Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Taboleiro

Xa temos o alumnado premiado no Concurso de postais de Nadal 2020 convocado polo EDLG en colaboración cos Departamentos de EPVA e de Lingua Galega.

1º premio: NICOLÁS LORENZO NICOLSON. 4º ESO D.

2º premio: REBECA GÓMEZ CUNS. 4º ESO C.

3º premio: BRAIS PENSADO ALBERTI. 1º ESO B.

 (preme nas imaxes para velas máis grandes)

Parabéns aos tres gañadores e graciñas a todo o alumnado que participou!

Felices festas!

Este xoves día 25 de xuño, ás 18:00 da tarde, terá lugar online a cerimonia de entrega de premios de  Wisibilízalas, que como moitos sabedes, é o concurso internacional no que este ano participou o alumnado de 2º de bacharelato coa súa profesora, Leticia Riestra.

A cerimonia pódese ver online a través da seguinte ligazón:

https://www.upf.edu/web/wisibilizalas/4-edicion-2019-2020

É moi sinxelo acceder... só hai que poñer un nome de usuario e entrar.
A cerimonia empeza ás 18:00 e dura ata as 19:30

As categorías nas que participamos son:

 - Certame Wisibilízalas Senior (de 18:20 a 18:50)

 - Premio ao impacto en redes sociais (de 18:50 a 18:55)

Se queredes entrar a ver a cerimonia agradécese para dar máxima difusión a este proxecto.

Todos estamos moi emocionados porque participaron máis de 150 centros de España e Latinoamérica así que a competición vai a ser moi dura.

A partir de hoxe o servizo da biblioteca reabrirá para o préstamo e devolución de libros e material audiovisual, co seguinte protocolo:

a) devolución de libros en préstamo da biblioteca (non libros de texto)

  1. a devolución farase dentro do horario de oficina, de 10 a 13 horas, de luns a venres.
  2. a devolución farase entregando o material na conserxería do centro.
  3. non é necesario traer nin o carné da biblioteca nin identificarse.

b) servizo de préstamo de libros e material audiovisual

  1. farase mediante correo electrónico (ies.parga.pondal@edu.xunta.es) ou chamando ao 881 880 371.
  2. será necesario indicar: nome e apelidos do alumno ou alumna, o título do material solicitado e o número do carné da biblioteca.
  3. importante: se a petición se fai por correo electrónico, indicar un teléfono de contacto.
  4. cando o material solicitado estea disponible, avisaremos a persoa indicada para a súa recollida na conserxería do centro.

NOTA: o prazo para a devolución de libros amplíase ata á volta en setembro para o alumnado que así o precise.

 

Segundo a resolución do 22 de maio de 2020, achégovos as instrucións para a organización das titorías presenciais voluntarias de 2º de bacharelato a partir do 26 de maio.

  • O luns 25 non haberá titorías presenciais, empezaremos o martes 26.
  • Terán carácter voluntario.
  • O horario das titorías presenciais será de 10:00h a 13:00h, en horario libre.
  • Cada día terá asignados uns departamentos e por tanto a súas materias:

Luns: Departamentos de Economía e Música.

Martes: Departamentos de Informática, Tecnoloxía e Xeografía e Historia.

Mércores: Departamento de Matemáticas.

Xoves: Departamentos de Física e Química, Filosofía, Educación Física, Bioloxía e Xeoloxía e Artes Plásticas.

Venres: Departamentos de Castelán, Galego e Inglés.

  • O alumnado terá que pedir cita, como mínimo, chamando preferiblemente por teléfono (881 880 371) ou enviando un email ao centro (ies.parga.pondal@edu.xunta.es) o día anterior antes das 14:00h; indicando o nome, que departamento/materia desexa acudir e a hora.

O equipo directivo.

Hoxe saíu publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

O prazo de presentación rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.

Enlace ao servizo para facer a solicitude online.

Páxina de tramitación en sede electrónica

Anexos para presentación presencial: Anexo I - Anexo II

Instruccións da convocatoria.

Máis información na web da Xunta

No caso de solicitarse o código de centro para a solicitude será o 15027307.

Lémbrase que para a participación no fondo solidario de libros de texto é condición necesaria a devolución dos libros en préstamo do curso actual. Esa devolución farase unha vez finalizado o curso actual e antes do 7 de xullo. Publicarase un calendario de devolución por cursos na web do centro antes desas datas.

Xa podedes consultar na web da CIUG a Convocatoria Ordinaria das ABAU 2020, ademáis dun resumo da mesma e as instrucións para o alumnado actualizadas.

CONVOCATORIA DE MATRÍCULANAPROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE: enlace

PROBA DE AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE: enlace

NORMAS DE PRESENTACIÓN DO ALUMNADO AOS EXAMESE NORMAS DE REALIZACIÓN: enlace

Hoxe fixemos entrega da nosa páxina web para o proxecto Wisibilízalas.

