie de obradoiros de educación afectivo-sexual para o alumnado de 3º de ESO, organizado polo centro Quérote de Santiago, repartidos do seguinte xeito:

  • 3º ESO A + PDC → 1ª e 2ª hora → Na aula-obradoiro de Tecnoloxía.
  • 3º ESO  B → 3ª e 4ª hora → Na aula de 3º ESO-B.
  • 3º ESO C → 5ª e 6ª hora → Na aula de 3º ESO-C.

Charla da escritora Marica Campo

O vindeiro xoves 20 a 3ª hora celebrarase en usos múltiples unha charla a cargo da escritora Marica Campo, organizada polo Departamento de Lingua Galega, para o alumnado de 1º e 2º de ESO, na que falará sobre a súa obra e o traballo de escritora.

Don Xosé Neira Vilas no MGB

O día 5 de maio, mes das Letras Galegas, D. Xosé Neira Vilas impartiu unha charla no noso IES para alumnado de Bacharelato onde abordou os máis variados temas da súa obra, da literatura galega do século pasado, a nosa literatura no exilio arxentino e cubano así como varias referencias á literatura de dona Anisa Miranda e o seu compromiso coa nosa cultura e en especial coa nosa lingua.

Ademais de asinar unha dedicatoria especial ao noso Centro no "Libro de visitas" plantou para a posterioridade unha oliveira que lembrará ao noso alumnado a estadía de tan insigne escritor galego no García Barros. Podedes ver máis imaxes neste álbum.

 

4582086926_e510958436.jpg

Charla de don Xosé Neira Vilas

O vinderio mércores 5 de maio, mes das letras galegas, terá lugar, na sala de usos múltiples do MGB, unha charla impartida por don Xosé Neira Vilas. Asistirán os cursos de 1º e 2º de Bacharelato, nas dúas últimas horas da mañá.
4051035916_033962d8bd_o.jpg

Actividades extraescolares e complementarias programadas para a semana do 12 ao 16 de abril

Para a vindeira semana están programadas as seguintes actividades complementarias e extraescolares:

  • Martes 13 de abril → O alumnado de 1º de ESO acoderá ao Teatro Principal da Estrada á representación teatral Reciclax@ as 2 horas da tarde. Esta obra pretende concienciar ao alumnado da necesidade de practicar a reciclaxe como medida de respecto ao noso medio natural e de conservación do planeta, enmarcada na campaña impulsada polo concello da Estrada de sensibilización medioambiental sobre a reciclaxe.
  • Mércores 14 de abril → Unha selección de 18 alumnos do 3º de ESO participará no II campionato provincial escolar de orientación. Terá lugar en Pontevedra ao logo de toda a mañá.
  • Venres 16 de abril → Os profesores Carmen Montero e Augusto Otero, do Departamento de Orientación, ofrecerán unha charla informativa ao alumnado de 1º de BAC sobre as últimas novidades referentes ás PAAU e as titulacións de grao. Será en usos múltiples a 5ª e 6ª hora.

Fase final da Escola-Campionato de Xadrez MGB

Logo dun intenso curso de partidas de xadrez, o alumnado que participa nos recreos dos martes e dos venres da Escola-Campionato de Xadrez MGB, guiados polo traballo  do profesor Ramón Aller, chega á súa fase final, que será disputada polos seguintes alumnos:

  • Manuel Brea Filloy, de 1º ESO A.
  • Sergio Pampín López, de 2º ESO A.

Seguro que nos ofrecerán unhas emocionantes partidas finais no escenario de usos múltiples... non volas perdades!!! 

Aviso para o alumnado: o venres é a I Xincana MGB... a inscribirse!!!!

Xa está aberto o prazo de inscrición á I Xincana MGB. Esta actividade, que se celebrará o próximo venres 26 a partir das 13:00 horas, está dirixida a todos os alumnos e alumnas do centro e estará organizada do seguinte xeito:

  1. Os que queirades participar teredes que apuntarvos en conserxería antes de rematar o 1º recreo do xoves. Deberedes formar equipos de 4 a 6 membros, escoller un alcume que vós identifique e nomear un portavoz.
  2. A Xincana consistirá en probas de habilidade e coñecementos que teredes que ir realizando por todo o instituto o máis rápido posible. Gañará aquel equipo que remate todas as probas antes.
  3. Haberá un 1º premio valorado en 120€ e un 2º premio valorado en 80€.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

Constitución do equipo de observación meteorolóxica do MGB

Meteogalicia cedeu ao noso centro varios equipos de observación meteorolóxica para que poida formar parte do programa METEOESCOLAS. Por esta razón  vaise formar un equipo de alumnado voluntario disposto a rexistrar os datos meteorolóxicos da Estrada e incorporalos á web de Meteogalicia e á do MGB.
Se estás interesado en formar parte do novo EQUIPO DE OBSERVACIÓN METEOROLÓXICA DO MGB acode mañá xoves 18 no 1º recreo a usos múltiples, onde se explicará como imos a recoller os datos entre todos. Adiantarvos que esta actividade só vos ocupará, como moito, 5 minutos dun recreo cada 15 días.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!
 

Festival de Entroido

O vindeiro venres 12 de febreiro celebraremos, ás 2 últimas horas de clase, o Festival de Entroido co seu correspondente concurso de disfraces. Todos os alumnos e alumnas interesados en participar deben anortarse previamente en conserxería. Haberá premios ás categorías de disfraz individual e grupos.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
Distribuir contido