Complementarias

Obradoiro

O luns, 28 de novembro, alumn@s de 3º B , na súa clase de Educación Física, asistirán a un obradoiro onde participarán en diferentes tácnicas e disciplinas de circo (malabares, acrobacias, equilibrios...).


 O obradoiro será impartido por especialistas da Escola Municipal de Circo da Estrada TRASTADA.

Xadrez

Ata o vindeiro 30 de novembro está aberto o prazo para participar no III campionato de xadrez do MGB. Para anotarte só debes ser alumn@ do IES e ter unhas nocións básicas de xogo. Lembra que nos recreos dos mércores desenvólvense clases de iniciación do xogo de xadrez.


Anímate e participa!

Charla-documental

O vindeiro venres,día 18, o alumnado de 4º ESO asistirá a unha charla-documental "A casa da unidade" e posteriormente a un foro-debate. O documental presenta o proxecto "mellora da condición das mulleres e da xestión sustentábel do contorno rural" en Guinea Bissau. A actividade será realizada pola ONGD Paz e Desenvolvemento.

Charla sobre doazón e trasplantes

Este xoves día 17 realizarase unha charla para todo o alumnado de 3º ESO sobre "Doazón e transplante" impartida por persoal especializado do Centro de Doazón e Transplante de Santiago.

Charla

O próximo luns día 14 de novembro os alumn@s de 1º de bacharelato terán unha charla totalmente voluntaria, na hora da materia de atención educativa, sobre os estudos superiores que se poden realizar dentro das Forzas Armadas, impartida por don Jorge Leira Testa Brigada de Infantería de Marina.


O xoves 17 realizarase unha segunda charla para o alumnado de 2º de bacharelato igualmente voluntaria e na hora de atención educativa. Actividade organizada polo departamento de Orientación.

Magosto

O vindeiro venres 11 de novembro, día de San Martiño, celebraremos o magosto en horario de 11:35 a 12:45 horas. 

Obradoiro

O próximo luns,día 7, os alumn@s de 4º ESO da materia de música realizarán o terceiro e último obradoiro de músicas no mundo, impartido por REVERSO,actividade ofertada polo Concello.


 +


 

Revolución cultural en 3º ESOA

A curta de 3º ESO-A, Revolución Cultural, participou no concurso Amalexpress, no que había que facer unha curtametraxe en 96 horas, o que demostra a capacidade creativa dos nosos rapaces.

O traballo foi dirixido pola profesora Marisa Otero. Pódese ver nesta ligazón.

Captura de pantalla 2011-10-31 a las 17.35.40.png

Charla

Os alumn@s de 2º ESO asistirán , o vindeiro martes día 25  na sala de usos múltiples, a unha charla  sobre "prevención de condutas infractoras" impartida por ARELA. cun claro obxectivo preventivo das condutas infractoras máis salientables nos adolescentes e explicar as consecuencias legais das mesmas.   Actividade programada polo departamento de Orientación.

Obradoiro

O vindeiro luns, día 24 e o xoves día 3 de novembro, alumn@s de 4º ESO da materia de música realizarán un obradoiro: "músicas no mundo" ofertado polo concello e realizado por REVERSO. O obxectivo da actividade é dar a coñecer ao alumnado instrumentos musicais doutras culturas.

Obradoiro

O venres 21 alumn@s de 4º B , na súa clase de Educación Física, asistirán a un obradoiro onde participarán en diferentes técnicas e disciplinas de circo (malabares, acrobacias, equilibrios...). O obradoiro será impartido por especialistas da Escola Municipal de Circo da Estrada TRASTADA.

Xadrez

Xa está en marcha a actividade de xadrez impartida polo profesor don Ramón Aller, desenvolverase todos os martes e mércores ( en ambos os dous recreos), o mércores será para os que queiran iniciarse neste xogo. O lugar de realización da actividade é no esnenario da sala de usos múltiples. ANIMÁDEVOS

Xadrez taboleiro

Premios para o MGB no concurso "Agua y vida"

A alumna de 4º ESO A, Ariadna Silva, e a profesora Marisa Otero, resultaron premiadas no "Concurso Agua y vida", organizado polo Corte Inglés, Augas de Galicia e a Universidade de Santiago. Ariadna  foi a Gañadora do concurso de fotografía na súa categoría e Marisa obtivo un accesit en narración breve na categoría de adultos. O concurso foi promovido durante a Titoría de 3º ESO A o curso pasado. Felicitamos tamén ao Colexio do Foxo, que gañou un premio colectivo por presentar o maior número de fotografías.

Captura de pantalla 2011-10-16 a las 17.00.52.png

Novo blog do Obradoiro de Creación Artística do MGB

O Obradoiro de Creación Artística do MGB xa está realizando un novo traballo. Se o queredes visualizar acudide a esta ligazón: http://pedigreemgb.blogspot.com/

Charla

O vindeiro martes, 11 de outubro, impartiranse unhas charlas (por niveis) na sala de usos múltiples para todo o alumnado da ESO sobre "os riscos na Internet", o ponente será D. José E. Torres  pertencente á Unidade orgánica de policía xudicial de Pontevedra- Equipo de investigación tecnolóxica.

Distribuir contido