A participación neste proxecto achegounos grandes cousas: mellorar o noso traballo en equipo, aprender ferramentas para deseño web así como (o máis importante) dar a coñecer e promover as mulleres no ámbito STEM mediante información sobre mulleres, películas, libros, xogos e inventos realizados por elas nestes ámbitos científico-tecnolóxicos. Espero que vos gustaran as nosas publicacións.

Deixámosvos a ligazón para que poidades ver o traballo realizado: https://sites.google.com/view/wisi-ascachirulas

#wisibilízalas #wisibilizalas #wisibilizalas2020 #Wisibilízalas #itgirls #Wisibilizalas #pargapondal #ascachirulas #universitatpompeufabra

Segundo as Instrucións  do  27  de  abril  de  2020,  da  Dirección  Xeral  de  Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia; no seu punto 6.1 "Currículo e programacións didácticas":

"Os centros e o profesorado revisarán os currículos e as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área ou materia, flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas."

O que segue son as addendas ás programacións aprobadas a principios de curso dos diferentes cursos e materias, das etapas da ESO e bacharelato nas quendas de ordinario e adultos.

Etapa Curso Materia Addendas Docente/s
ESO Bioloxía e Xeoloxía addenda Carmina, Esther, Olga.
ESO Artes Plásticas addenda Fernando Villaverde, Juan Carlos Linares
ESO Matemáticas addenda Pilar Canedo, Óscar Alonso
ESO Inglés addenda Beatriz Meijide, Susana Mato
ESO Lingua Galega addenda Chus Tato, Noelia Pérez, Isabel Cerviño
ESO Lengua Castellana addenda Carmen Sanjurjo, Diana Almeida
ESO Xeografía e Historia addenda Olaia García, Nanci Barro
ESO Música addenda Vanessa
ESO Francés addenda Carmen Canedo
ESO Relixión addenda Victoria Prado
ESO Valores éticos addenda Ana Gende
ESO Educación Física addenda Alberto Antelo

 

Etapa Curso Materia Addendas Docente/s
ESO Francés addenda Carmen Canedo
ESO Inglés addenda Beatriz Meijide Rodríguez, Susana Méndez
ESO Matemáticas addenda  Borja, Leticia, Chus
ESO Xeografía e Historia addenda  Nanci Barro
ESO Lengua Castellana addenda  Isabel Ortiz, Carlos Turnes, Irma Banet
ESO Lingua Galega addenda  Abel Turnes
ESO Física e Química addenda  Carlos Bussieres, Herminia Calvo
ESO Tecnoloxía addenda  Cristina Méndez, Javier Andrade
ESO Introdución á robótica addenda  Javier Andrade Pensado
ESO Música addenda  Vanessa, Marian Montes
ESO Valores éticos addenda Ana Gende
ESO Educación Física addenda Beatriz González, Cristina Domínguez
ESO Relixión addenda Victoria Prados

 

Etapa Curso Materia Addendas Docente/s
ESO Bioloxía e Xeoloxía addenda Olga González
ESO Francés addenda Suso Pensado
ESO Inglés addenda Sergio Piña, Rosario Patiño, Susana Mato
ESO Matemáticas Aplicadas addenda Borja
ESO Matemáticas Académicas addenda Pilar Canedo, Divina Oróns, Leticia Riestra
ESO Física e Química addenda Rosalina, Herminia Calvo, Carlos Bussieres
ESO Artes Plásticas addenda Juan Carlos Linares, Fernando Villaverde
ESO Lingua Galega addenda Isabel Cerviño
ESO Tecnoloxía addenda Javier Andrade Pensado
ESO Xeografía e Historia addenda Charo Varela, Olaia García
ESO Lengua Castellana addenda Diego Pardo, Carlos Turnes
ESO Música addenda Vanessa Lorenzo
ESO Educación Física addenda Alberto Antelo
ESO Cultura Clásica addenda Claudina Veres
ESO Relixión addenda Victoria Prados
ESO Valores Éticos addenda Dolores Costa

 

Etapa Curso Materia Addendas Docente/s
ESO Bioloxía e Xeoloxía addenda Esther
ESO Economía addenda Ana Gende
ESO Informática (TICs) addenda Juan Lopez
ESO Inglés addenda Rosario Patiño, Susana Mato
ESO Francés addenda Suso Pensado
ESO Filosofía addenda Mª Dolores Costa
ESO Lingua Galega addenda Chus Tato
ESO Lengua Castellana addenda Irma Banet
ESO Física e Química addenda Rosalina
ESO Matemáticas Académicas addenda Chus, Pilar Canedo
ESO Matemáticas Aplicadas addenda Pilar Canedo
ESO Ciencias Aplicadas addenda Rosalina
ESO Latín addenda Claudina
ESO Xeografía e Historia addenda María Sánchez
ESO Iniciación á Actividade Emprendedora addenda Ana Gende Gerpe
ESO Música addenda Marián Montes
ESO Educación Física addenda Cristina Domínguez
ESO Relixión addenda Victoria Prados
ESO Valores Éticos addenda Dolores Costa

