Información sobre a visita ao MOME

La Voz de Galicia informa sobre a visita que fixo un grupo de 31 alumnos ao Museo da Madeira e do Moble o martes 1 de febreiro de 2011.

Teatro: "Memorias dun neno labrego"

O vindeiro venres, día 4 de febreiro, o Alumnado de1º BACH asistirá á representación, no Teatro Principal de a Estrada, de "Memorias dun neno labrego", monólogo escénico co que o artista galego Cándido Pazó rende homenaxe ao libro de Xosé Neira Vilas no 50 aniversario da súa primeira publicación. 

* Imaxe de Xosé Neira Vilas no MGB, por Miguel Bugallo

800px-Neira_Vilas_no_IES_M._G._Barros-14.jpg

Visita Casa do Patrón

O vindeiro venres, 4 de febreiro, o alumnado da materia de Artesanía e membros do Equipo de Normalización Lingüística visitarán a Casa do Patrón (Doade-Lalín) un museo etnográfico (máis de 3000 pezas compoñen a colección que representa profesións tradicionais da nosa terra). Realizarán ademais unha ruta de sendeirismo pola zona.

Programa Aula Xuventur

O alumnado interesado no programa Aula Xuventur, proposto pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ten dispoñible toda a información relativa ao programa na páx. web: www.xuventude.net

Alumnos do MGB no concurso ODISEA 2011

Os alumnos Clásicos do MGB (e algún máis...) participarán dende esta semana no concurso de Cultura Clásica ODISEA 2011. Competirán cun total de 1.779 alumnos, distribuídos en 711 equipos, pertencentes a 125 Centros de 86 localidades diferentes, dentro das Comunidades Autónomas de Galicia, Valencia e Aragón (máis información sobre a participación e mapa de centros inscritos).

Este concurso en liña está organizado na nosa comunidade por SEECGalicia (sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos).

Dende aquí toda a sorte posible para os nosos alumnos (Marta, Alba, Cristina, Cristian, Óscar, Rita, Sandra, Noa, Catuxa, Ignacio, Mónica, Lorena, Alberto, David, Manuel, Luis, Rebeca, Fátima, Rocío, Ainoa, Lidia e Isabel), que defenderán ao MGB dende as seguintes formacións:

  • ALEA IACTA EST
  • VENI, VIDI, VICI 
  • DIVINAE
  • ALTERUM MARE
  • VECHIA SIGNORA
  • MULTA ROGITAS
  • HIC HABITAT FELICITAS
  • PUELLAE DORMIENTES
odisea_2011_blogs.jpg

Circo TRASTADA

O noso alumnado tivo a oportunidade de presenciar unha pequena exhibición de circo realizada por especialistas de Trastada (Escola Municipal de Circo da Estrada) para poder coñecer de cerca os obradoiros que se imparten e recibir información.

Visita a MOME

Os alumn@s da matería de Artesanía realizarán unha visita a MOME (Museo do Moble e da Madeira da Estrada). A proposta expositiva inclúe unha constante interactividade espazo- espectador e a súa vez un medio de difusión cultural do noso pobo.

Primicia

Se queredes escoitar unhas primicias visitar o blog de "Animais Artificiais" están dous temas da banda sonora da curtametraxe que o Taller de Creación Artística MGB está realizando: Hit the road Jack (realizada coa colaboración dos alumn@s do MGB) e Blue bossa (alumn@s de bacharelato de Artes- música). Parabéns

2º de Bacharelato na catedral de Santiago

A profesora Magaly Barreiro nos manda esta preciosa foto da visita dos alumnos de 2º de bacharelato á catedral de Santiago. Podedes descargala en varios tamaños dende esta ligazón.

Asemblea extraordinaria do ANPA

A asociación de nais e pais do IES Manuel García Barros, convoca a todos os pais, nais e/ou titores a unha Asemblea Extraordinaria o día martes 1 de febreiro de 2011, ás 19:15 h. en 1ª convocatoria e ás 19:30 en 2ª, no salón de usos múltiples do MGB. Pica nesta ligazón para descargar a convocatoria coa orde do día.

Captura de pantalla 2011-01-26 a las 13.08.48.png

Revista semanal da Rede Galega de Informacion Xuvenil

Achegamos o número de xaneiro da Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil, que nos fai chegar a ANPA do Centro.

Podedes descargala picando nesta ligazón.

Captura de pantalla 2011-01-24 a las 16.58.05.png

Visita cultural a Santiago

Alumnado de 2º de Bach das materias de Arte, Xeoloxía e Música visitarán as cubertas da catredral, o Pórtico Virtual e o Coro Pétreo de Mateo. Ademais os alumnos de Xeoloxía farán un percorrido petrolóxico por Santiago.

Fotos da visita á Cidade da Cultura

Xa están subidas á nosa galería de Flickr as fotos da visita á Cidade da Cultura, organizada polo Departamento de Francés, que levaron a cabo o pasado xoves 20 de xaneiro, os alumnos de 3º, 4º de ESO, e 1º e 2º de Bacharelato de Francés, que asistiran previamente á obra de teatro "Les femmes savantes" de Molière. Podedes velas dende aquí en modo presentación.

P1200045.JPG

Consello Escolar

O Consello Escolar reunirase en sesión ordinaria o martes 25 de xaneiro ás 18:15 horas.

Reunión Comisión Económica

O 24 de xaneiro de 2011 reúnese as 12:25 horas a Comisión Económica.

Distribuir contido