Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, DiverFestival de entroidoO venres 8 de febreiro a partir das 12:35, festexamos o Entroido no patio do IES Laxeiro cun concurso de disfraces, e coa actuación da charanga " A Chiringota" composta principalmente por alumnado do noso Centro. A mellor actuación individual foi para David Díaz que interpretou "Dulce locura" de Amaia Montero. Avelino Souto e Olaya Vales xunto con Albert Cuñarro e Isabel Otero interpretaron "As Divas", unha pequena actuación teatral e finalmente o premio á mellor actuación en grupo foi para "Desaucio" composto por alumnado de 2º Bacharelato. Podemos recordar este evento vendo a galería de imaxes. Concurso "nove palabras que precisa o galego"Traballando e aprendendo linguas e os camiños dunhas a outras; coa pretensión de non pretender nada máis que ao pasar o tempo pensar que o perdimos ben perdido para que outr@s nos atopen, ... propoñemos este concurso no que poderás consultar as bases nesta ligazón www.laxastraducidas.blogspot.com Viaxe a Andorra do alumnado de 2º ESODo 20 ao 26 de xaneiro, 10 alumn@s de 2º ESO do IES Laxeiro, xunto a outros 10 alumn@s do IES Ramón María Aller Ulloa, participaron nunha viaxe a Andorra promovida e subvencionada polo Concello de Lalín. Aquí tedes algunhas fotos. Visita a REGANOSAO pasado mércores, día 7de novembro de 2012, alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Electrotécnicas e Automáticas de Formación Profesional e o alumnado de Tecnoloxía Industrial de 1º e 2º de bacharelato, realizaron unha visita didáctica á Central Regasificadora de REGANOSA en Mugardos (FERROL). Ver FOTOS da Visita
» Acto contra a violencia de xéneroO 22 de novembro participamos nun acto contra a violencia de xénero no Concello de Lalín. O alumnado de 2º e 4º ESO, coordinados polas profesoras Manuela García e Mar García, elaboraron paneis, pancartas e figuras humanas, dende as asignaturas de E. Plástica e E. para a Cidadanía. As alumnas e o alumno, Libertad Echevarría, María Jácome, Brais García e Olalla Vales foron os encargados de ler as súas emocionantes cartas. » Visita escolas de Minas e TelecomunicaciónsO pasado luns día 12 de novembro estivemos visitando a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas e a Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo. A visita estivo organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química e orientada para o alumnado de 4º da ESO. Na visita mostráronnos diversos laboratorios e explicáronos algo sobre os proxectos que alí se realizan. Ademais o alumnado recibiu información sobre as titulacións que se imparten nestes centros e das tarefas que realizan os estudantes cando rematan as súas titulacións. » Dia da Ciencia en galego no IES LaxeiroO día 5 de Novembro celebrouse o Día da Ciencia en galego, este ano adicado á Tecnoloxía. Desde o IES Laxeiro sumámonos á homenaxe ao inventor estradense Ramón Verea e a Leonardo da Vinci realizando diversas actividades durante os recreos: Construcción da ponte de Leonardo, escritura en espello, trucos de maxia para despistar os sentidos e unha exposición con paneis informativos sobre os homenaxeados deseñados por Mar García. Aquí tendes algunhas fotos. Día da bici no IES LaxeiroO día 16 de outubro foi declarado Día da Bici nos centros desde a Institución Galega de Ciencia. Trátase de fomentar o uso da bicicleta entre os escolares como medio de transporte e como actividade física saudable no tempo de lecer, favorecendo a sostibilidade e a eficiencia enerxética. Con este motivo, organizamos unha xincana ou proba de habilidades chamada Buscando á/ó máis hábil e seguro/a na bicicleta » Xornada de Convivencia co alumnado de 1º ESOO venres 5 de outubro, 88 alumnos de 1º da ESO e oito profesores participamos nunha xornada de xogos cooperativos, castañas e refrescos á sombra da carballeira do Rodo. A actividade, promovida desde a Comisión da Convivencia, ocupou un recreo e as tres últimas sesións de clase. Con ela perseguíase un mellor coñecemento e achegamento entre alumnos e docentes de 1º da ESO. Fixemos moitas fotos. » Baloncesto 3x3 nos recreos
REGULAMENTO DE BALONCESTO 3X3 IES Laxeiro
»
|
Novos números
|