2ª Convocatoria do Concurso de Microrrelatos "Pola Igualdade e Diversidade"

O luns 23 de outubro comeza o prazo para participar na 2ª Convocatoria do Concurso de Microrrelatos "Pola Igualdade e Diversidade". Igual que o curso pasado, constará de dúas fases:

  • Presentación de microrrelatos: do 23 de outubro ao 30 de novembro (publicación de premios: 15 de decembro)
  • Presentación de ilustracións dos microrrelatos seleccionados: do 15 de xaneiro ao 27 de febreiro (publicación de premios: 6 de marzo

A lingua utilizada será o galego, utilizando un máximo de 150 palabras e incluíndo para esta convocatoria as palabras sexo, identidade e diverso. Pode participar toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, PAS e ANPA).


Os premios serán os seguintes:
- Mellor microrrelato e mellor ilustración: libro electrónico.
- Os 10 mellores microrrelatos e 10 mellores ilustracións: publicación dun libro.

 LIGAZÓNS:

Bases do concurso

cartel

AdxuntoTamaño
CARTEL MICRORELATOS.pdf485.3 KB
Captura.JPG159.07 KB
Bases do concurso de Microrrelatos 17-18.pdf301.62 KB