Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Taboleiro

En atención á lexislación reguladora do proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos (Decreto 254/2012 do 13 de decembro e Orde do 12 de marzo de 2013 modificada por Orde do 25 de xaneiro do 2017) comunicamos que:

Ao ser a demanda de prazas inferior á oferta existente, todos os solicitantes dos niveis educativos quedan admitidos e antes do 25 de abril procederase, sen máis trámites, a publicarse a listaxe pública provisional de todos eles.

Lembramos, en calquera caso, que os solicitantes admitidos deberán formalizar a matrícula no centro educativo entre o 25 de xuño e o 10 de xullo (ESO e Bacharelato).

ESO, BACHARELATO E BACHARELATO DE ADULTOS

Os exames das materias que non aparezan no listado levaranse a cabo nas horas que lle correspondan ao departamento que impartiu dita materia.

ATENCIÓN: Engadiuse as horas das probas extraordinarias da ESPA

(entrar no artigo - pinchando no título - para ver as datas)

Recentemente saíron publicadas as cualificacións definitvas da ABAU (antiga selectividade).

Nela, as nosas alumnas e alumnos obtiveron un resultado máis que sobresaliente:

A media de bacharelato foi máis que notable: case 8 puntos.

A media da ABAU foi igualmente notable, só superados lixeiramente polos nosos compañeiros/as do IES Monte Neme (parabéns compañeiros!)

Toda a comunidade docente está moi orgullosa deles e delas.

Achégase as estadísticas por centro.