Taboleiro

28 DE ABRIL DIA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO

 

O Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo promove a prevención dos accidentes e as enfermidades profesionais en todo o mundo. O Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo 2022 céntrase en potenciar o diálogo social cara a unha cultura da seguridade e a saúde.

O alumnado e  o profesorado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Laborais do IES Politécnico convidámosvos a conmemorar este día lembrando a todas as persoas traballadoras falecidas neste ano en Galicia por mor do traballo.

A nosa compañeira Isabel Rodríguez preparounos un vídeo para  conmemorar o 28 de Abril do 2022.

Actuar xuntos para crear unha cultura de seguridade e saúde no traballo positiva"

 

 

 

Portas Abertas Telemáticas Escola de Arte Dramática de Galicia

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia organiza unhas Xornadas de Portas Abertas (telemáticas) o 5 de maio de 2022, para informar sobre a nosa oferta educativa nas diferentes titulacións de grao:

 

Dirección escénica e dramaturxia

Escenografía

Interpretación

Información e inscrición

www.esadgalicia.com

 

Xornadas de Portas Abertas 2021/22

Sesións de Videoconferencia " As Probas ABAU e proceso de Prescripción e Matrícula"

Toda a información sobre as probas ABAU e proceso de preinscrición e matrícula nas universidades de Galicia.

Horarios e instrucións para asistir ás videoconferencias:

Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol

O Campus Industrial e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organizan, o vindeiro VENRES 22 de ABRIL de 2022, a I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol .

  • Quenda de mañá - de 09:00 a 15:00 horas - Colexios e institutos
  • Quenda de tarde - de 16:00 a 20:00 horas - Público Xeral (Visitas individuais, grupos de amigos/as, en familia...)

Debes formalizar a túa inscrición na I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol (modalidade presencial) antes das 14:00 horas do LUNS 11 de ABRIL de 2022 -> https://bit.ly/3iooB00

Podes atopar máis información sobre as titulacións da Universidade da Coruña no Campus Industrial de Ferrol no Portal de Estudos<https://estudos.udc.es/gl/StudyAtUdc/degree>.

 

Encontros Virtuais da Universidade de Santiago de Compostela

Os Encontros virtuais da USC  terán lugar  do 7 ao 13 de abril. Ainda que non poidas visitar a universidade en persoa podes coñecer o que a USC ten. Déixovos ligazón para a consulta dous horarios.  https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

 

Universidad de Santiago de Compostela - Wikipedia, la enciclopedia libre

Novo Horario de Atención Orientación Profesional - Laboral

Neste último trimestre do curso tedes que tomar decisións acerca do voso futuro académico e profesional. Toda a información de FORMACIÓN PROFESIONAL podes atopala neste servizo.

Déixovos o NOVO horario de atención .PLANIFICA O TEU FUTUR0!!!

  • Martes : 13:40 a 14:30 y de 16:50 a 18:30
  • Mércores: 12:00 a 13:40
  • Xoves : 12:00 a 12:50 

Evento online, de balde, para sumar á mocidade da comunidade. Como levar a presión, a Ansiedade ou as Expectativas.

Encontro on line coa psicóloga Alba Nogareda. Dirixido ao estudantado   de máis de 16 anos  que este a sentir presión polo seu futuro. MARTES, 29 as 19:30.

 

INSCRICIÓN NO ACTO

Aberto Prazo para solicitar as Bolsas Xerais do MEFP para estudos universitarios e non universitarios 2022/2023

 

O Ministerio de Educación e Formación Profesional publica a Resolución do 10 de marzo de 2022, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios (FP, bacharelato e outros) ou universitarios.

Toda a información está dispoñible no portal de bolsas e axudas do MEFP.

Abierto el plazo de las becas MEC 2021-2022: Cómo enviar la solicitud y  requisitos

 

 

Hai que pedir a bolsa neste prazo aínda que non estea aberto o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou non saibas con seguridade se vas estudar ou non.

Podes poñer os estudos máis probables e cara a setembro poderás cambialos.

  • Prazo para a súa solicitude: Desde o 30 de marzo ata o 12 de maio do 2022.

 

Javier De Cominges Cáceres "As que Limpan. Precariedade Laboral"

O venres, 18 de marzo o Avogado Laboralista Javier de Cominges Cáceres  que  levou á xustiza  europea  a discriminación do colectivo das limpiadoras  conseguindo que se declarase  discriminatorio o réxime laboral das empregadas de fogar en España, estará connosco no IES Politécnico.

 

 

 

Ligazón Artigo :"a xustiza europea conclúe que o réxime laboral das empregadas de fogar en España é discriminatorio"

 

Distribuir contido