Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Segundo a RESOLUCIÓN conxunta de 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeneral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeneral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,“pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos“ e tendo como base o Decreto 92/1988, do 28 de abril, “polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario”, modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril, o calendario electoral aprobado é:

Luns 5 de novembro de 2018 Constitución da Xunta Electoral
Do martes 6 de novembro de 2016 ao martes 13 de novembro de 2018

Publicación de censos electorais

Recollida de candidaturas

Publicidade de candidaturas

Do martes 13 de novembro de 2016 ao venres 16 de novembro de 2018

Recollida de reclamacións as candidaturas

Resolucións de reclamacións

Luns, 19 de novembro de 2018 Claustro de presentación de candidaturas
Martes, 27 de novembro de 2018

Claustro extraordinario para a eleccións de candidatos

Eleccións de alumnado

Eleccións de nais/pais/titores ou titoras legais

Eleccións de PAS

A partir do 28 de novembro de 2018 Envío de documentación

 

Procédese a presentación de candidaturas para as eleccións parciais ao Consello Escolar.

As vacantes son:

  • 5 no sector profesorado
  • 2 no sector do alumnado
  • 1 no sector das nais/pais/titores ou titoras legais.
  • 1 no sector do PAS

Achégase os formularios para a presentación de candidaturas. 

Estas terán que presentarse en secretaría antes do 13 de novembro, data incluida.

 

 

 

AdxuntoTamaño
presentación de candidatura - alumnado.pdf172.71 KB
presentación de candidatura - nais-pais-titores.pdf173.08 KB
presentación de candidatura - PAS.pdf172.98 KB
presentación de candidatura - profesorado.pdf172.53 KB