Taboleiro
Procedimiento de reclamacións de 2º de bacharelato no curso 2021-2022
Enviado por admin o Mar, 22/03/2022 - 19:59Aberto Prazo para solicitar as Bolsas Xerais do MEFP para estudos universitarios e non universitarios 2022/2023
Enviado por charo.cid o Lun, 21/03/2022 - 15:24
O Ministerio de Educación e Formación Profesional publica a Resolución do 10 de marzo de 2022, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios (FP, bacharelato e outros) ou universitarios.
Toda a información está dispoñible no portal de bolsas e axudas do MEFP.
Hai que pedir a bolsa neste prazo aínda que non estea aberto o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou non saibas con seguridade se vas estudar ou non.
Podes poñer os estudos máis probables e cara a setembro poderás cambialos.
- Prazo para a súa solicitude: Desde o 30 de marzo ata o 12 de maio do 2022.
Javier De Cominges Cáceres "As que Limpan. Precariedade Laboral"
Enviado por charo.cid o Ven, 11/03/2022 - 12:12O venres, 18 de marzo o Avogado Laboralista Javier de Cominges Cáceres que levou á xustiza europea a discriminación do colectivo das limpiadoras conseguindo que se declarase discriminatorio o réxime laboral das empregadas de fogar en España, estará connosco no IES Politécnico.
Ligazón Artigo :"a xustiza europea conclúe que o réxime laboral das empregadas de fogar en España é discriminatorio"
PRESENTACIÓN CHARLA BACHARELATO
Enviado por charo.cid o Xov, 03/03/2022 - 11:47Aquí tedes a presentación da charla de Orientación Académica e Profesional. Nela atoparedes todas as ligazóns para acceder a información que vos será de utilidade para a TOMA DE DECISIÓNS.
LIGAZÓNS
PROGRAMAS ERASMUS + "CONVIDA A UN EXPERTO/A A TUA AULA - CICLOS MEDIOS E SUPERIORES FP
Enviado por charo.cid o Lun, 03/05/2021 - 09:46Dentro dos PROGRAMAS ERASMUS+ que temos para o noso Instituto, abrimos unha nova convocatoria do programa CONVIDA A UN EXPERTO/A A TUA AULA. Calquera profesor que imparta docencia nun CICLO SUPERIOR O MEDIO DE FP pode convidar a un TÉCNICO/A ou ESPECIALISTA dunha empresa ou institución doutro pais (paises da Unión Europea e algúns outros), para impartir unhas charlas ou experiencias sobre o que traballa ou é experto. O prazo quedará aberto ata o venres 7 de maio de 2021, ás 24:00 h.
Cada departamento conta inicialmente cunha BOLSA para poder convidar a un especialista dunha empresa a dar charlas no centro mantendo os obxetivos do programa: mellorar a formación do alumnado e/ou docentes.
As mobilidades dos convidados podes facerse antes de rematar o curso, antes de rematar o ano 2021, ou antes d0 30 de maio de 2022.
Poden tramitarse 'on line' na web de ERASMUS+ do IES POLITECNICO DE VIGO. O enlace é o seguinte: 'CONVIDA UN EXPERTO'
<https://erasmuspolitecnico.wixsite.com/erasmuspolitecnico/acerca-de-2>.
28 de abril día Mundial da Seguridade e Saúde No Traballo
Enviado por charo.cid o Mér, 28/04/2021 - 20:22No día Mundial da Seguridade e Saúde no traballo, o alumnado do Ciclo de prevención de Riscos Profesionais que está a facer a FCT na empresa CIVIS GLOBAL, propóñennos un reto para poñer a proba a nosa cultura preventiva .
Grazas Betina Conde e Jorge Álvarez, alumnado do IES Politécnico de Vigo e grazas a Beatríz Fernández, titora na empresa CIVIS GLOBAL do noso alumnado.
(16) GAMIFICACION COMO METODO DE PARTICIPACION EN LA PRL | LinkedIn
Novo Horario de Atención Orientación Profesional - Laboral
Enviado por charo.cid o Xov, 25/03/2021 - 10:52Neste último trimestre do curso tedes que tomar decisións acerca do voso futuro académico e profesional. Toda a información de FORMACIÓN PROFESIONAL podes atopala neste servizo.
Déixovos o NOVO horario de atención .PLANIFICA O TEU FUTUR0!!!
I Foro de Emprego Virtual
Enviado por charo.cid o Mar, 15/12/2020 - 12:14I Foro de Empleo Virtual de Executivas de Galicia.Retos e desafios para a igualdade de oportunidades e a Loita contra a Violencia de Xenero.
25 de Novembro día Internacional Contra a Violencia de Xenero
Enviado por charo.cid o Mér, 25/11/2020 - 13:43Hoxe, 25 de novembro, no Día Internacional contra a violencia cara ás mulleres lembramos ás 41 mulleres
ASASINADAS en 2020 vítimas da violencia de xénero.
