Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Blogues

Unha vez máis a nosa biblioteca implícase no FIOT (Festival Internacional Outono Teatro). Nesta ocasión o alumnado de Bacharelato asistiu a un “sketch” protagonizado por Alba Bermúdez (ex-alumna do noso centro) e o actor Tone Martínez, vinculado ao teatro. Esta breve, pero intensa posta en escena, tivo como obxectivo principal a presentación da 27ª edición deste acontecemento tan relevante no acontecer cultural da nosa comarca.

Se queres ter máis información, preme no seguinte ligazón: Biblioteca Rebolo.

 

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía publica a programación didáctica para o presente curso académico.

A programación é o instrumento de planificación curricular necesario para o desenvolvemento do proceso de ensinanza e aprendizaxe. No punto catro deste documento accederán directamente a información da materia ou materias que desexen consultar.

Ao inicio do curso o profesorado encargado de impartir as diferentes materias informou ao seu alumnado da planificación das mesmas.

Nesta páxina web publicaremos a información que o departamento considere de interese tanto para o alumnado coma para as súas familias ou titores legais.

Bacharelato Martes 9 de outubro ás 18.30h no recibidor do centro, para logo ir ás aulas
ESO xoves 18 de outubro ás 18.30h no ximnasio

Procurade estar uns minutos antes da hora.

 

Desde hai anos o IES Isidro Parga Pondal ofrece o servizo de acompañamento ao comedor do CEIP O Fogar os días que o alumnado da ESO ten clase pola tarde.

O mércores 19 de setembro entregouse ao alumnado de 1º, 2º y 3º da ESO a solicitude deste servizo, sendo o martes 25 o último día para apuntarse. O venres 21 extenderase a invitación ao alumnado de 4º da ESO se segue habendo prazas dispoñibles.

Achégase o documento para facer a solicitude, o cal debe entregarse na conserxería, secretaría ou titor/a.

 

Prazas limitadas a 15 ou as que indique o comedor.

Cursos baixos e alumnado con NEE terán prioridade.

 

Todas as solicitudes foron admitidas.

A presentación de Educación SecundariaBacharelato e Ciclos farase o luns 17 no seguinte horario:

1º bacharelato ás 11.45
2º bacharelato ás 12.00, aproximadamente
Ciclos formativos ás 12.15, aproximadamente
1º da ESO ás 12.30
2º da ESO ás 12.45, aproximadamente
3º da ESO ás 13.00, aproximadamente
4º da ESO ás 13.15, aproximadamente

 

Para os cursos da ESO, haberá autobuses tanto para a entrada (12.30h) como para a saída (13.45h).

A saída producirase ás 13.45 aproximadamente.

Procurade estar no ximnasio 5 minutos antes da hora oficial da presentación do voso grupo.

As seccións bilingües son sempre unha vantaxe para o alumnado pero someten ao centro a unha forte burocracia e son un reto de cara á organización do curso escolar.

Nesta entrada vamos ir mostrando o estado actual das seccións bilingües co obxecto de que nais e pais poidan ir vendo o estado e así saber si finalmente serán impartidas ou non.

Grupo Materia Estado
1º ESO Educación plástica, visual e audiovisual funcionando
2º ESO Música funcionando
3º ESO Xeografía e Historia funcionando