Luns 20 de maio: non lectivo pero hábil para matrícula ABAU

O próximo luns 20 de maio non é lectivo no noso instituto, xa que foi un dos dous días aprobados polo Consello Escolar como non lectivos propios do centro. Polo tanto, ese día non haberá clase. Con todo, a secretaría do centro permanecerá aberta de 9:30h a 14:00h para que o alumnado de 2º de Bacharelato poida realizar os trámites da matrícula para a ABAU.

Información sobre o final de curso en 2ºBach

- Comunicación das cualificacións da convocatoria ordinaria: publicación en abalar o 15 de maio a partir das 20:00h e entrega de boletíns o 16 de maio ás 10:20h. 

- Matrícula na ABAU (convocatoria ordinaria): 16 e 20 de maio (aínda que o luns 20 é día non lectivo no noso centro, a secretaría estará aberta de 9:30 a 14:00 para a realizacion deste trámite). 

- Solicitude de revisión das cualificacións ante a dirección do centro: 20 e 21 de maio. 

- Solicitude de reclamación ante a Xefatura territorial (se persistise o desacordo): 23 e 24 de maio. 

Listaxes admisión alumnado

Foron admitidas todas as solicitudes de praza para o curso 2024/25, agás para 1º ESO. Neste curso foi necesario baremar debido a que recibimos máis solicitudes que as vacantes dispoñibles. Polo tanto, publícase no taboleiro interior do centro a seguinte información:

Intercambio con Alemaña

Esta semana están en Gondomar 25 alumnos e alumnas do instituto Otto-Hahn-Gymnasium de Nagold (Alemaña), participando nun intercambio con alumnado de 1ºBach do IES Auga da Laxe.

Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Publicouse no BOE a convocatoria de bolsas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. O prazo para presentar as solicitudes abrangue desde o 30 de abril ao 13 de setembro de 2024. Tedes máis información na seguinte ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Probas de avaliación de diagnóstico en 2ºESO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está prevista en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º curso de Educación Primaria e 2º curso de Educación Secundaria Obrigatoria.

Distribuir contido