Fai clic na imaxe para ver video EnlazaVigo 2020
Horario de Atención Orientación Profesional - Laboral
Enviado por charo.cid o Mér, 11/11/2020 - 14:23No SERVIZO de Orientación laboral e profesional continuamos, este curso, informando e orientando a todo o alumnado nos máis
variados temas de interese profesional e laboral.
Receitario de Igualdade
Enviado por charo.cid o Xov, 25/06/2020 - 13:54Receitario de Igualdade
Coa participación de Raquel Pereiro e Paula Sotelo, alumnas do CS de Robótica Industrial. Frear e eliminar a violencia sexual é cousa de todos e todas.
Creemos unha dieta de xustiza e igualdade!
EQUIPO DE IGUALDADE. IES POLITÉCNICO VIGO
Instrucións Probas Telemáticas FOL CS Automatización e Robótica Industrial e CS Sistemas Electrotécnicos e Automatizados
Enviado por charo.cid o Dom, 07/06/2020 - 13:54Instrucións Probas Telemáticas Recuperación Avaliacións CS Prevención de Riscos Profesionais
Enviado por charo.cid o Sáb, 06/06/2020 - 23:36O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN SEGUE ORIENTANDO TELEMÁTICAMENTE
Enviado por charo.cid o Lun, 25/05/2020 - 14:18O Departamento de Orientación segue neste tempo de toma de decisións coa asistencia telemática, orientarvos sobre o voso futuro académico e profesional é noso obxectivo. Deixámosvos o noso correo electrónico para que vos poñades en contacto .
- INFORMACIÓN ESO E BACHARELATO
Irma Álvarez:orientación.vigo@gmail.com
Sara Rivera: sara.rivera@edu.xunta.es
- INFORMACIÓN CICLOS FORMATIVOS FP
Charo Cid: orienta.laboralprofesional@gmail.com
Déixovos a presentación da charla de qué facer despois do bacharelato, podevos servir de axuda nas vosas decisións.
LIGAZÓNS
Información optatividade ESO e BACHARELATO
Enviado por charo.cid o Xov, 07/05/2020 - 12:47Que pode facer vostede para axudar durante a pandemia?
Enviado por charo.cid o Mér, 29/04/2020 - 14:44Este artigo vai dirigido á poboación adulta, tanto profesorado, alumnado e familias da nosa comunidade educativa.
Dende o departamento de orientación queremos convidar a reflexionar sobre cuestións que favorezan a convivencia, de entre as que destacamos as condutas prosociais e de axuda no centro educativo e nos demais ámbitos da vida.
Elixin este artigo de Antonio Blanco Prieto, profesor da Universidade de Oviedo, coa intención de ofrecer pautas de axuda que poidamos exercer todos e todas, sen necesidade de estar na “ primeira liña” como ocorre co persoal sanitario.
Antonio Blanco cita neste artigo o psicólogo Howard Gardner, que afirmaba
“que podemos achegar poderosos modelos que conviden a outros seres humanos a actuar dunha maneira cada vez máis responsable”. Unha cuestión presente, se consideramos o liderado social, sen necesidade de tirar grandes foguetes, simplemente comprendendo o impacto do comportamento no noso pequeno mundo.
Cita tamén o artigo a Javier Gomá , filósofo que recuperou o concepto de exemplaridade, quen explica que vivimos, nos movemos e existimos entre exemplos, sendo, tamén, nós exemplos para os demáis.
Todos somos responsables
Aquí, afirma Antonio Blanco, “atópase a responsabilidade de calquera persoa ante a crise, tanto dos que están na primeira liña, como daqueles que senten baleiro pola ausencia de actividade prosocial. Uns e outros deben ser conscientes do valor das súas condutas, do seu exemplo.
O simple cumprimento das recomendacións da saúde pública supón un primeiro exercicio de exemplaridade.
Esta responsabilidade obríganos a un claro imperativo categórico: “obra de tal maneira que os efectos da túa acción sexan compatibles coa permanencia dunha vida humana auténtica sobre a Terra”.
Convídovos a ler este artigo e descubrir tódalas condutas e comportamentos que merecen os nosos aplausos e que facemos tódolos días na nosa cotiandade.
Departamento de orientación
IES Politécnico de Vigo
¿Qué puede hacer usted para ayudar durante la pandemia?
https://theconversation.com/que-puede-hacer-usted-para-ayudar-durante-la-pand
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ACTIVIDADE NON PRESENCIAL
Enviado por charo.cid o Mar, 10/03/2020 - 13:45Aproveita este tempo para reflexionar sobre o teu futuro académico e profesional. No Departamento de Orientación seguimos informando e asesorando. Deixámosvos o noso correo electrónico para que vos poñades en contacto .
- INFORMACIÓN ESO E BACHARELATO
Irma Álvarez:orientación.vigo@gmail.com
Sara Rivera:sararivevilla@gmail.com
- INFORMACIÓN CICLOS FORMATIVOS FP
Charo Cid: orienta.laboralprofesional@gmail.com
Déixovos a presentación da vos pode servir de axuda nas vosas decisións.
LIGAZÓNS
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »