Taboleiro

Entroido 2018

O Entroido no IES Politécnico de Vigo 

 

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018

 

Táboa de resumo: AXUDAS

Máis información: DOGA

 

Prazo solicitude: ata o 7 de marzo de 2018 inclusive.

Ata pronto Asmir

"Despedida do alumnado de 2º do Ciclo Superior de Robótica de Asmir, alumno Erasmus procedente de Bosnia que estivo con nós desde o mes de outubro. Sen dúbida, unha boa experiencia para todos e todas!"

 

Curso en Liña Nivel Básico Prevención de Riscos Laborais

 

YJGG

 

Curso en liña Nivel Básico de prevención de riscos laborais  ofertado polo ISSGA ( Instituto Galego de Seguridade y Saúde Laboral) .Curso de 60 horas, gratuito .Formación  necesaria, en moitos casos , para acceder ao mercado laboral. Data de inscrición do 13/2/2018 ao 22/2/2018Selección por orde de incrición.Tedes  mais información de cursos  de nivel básico de prevención  tanto en liña como presencial na  ligazón do ISSGA

LIGAZONS

http://issga.xunta.es/portal/index.html

http://issga.xunta.es/portal/contido/formacion/en-lina/index.html

https://egap.xunta.es/matricula/login.php

 

Empregalia 2018

A feira do emprego “empregalia 2018” celebrarase o venres 26 e sábado 27 de xaneiro na Estación Marítima de Vigo.

PROGRAMA.

 

Convocatoria do Proceso de Acreditación de Competencias profesionais en Galicia 2018

df

A Consellería de Educación publicou a orde do 29 de decembro de 2017, pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe­sionais.

 

  • Prazo: do 10 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2018. 
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion (activa a partir do 10 de xaneiro). 
  • Calendario 2018

PARA MÁIS INFORMACIÓN ACCEDE AOS SEGUINTES ENLACES:

Concurso de Microrrelatos

Desde a comisión de igualdade informámovos que xa temos os microrrelatos premiados e que a partir de agora, comeza o período para ilustralos; o prazo vai do 15 de xaneiro ao 27 de febreiro. Animádevos e animade ao voso alumnado a participar. 

Publicación das ilustracións premiadas: 6 de marzo

dfds

 

Microrrelatos premiados

Bases do concurso

«

III CONCURSO FOTOGRÁFICO “NINGUNHA MÁIS” IES POLITÉCNICO DE VIGO

 

Desde a  Vicedirección do Instituto en colaboración coas responsables de Audiovisuais e Área de Igualdade,  se convoca o


"III Concurso Fotográfico "NINGUNHA MÁIS"  para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

 

2ª Convocatoria do Concurso de Microrrelatos "Pola Igualdade e Diversidade"

O luns 23 de outubro comeza o prazo para participar na 2ª Convocatoria do Concurso de Microrrelatos "Pola Igualdade e Diversidade". Igual que o curso pasado, constará de dúas fases:

  • Presentación de microrrelatos: do 23 de outubro ao 30 de novembro (publicación de premios: 15 de decembro)
  • Presentación de ilustracións dos microrrelatos seleccionados: do 15 de xaneiro ao 27 de febreiro (publicación de premios: 6 de marzo

A lingua utilizada será o galego, utilizando un máximo de 150 palabras e incluíndo para esta convocatoria as palabras sexo, identidade e diverso. Pode participar toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, PAS e ANPA).


Os premios serán os seguintes:
- Mellor microrrelato e mellor ilustración: libro electrónico.
- Os 10 mellores microrrelatos e 10 mellores ilustracións: publicación dun libro.

 LIGAZÓNS:

Bases do concurso

cartel

Convocatoria 101 bolsas de Práctica Laboral pola Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra convoca 101 bolsas de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra, destinadas a persoas tituladas universitarias ( 50 BOLSAS) ou de formación profesional de grao superior(51 BOLSAS). Prazo da presentación ata o 9 de outubro 

 Ligazóns:

Si tes dubidas   podes preguntar no   Servizo de Orientación laboral-profesional do instituto (despacho fronte á  M6  no corredor de mantemento).

Email: orienta.laboralprofesional@gmail.com

 

Convocatoria Bolsas Xerais do MEC para Estudos non Universitarios

O Ministerio de Educación publica a RESOLUCIÓN DO 3 DE AGOSTO DE 2017, DA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES, POLA QUE SE CONVOCAN BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2017-2018, PARA ESTUDANTES QUE CURSEN ESTUDOS POSTOBLIGATORIOS.PRAZO de presentación da solicitude ata ao 3 de outubro do 2017. 

LIGAZÓNS:

Convocatoria das Probas de Acceso ás Ensinanzas Deportivas 2017

Publicouse  resolución pola que se convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2017/2018 no DOG do 14 de xuño.

PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS:

 Do 15 de xuño ó 7 de xullo de 2017. 

LIGAZÓNS:
 
 

Convocadas Prazas nos Centros Residenciais Docentes para Estudos Postobrigatorios en Galicia 2017

Convócanse prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2017/2018.

PRAZO ORDINARIO:
  • Para os solicitantes matriculados en BACHARELATO, entre o 12 de xuño e o 15 de xullo de 2017.
  • Para os solicitantes matriculados en CICLOS FORMATIVOS, entre o 12 de xuño e o 8 de agosto de 2017.
LIGAZÓNS:

O Noso Alumnado de 1º de Prevención de Riscos na súa Práctica de Extinción de Incendios.

O alumnado de  1º de Prevención de Riscos Profesionais preparados para apagar calquera lume. 

 

 

 

Ofertas de Emprego e Novo Portal de Emprego do Estado

Podes consultar as ofertas de emprego recollidas no portal xuventudexunta.es nas seguintes ligazóns:
Emprego privado: http://ow.ly/MiXS309Ar
Coñece o novo Portal de Emprego do Estado:  https://www.empleate.gob.es/empleo/
 
Distribuir contido