Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Blogues

Creáronse cursos de pendentes en Xeografía e Historia de  1º, 2º e 3º da ESO, na aula virtual, para que o alumnado coa materia pendente poida entregar na actividade TAREFA correspondente os segundos boletíns cuatrimestrais da asignatura a recuperar.

O prazo para entregar os segundos boletíns remata 7 de xuño.

Informouse no foro dos cursos dos novos criterios de avaliación e cualificación.

Solicitude de Admisión: restablecemento dos prazos, do 11 de maio ao 18 de maio

Do 11 de maio ao 18 de maio a secretaría do IES Isidro Parga Pondal permanecerá aberta desde as 10h até as 13h para o trámite das solicitudes de admisión que desexen ser entregadas no centro.

Para garantizar a seguridade de todos é imprescindible o uso de  luvas e mascarilla para aceder o centro.

Para as solicitudes de admisión vía telemática poden usar o seguinte enlace no mesmo prazo:

Xestión das solicitudes de admisión para alumnos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato no IES Isidro Parga Pondal.

As solicitudes de admisión son o procedemento previo á matrícula, polo cal un alumno ou alumna ou as súas familias/representantes solicitan unha ou máis prazas nun ou máis centros, segundo unha orde de preferencia.

Non teñen que facer este procedemento se:

  • Estaba matriculado no IES Isidro Parga Pondal no curso 2019/2020 e quere continuar.
  • Pediu en prazo a reserva de praza no IES Isidro Parga Pondal para 1º ESO.

Criterios para superar a materia de anos anteriores de final de curso 19-20:

  • Ter entregados os DOUS CADERNOS de repaso do ano pendente.  Para iso, volveremos a subir ás diferentes plataformas de ensino virtuais dos profesores , o caderno de recuperación da primeira parte do curso, feitos e entregados xa en febreiro, para aqueles alumnos que non o fixeron nese momento.  A entrega dos dous cadernos feitos suporá un 5 na nota de pendentes.   
  • Se, ademais, o alumno presentouse ó exame da primeira parte do curso en febreiro terase en conta esa cualificación, sempre se o beneficia para subir de nota.
  • Ampliamos os prazos de entrega dos cadernos:
    • 11 Maio entrega cadernos pendentes 1º Bacharelato
    • 15 Xuño entrega cadernos pendentes 1º, 2º e 3º de ESO

Colgadas na aula virtual do centro novas actividades de xeografía e historia para a quenda de  nocturno. Están nos cursos correspondentes.

as actividades son as seguintes:

  1. Xeografia de España 2º Bac: documento "3ª Tarefa corentena" (tema 4).
  2. Historia de España 2º Bac: documento "2ª Tarefa corentena" (tema 12).
  3. Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bac: documento "Segundas actividades para a corentena" (tema 11).
  4. Ámbito Social 4º ESPA: documento "2ª Tarefa da corentena" (tema 2).
  5. Ámbito Social 2º ESPA: documento "3ª Tarefa da corentena. Roma actividades." (tema 5).
  6. Ámbito social 1º ESPA: documento "Tarefa de avaliación final" (tema 1) 

 

SOLICITÁMOSLLE A MÁXIMA DIFUSIÓN DESTE CORREO ELECTRÓNICO ENTRE O FUTURO ESTUDANTE UNIVERSITARIO.  GRACIAS!
 
Bo día,

A UDC nun clic!

Como futuro estudante universitario queremos amosarche a Universidade da Coruña nestas Xornadas de Portas Abertas. Como somos, que facemos e que podemos ofrecerche para que se vexan cumpridas as túas expectativas vitais e profesionais na a túa traxectoria universitaria. Outros anos puidemos abrir literalmente as nosas portas e manter un contacto estreito e persoal contigo. Nesta ocasión, a COVID-19 obríganos a facelo de forma virtual mais iso non será impedimento para ensinarche a UDC con todo o noso agarimo. Achégate!

Benvido/a á Universidade da Coruña!

Benvido/a ao teu futuro!

É o que propoñemos a través das XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, na que os visitantes (estudantes e familiares) coñeceredes por dentro a nosa Universidade e poderedes interactuar cos responsables das titulacións, os vindeiros xoves 23 e venres 24 de abril.

Tamén coñeceredes os servizos e unidades que lle van a facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, , cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...

Podes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que lles ofrecemos para o vindeiro curso 2020-2021.

Na ligazón: https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/

E na aplicación móvil UDC.gal para Android e para IOS

Disporedes de:

  • Videoconferencia en directo de cada titulación
  • Vídeos de Centros Universitarios
  • Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumando titulado

Tamén teredes á vosa disposición dous postos permanentes para guialos polas Xornadas: un de Información Xeral e outro no que poderán facer as a consultas relacionadas co Acceso e Admisión na Universidade.

Temos un apartado especial con obradoiros e retos en vivo, con premios para quen os consiga superar.

Benvido/a á Universidade da Coruña!

Benvido/a ao teu futuro!

 

 

Un cordial saúdo,

Gisela Lourido

Xefa do Servizo de Estudantes UDC