Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Blogues

Con motivo da da aplicación das Instruccións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que especifica que os centros non poderán realizar probas de modo presencial ao alumnado, queda anulada a avaliación final de XEOGRAFÍA de España para 2º Bac, quenda de nocturno prevista para o 1 de xuño.

Con motivo da da aplicación das Instruccións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que especifica que os centros non poderán realizar probas de modo presencial ao alumnado, queda anulada a avaliación final de Historia de España para 2º Bac, quenda de nocturno prevista para o 1 de xuño.

A partir de hoxe o servizo da biblioteca reabrirá para o préstamo e devolución de libros e material audiovisual, co seguinte protocolo:

a) devolución de libros en préstamo da biblioteca (non libros de texto)

  1. a devolución farase dentro do horario de oficina, de 10 a 13 horas, de luns a venres.
  2. a devolución farase entregando o material na conserxería do centro.
  3. non é necesario traer nin o carné da biblioteca nin identificarse.

b) servizo de préstamo de libros e material audiovisual

  1. farase mediante correo electrónico (ies.parga.pondal@edu.xunta.es) ou chamando ao 881 880 371.
  2. será necesario indicar: nome e apelidos do alumno ou alumna, o título do material solicitado e o número do carné da biblioteca.
  3. importante: se a petición se fai por correo electrónico, indicar un teléfono de contacto.
  4. cando o material solicitado estea disponible, avisaremos a persoa indicada para a súa recollida na conserxería do centro.

NOTA: o prazo para a devolución de libros amplíase ata á volta en setembro para o alumnado que así o precise.

Segundo a resolución do 22 de maio de 2020, achégovos as instrucións para a organización das titorías presenciais voluntarias de 2º de bacharelato a partir do 26 de maio.

  • O luns 25 non haberá titorías presenciais, empezaremos o martes 26.
  • Terán carácter voluntario.
  • O horario das titorías presenciais será de 10:00h a 13:00h, en horario libre.
  • Cada día terá asignados uns departamentos e por tanto a súas materias:

Luns: Departamentos de Economía e Música.

Martes: Departamentos de Informática, Tecnoloxía e Xeografía e Historia.

Mércores: Departamento de Matemáticas.

Xoves: Departamentos de Física e Química, Filosofía, Educación Física, Bioloxía e Xeoloxía e Artes Plásticas.

Venres: Departamentos de Castelán, Galego e Inglés.

  • O alumnado terá que pedir cita, como mínimo, chamando preferiblemente por teléfono (881 880 371) ou enviando un email ao centro (ies.parga.pondal@edu.xunta.es) o día anterior antes das 14:00h; indicando o nome, que departamento/materia desexa acudir e a hora.

O equipo directivo.