Educación Física
Centro activo MGB - Final de curso
Enviado por admin o 29 Xuño, 2021 - 19:57Para finalizar este curso diferente pola COVID-19, pero que no centro quixemos que fose un ano activo, o luns 21 e martes 22 de xuño o alumnado do centro participou de encontros deportivos de diferentes modalidades deportivas.
Os resultados dos gañadores das finais aparecen na táboa:
Pero o máis importante foi a gran participación do alumnado, o respecto das normas nas xornadas deportivas e a inestimable colaboración do alumnado de bacharelato nas arbitraxes e organización.
Día da Educación Física na rúa
Enviado por admin o 30 Abril, 2021 - 07:48O alumnado do IES Manuel García Barros participou no día da Educación Física na rúa con varias actividades no centro da vila.
Novas na prensa:
Promoción da actividade física saudable no IES Manuel García Barros.
Enviado por admin o 27 Abril, 2021 - 21:14Na prensa local de hoxe, martes 27 de abril, recóllense de novo as iniciativas do noso centro para promocionar un estilo de vida activo e saudable no alumnado.
Na nova aparece destacada a participación na conmemoración do Día da Educación Física na Rúa, o día 28 de abril, onde o profesorado do departamento de educación física trasladará as súas clases á Praza da Constitución para darlle visibilidade a esta materia, fundamental na promoción da práctica de actividade física e nunha educación integral.
Nesta ligazón podes ver a nova completa no Faro de Vigo.
Éxito do alumno Mehdi Nabaoui
Enviado por admin o 12 Abril, 2021 - 10:52O pasado sábado Mehdi Nabaoui acadou a primeira posición no Campionato de España Sub20 na proba dos 5000m.
Os nosos parabéns unha vez máis!!
Novo éxito de Mehdi Nabaoui
Enviado por admin o 17 Marzo, 2021 - 19:00A pasada fin de semana Mehdi Nabaoui proclamouse campión galego absoluto de 3000m.
Novo éxito de Mehdi Nabaoui
Enviado por admin o 2 Marzo, 2021 - 10:18A pasada fin de semana, Mehdi Nabaoui acadou o primeiro posto no CIII Campionato de España de Campo a Través Individual e Federacións, na categoría sub-20.
Noraboa!!
Novo éxito do alumnado do MGB
Enviado por admin o 7 Xaneiro, 2021 - 10:11Comeza o ano con novos éxitos do alumnado do MGB no V Torneo de Badminton Deputación de Pontevedra.
Noraboa!!
Nova na prensa: Faro de Vigo
(Foto do Faro de Vigo)
As gardas activas do MGB na prensa
Enviado por admin o 29 Novembro, 2020 - 12:24A iniciativa Gardas Activas do departamante de Educación Física do MGB en prensa:
GARDAS ACTIVAS: proposta de actividade no interior
Enviado por admin o 20 Novembro, 2020 - 09:00Dentro das iniciativas do contrato programa que tenta incrementar a actividade física durante o horario lectivo, presentamos un video de baile, realizado por alumnado voluntario de 2º de bacharelato, adaptando un coñecido baile para poder practicar na aula, cando chove, sen moverse do posto (cumplindo coas medidas de seguridade para a prevención da COVID-19):
RETO ACTIVO MGB
Enviado por admin o 28 Outubro, 2020 - 13:52Este curso no que precisamos coidar a nosa saúde máis que nunca, o departamento de educación física de MGB, queremos animarvos a facer actividade física en familia.
O beneficio da actividade física está demostrado en todas as idades e neste curso o alumnado deste centro pode sumar puntos en EF movéndose coa súa familia.
MOITO ÁNIMO E A MOVERSE!
Campionatos de Brilé
Enviado por admin o 6 Febreiro, 2020 - 11:31Esta semana comezaron os campionatos de Brilé, que teñen lugar nos 2º's reccreos dos martes e dos xoves, e que serán dentro do xinmasio ata que o tempo permita facelo fóra de xeito habitual.
Viaxe á neve de 2º e 3º da ESO. Reunión coas familias.
Enviado por admin o 27 Xaneiro, 2020 - 13:10O mércores 5 de febreiro ás 19:00h, as profesoras de Educación Físicas terán unha reunión informativa coas familias do alumnado de 2º e 3º da ESO que participa na viaxe á neve.
Éxito do MGB na IX San Silvestre Estradense
Enviado por admin o 15 Xaneiro, 2020 - 10:22O pasado 31 de decembro o alumnado matriculado na materia de libre configuración de 2º de Bacharelato "Actividades Físicas Recreativas", acompañado polo profesorado responsable do Proxecto Deportivo de centro, familiares e alumnado doutros cursos do IES MGB, participou na IX San Silvestre Estradense, unha carreira solidaria e lúdica.
Co lema "+EF no MGB", un total de 58 participantes acadaron o "trofeo ao grupo máis numeroso que participaba co mismo disfrace". Parabens aos participantes pola súa implicación e interese na promoción da necesidade de aumentar as horas lectivas de Educación Física na etapa de Educación Secundaria.
+Educación Física no MGB
Enviado por admin o 9 Decembro, 2019 - 10:41Este 31 de decembro ás 17 horas celebrarase a carreira “IX Milla San Silvestre”, unha competición solidaria na que, a cambio dos dorsais, deberase entregrar un quilo de comida non perecedeira, destinada a Cáritas Parroquial (Operación quilo De Nadal).
Dende o grupo de alumn@s de Actividades Físicas e Recreativas de 2ºBACH, do IES Manuel García Barros, animámosvos a apuntarvos, e así conseguir o trofeo ao grupo máis numeroso co mesmo disfrace.
Poderedes inscribirvos até o 29 de decembro ás 23:59h na web Emesports.
Para máis información sobre a temática do disfrace, tedes que poñervos en contacto co alumnado de 2ºBACH (Actividades Físicas Recreativas) ou cas profesoras do Departamento e Educación Física.
Mehdi Nabaoui obtivo o 3º posto no Cross de Atapuerca
Enviado por admin o 14 Novembro, 2019 - 14:11Parabéns polo seu novo éxito.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »