Taboleiro

OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE PROCURA DE EMPREGO 2º FP BÁSICA

O alumnado de 2º de FP Básica  participou activamente na configuración dun Currículo e no desenvolvimento de dinámicas de simulación dunha entrevista de traballo. Queremos dar as grazas a Anabel e Paula de IDAE CONSULTORES.

Convocatoria Bolsas ERASMUS +para PRÁCTICAS do alumnado de CICLOS MEDIO de FP.

Abrese o prazo de presentación de SOLICITUDES de BOLSAS ERASMUS+  para PRÁCTICAS do alumnado de CICLOS MEDIO de FP.

O período serán dende OUTUBRO de 2019. O PRAZO DE PETICIÓN das BOLSAS rematará o VENRES 22 de FEBREIRO de 2019.

Coa finalidade de poder aclarar calquera DÚBIDA en relación coa SOLICITUDE DAS BOLSAS ERASMUS+, así como do seu contido temos programada unha CHARLA o MARTES 12 de FEBREIRO de 2019 no RECREO da da tarde, ás 19:20 h., na AULA D1 de DELINEACIÓN.

 

Obradoiro Competencias Socioemocionais FP Básica Electricidade

Ao longo deste mes desenvolverase un obradoiro   de Competencias Socioemocionales co alumnado de FP Básica de Electricidade.

Convocatoria Bolsas ERASMUS + Alumnado Ciclos Superiores

Convocatoria aberta de bolsas ERASMUS+ para alumnado de CICLOS SUPERIORES. Para poder aclarar calquera dúbida están programadas DUAS CHARLAS o MARTES 22 de XANEIRO de 2019  as  11:30 h e as 19:20 h  na AULA D1 de DELINEACIÓN.

Parámetros de ponderación da ABAU 2019 - 2020 en Galicia

A CIUG publica os parámetros de ponderación correspondentes á parte específica da ABAU de 2019 que se terán en conta para o acceso á universidade no próximo curso 2019/2020.

Ligazón para imprimir os parámetros 2019/2020

 

Ponder Ac 19 by on Scribd

O IES Politécnico de Vigo Triunfa en Galicia Skills

 Parabens ao alumnado do IES Politécnico de Vigo participante nas probas SKILLs galegas, así como aos seus titores e os profesores/as expertos/as. Noraboa polos excelentes resultados,e especialmente aos alumnos gañadores:

- Mª Jesús Baña Castiñeira pola súa medalla de prata en Instalacións eléctricas e.

- David Ucha Pérez, medalla de ouro en mecanizado e que polo tanto representará a Galicia no campionato de España 2019

Skills

 

 

 

 

Excursión a Galicia Skills de 4º da ESO

O noso alumnado de 4º da ESO foron a Silleda á competición de Galicia Skills a darlle sorte ao noso alumnado de Mecanizado e Electricidade que estaban a competir.

Simulacro no IES Politécnico de Vigo

O día 15 de Novembro fíxose o Simulacro de Evacuación no  noso Instituto.

Dar as grazas a Protección Civil do Concello  de Vigo pola súa presenza  ano tras ano a nosa compañeira de Emerxencias e ao titor de FP BÁSICA  pola sua organización , aos alumnos do 1ºciclo de prevención  e aos alumnos de FP básica pola organización previa , e a todos os membros da comunidade educativa pola súa colaboración .

  Un CENTRO comprometido coa SEGURIDADE !!

simulacro

Nada que Celebrar IES Politécnico Vigo 2018

Corto realizado polo alumnado de 2º da ESO de Igualdade de Xénero. Como motivo do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

 

 

Micromachismos.

Presentación das compañeiras do Equipo de Igualdade para traballar na aula.

SEMINARIO de contacto de DCI Asia Central. Outubro 2018.

O coordinador de programas internacionais do IES Politecnico asistiu ao SEMINARIO de contacto de DCI Asia Central celebrado en Estambul. Na foto xunto  aos representantes de España.

Estambul 2018

Xornada de Portas Abertas Fagor Automation

fagor

Convocadas prazas nos Centros Residenciais Docentes para estudos postobrigatorios 2018

Convócanse prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2018/2019.

LIGAZÓNS

II Semana Da Diversidade LGBTIQA+

HFGHFH

Presentacións das charlas de orientación

DEIXÁMOSVOS as presentacións das charlas de orientación para bacharelato. Nelas podedes atopar as ligazóns para consultar toda a información antes de tomar unha decisión .

 

addf

BACHARELATO TECNOLÓXICO          

BACHARELATO ARTÍSTICO

Convocatoria Probas libres de obtención de títulos de FP LOE no 2018 Galicia

A Conselleria de Educación convocou as Probas de obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de FP LOE na Comunidade Autónoma de Galicia para o 2018. O prazo de presentación das solicitudes do 17 ao 30 de abril de 2018 ata as 13´00h. Matrícula para módulos de ciclos con prazas liberadas: do 23 ao 31 de maio. 

LIGAZÓNS:

Calendario

Toda a información

 

Distribuir contido