Taboleiro

Acreditación de Competencias 2017. Publicación das Listaxes Definitivas de Admitidos e Excluídos

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas  no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2017.Prazo para realizar un recurso de alzada: do 30 de marzo ao 29 de abril de 2017, ambos os dous incluídos.

Ligazón listaxes

 

Axudas para un Curso Intensivo de Inmersión Lingüística en Inglés.

Convócanse  ata   2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2017. Destinados a estudantes de Bacharelato, ensinos profesionais de música e danza Grao medio de Formación Profesional, grao medio de artes plásticas e deseño, grao medio de ensinos deportivos e ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado. Prazo ata o 20 de abril de 2017

Información e solicitude on line

Listas para Persoal Interino e Contratación temporal de Persoal Laboral da Xunta de Galicia.

Áberto o prazo ata o 15 de xullo do 2017  para inscribirse nas listas de persoal interino, para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios, e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Plan de Práctica Laboral en Concellos e na Deputación de Pontevedra

Convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral para a deputación e os concellos da provincia de pontevedra, ano 2017.Destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Microrrelatos premiados

Parabéns ás persoas premiadas, moito talento  hai no IES Politécnico.

premiados

8 de Marzo, día da muller traballadora

A área de Igualdade do IES Politécnico organizou actividades para todos os niveis educativos. ¡Participa  e Reflexiona!

Educar na Igualdade non é unha opción é unha obriga

 

8 marzo

 

Xóvenes vigueses dan a cara polo feminismo

 

 

 

 

 

 

CARNÉS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS CONVOCATORIA 2017

Convocatoria 2017 carnés e habilitacións profeionais . Prazo  convocatoria ordinaria desde o día 2 ao día 15 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos. Prazo convocatoria extraordinario desde o día 3 ao día 14 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.

Máis información na seguinte ligazón http://www.edu.xunta.es/fp/carnes-profesionais

Orde da convocatoria

EMPREGALIA 2017

Feira do Emprego de Galicia na estación marítima de Vigo os días 10 e 11 de marzo de 2017.

O venres 10 de marzo o horario será de 9:30 a 20:00 horas e o sábado 11 de marzo de 9:30 a 13:30 horas.

Entroido 2017

O Entroido no IES Politécnico de Vigo 

 

CONCURSO DE MICRORRELATOS POLA IGUALDADE

A  Área de Igualdade  do centro convoca , co  obxectivo de promover a igualdade entre homes e mulleres,  un concurso de Microrrelatos no que toda  a comunidade educativa podemos participar .Animádevos!

 

BASES DA CONVOCATORIA

Selección de persoal para o programa "Vigo Emprega 2017"

O Concello de Vigo, ten previsto a contratación de 128 persoas desempregadas, empadroadas en Vigo, para o desenvolvemento de obras de interese social e municipal.Entre elas  demandan :un auxiliar de topógrafo, un técnico de Prevención de Riscos Laborais e un Delineante. Prazo solicitude 3/2/2017.

Bases convocatoria

Postos demandados

Solicitude

 

 

CURSOS DE INMERSIÓN EN LINGUA INGLESA

 

O Ministerio de Educación e Ciencia convoca 14.000 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

 

Prazo de solicitude aberto ata o 16 de febreiro do 2017.

 

 

BASES AXUDAS 

CONVOCATORIA ABERTA DE BOLSAS ERASMUS +

 

Convocatoria aberta de bolsas ERASMUS+ para alumnos de CICLOS SUPERIORES. Para poder aclarar calquera dúbida están programadas DUAS CHARLAS o MARTES 17 de XANEIRO de 2017 nos RECREOS da mañá (11:30 h) no SALÓN DE ACTOS do IES.politécnico de Vigo, e pola tarde no recreo das 19:20 h. na AULA D1 de DELINEACIÓN.

FOLLETO INFORMATIVO

COMEMORACIÓN DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O día 25 de Novembro conmemoramos no noso centro o Día Contra a Violencia Machista, esperamos a vosa colaboración na actividade organizada por IGUALDADE.

Colgar a vosa reflexión, despois das lecturas na aula, no mural situado na entrada do centro.

A encher o mural co noso Rexeitamento!! 

SIMULACRO NO IES POLITÉCNICO DE VIGO

O día 15 de Novembro fíxose o Simulacro de Evacuación  no  noso Instituto  de forma EXITOSA.

Dar as grazas a Protección Civil do Concello  de Vigo pola súa presenza  ano tras ano   , a nosa compañeira de Emerxencias pola sua organización , aos alumnos do ciclo de prevención  e aos alumnos de FP básica pola organización previa , e a todos os membros da comunidade educativa pola súa colaboración .

  Un CENTRO comprometido coa SEGURIDADE !!

SIMULACRO

CHARLAS INFORMATIVAS BOLSAS ERASMUS+

O MARTES 11 de OUTUBRO de 2016 vaise celebrar duas CHARLAS INFORMATIVAS sobre "AS MOBILIDADES en ERASMUS+". no RECREO da mañán, ás 11:30 h, e outra no RECREO da tarde, ás 19:20 h. no salón de actos dirixida a ALUMNOS/AS de CICLOS MEDIOS e CICLOS SUPERIORES de FORMACIÓN PROFESIONAL.Ven e INFORMATE

CONVOCATORIA BOLSAS MEC 2016/2017

Convocatoria bolsas MEC  para o ano 2016 2017. O Prazo Remata o 3 de outubro do 2016 para os niveis non universitarios.

Bolsas para niveis non universitarios

Solicitude On Line

Charla Primeros Auxilios 2016

O alumnado de Prevención de Riscos e de Fp básica asistiu a unha charla de primeiros auxilios impartidas polo voluntariado de Protección Civil do Concello de Vigo. Mostrar o noso agradecemento aos voluntarios/as de protección civil de Vigo que de forma desinteresada colabora ano tras ano co IES Politécnico de Vigo.

Convocatoria EXTRAORDINARIA XUÑO 2016 de BOLSAS ERASMUS+ para CICLOS MEDIOS y SUPERIORES

 CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA de BOLSAS ERASMUS+ para alumnos de CICLOS SUPERIORES e CICLOS MEDIOS. O prazo rematará o venres 17 de xuño as 14:00 horas.

LIGAZÓN

Distribuir contido