Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Taboleiro

Segundo a RESOLUCIÓN conxunta de 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeneral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeneral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,“pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos“ e tendo como base o Decreto 92/1988, do 28 de abril, “polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario”, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril, o calendario electoral aprobado é:

Luns 5 de novembro de 2018 Constitución da Xunta Electoral
Do martes 6 de novembro de 2016 ao martes 13 de novembro de 2018

Publicación de censos electorais

Recollida de candidaturas

Publicidade de candidaturas

Do martes 13 de novembro de 2016 ao venres 16 de novembro de 2018

Recollida de reclamacións as candidaturas

Resolucións de reclamacións

Luns, 19 de novembro de 2018 Claustro de presentación de candidaturas
Martes, 27 de novembro de 2018

Claustro extraordinario para a eleccións de candidatos

Eleccións de alumnado

Eleccións de nais/pais/titores ou titoras legais

Eleccións de PAS

A partir do 28 de novembro de 2018 Envío de documentación

 

Anímate a facer un Ciclo Superior de éxito no IES Isidro Parga Pondal.

O CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede impártese no Centro con moito éxito desde fai 18 anos.

+ INFO sobre o Ciclo: http://www.edu.xunta.es/fp/ciclo%252FSIFC01

+ INFO sobre o proceso de admisión: http://www.edu.xunta.es/fp/node/13647

O prazo de presentación de solicitudes - no periodo ordinario - empeza o 28 de xuño e remata o 3 de xullo.

ANIMATE!

 

O día 7 de maio de 2018 celebrouse o sorteo dunha Tarxeta-Agasallo valorada en 200 euros, coa presenza do director do centro e de parte do alumnado de 3º de ESO.

Como resultado deste sorteo, o número gañador do sorteo resultou ser o

1240

vendido por Lucía Torres González.

A persoa agrazada co boleto gañador deberá presentarse na dirección do IES Isidro Parga Pondal, en Carballo nun prazo de 15 días, rematando este prazo o 22 de maio de 2018.

En caso de non aparecer o boleto agrazado, o premio irá para a alumna que vendeu esta rifa e entregaráselle o día 23 de maio de 2018.

O noso compañeiro David de 4 ESO C realizará unha charla sobre a intelixencia artificial coa colaboración de Google.

A charla celebrarase o próximo martes 8 de maio as 17:30 h na aula Multimedia do IES Isidro Parga Pondal.

A charla constará de tres partes:

  • Entender o funcionamento desta tecnoloxñia que cada vez ten máis usos.
  • Qué información está comprometida?
  • Empezar a desenrolar aplicativos de forma sinxela para todas as idades.

Mais información sobre este e outros eventos no seguinte enlace: https://events.google.com/io/