 

Etapa 
Curso
Materia
Addendas
Docente/s
ESA Mod 1.2 Ámbito Científico addenda María de los Ángeles Fernández Verdía
ESA Mod 1.2 Ámbito de Comunicación addenda addenda addenda Carlos Turnes, Sergio Piña
ESA Mod 1.2 Ámbito Social addenda addenda Xurso Montes
ESA Mod 3.4 Ámbito de Comunicación addenda addenda addenda Carlos Turnes, Sergio Piña
ESA Mod 3.4 Ámbito Social addenda addenda Xurxo Montes
ESA Mod 3.4 Ámbito Científico addenda Mª Elena Segade

 

Etapa Curso Materia Addendas Docente/s
Bacharelato Anatomía Aplicada addenda Olga González
Bacharelato Bioloxía e Xeoloxía addenda Carmina Lema
Bacharelato Francés 1ª lingua addenda Suso Pensado
Bacharelato Francés 2ª lingua addenda Suso Pensado
Bacharelato Física e Química addenda Carlos Bussieres, Manuel del Río (adultos)
Bacharelato TICS I addenda Juan López, Leticia
Bacharelato Cultura científica addenda Mª de los Ángeles Fernández, Manuel del Río (adultos)
Bacharelato Inglés addenda Susana Méndez, Sergio Piña (adultos)
Bacharelato Debuxo Técnico I addenda Juan Carlos Linares
Bacharelato Economía addenda Ana Gerpe, Shaila Guillín (adultos)
Bacharelato Filosofía addenda Mª Dolores Costa
Bacharelato Introdución á programación addenda Leticia en Moodle
Bacharelato Lengua Castellana addenda Isabel Ortiz, Carlos Turnes (adultos)
Bacharelato Lingua Galega addenda Basi Pacoret, Antonio Eirís (adultos)
Bacharelato Matemáticas aplicadas I addenda Divina, Beatriz Méndez, Elena Segade (adultos)
Bacharelato Matemáticas I addenda Divina Oróns, Elena Segade (adultos)
Bacharelato Tecnoloxía Industrial I addenda Javier Andrade Pensado
Bacharelato Historia do Mundo Contemporáneo addenda Charo Varela, Xurxo Montes (adultos)
Bacharelato Música addenda Vanessa Lorenzo
Bacharelato Literatura Universal addenda Diego Pardo
Bacharelato Latín I addenda Claudina Veres (adultos)
Bacharelato  Antropoloxía addenda María Dolores Costa
Bacharelato  Educación Física addenda Cristina Domínguez
Bacharelato  Oratoria addenda María Dolores Costa
Bacharelato  Relixión addenda Victoria Prados

 

Etapa Curso Materia Addenda Docente/s
Bacharelato Bioloxía addenda Esther Bértoa, Mª de los Ángeles Fernández (adultos)
Bacharelato Economía da Empresa addenda  Shaila Guillín
Bacharelato Física addenda  Rosalina
Bacharelato Química addenda  Herminia Calvo, Manuel del Río (adultos)
Bacharelato Inglés addenda  Rosario Patiño, Sergio Piña (adultos)
Bacharelato Lengua Castellana y Literatura addenda Irma Banet, Carmen Sanjurjo, Carlos Turnes (adultos)
Bacharelato Matemáticas II addenda  Divina Oróns
Bacharelato Matemáticas Apl. CCSS II addenda  Chus Tato, Mª Elena Segade (adultos)
Bacharelato Métodos Estadísticos addenda  Divina Oróns
Bacharelato Lingua Galega addenda  Basi Pacoret, Antonio Eirís (adultos)
Bacharelato Tecnoloxía Industrial II addenda  Cristina Méndez
Bacharelato TICs II addenda  Leticia Riestra
Bacharelato Xeografía de España addenda  Charo Varela
Bacharelato Debuxo Técnico II addenda  Fernando Villaverde
Bacharelato Ciencias da Terra e do Medio Ambiente addenda  Carmina Lema
Bacharelato Hª da música e danza addenda  Marian Montes
Bacharelato Psicoloxía addenda  Belén Lendoiro
Bacharelato Hª da Filosofía addenda  Belén Lendoiro
Bacharelato Hª de España addenda  María Sánchez, Xurxo Montes (adultos)
Bacharelato Fundamentos de Admin. y Xestión addenda Shaila Guillín

 

Administración de Sistemas Informáticos en Rede Base de Datos addenda
Administración de Sistemas Informáticos en Rede Fundamentos de Hardware addenda
Administración de Sistemas Informáticos en Rede  Formación y Orientación Laboral addenda
Administración de Sistemas Informáticos en Rede  Implantación de Sistemas Operativos addenda
Administración de Sistemas Informáticos en Rede  Linguaxes de Marcas addenda
Administración de Sistemas Informáticos en Rede  Planificación e Administración de Redes addenda