Claustro extraordinario

O luns 15 de novembro, ás 12:25 horas, reunirase o Claustro en sesión extraordinaria.

A MeGaBiblioteca recibe un agasallo

A Megabiblioteca agradece o agasallo, por parte da Librería Kómic, de O Fillo da Furia, e a amable dedicatoria de Manolo López Poy, coautor con Miguel Fernández Vázquez deste cómic. O protagonista baséase nunha personaxe real, Mamed Casanova (alias Toribio), o derradeiro bandido que existiu na zona de Ortigueira. Inda que semella a historia da súa vida, do que o define socialmente (ser fillo de solteira, pobre, parrandeiro, bravucón e algo violento, fiel aos amigos, ...), do que o anima (emigrar para gañar riquezas e dignidade) e do que o condea, en realidade é moito máis. Mamed Casanova atenta contra todas as normas sociais e fai tambalear a estrutura caciquil da Galicia da época. A súa historia, en branco e negro, serve para retratar a sociedade galega de finais do XIX e principios do XX cos seus contrastes: a cidade, a vila e a aldea; a miseria dos labregos e a fachenda dos novos ricos chegados das Américas; o poder dos caciques, novos ricos e curas, e a submisión dos pobres; a violencia destes fronte á das forzas vivas e a garda civil; a miseria e a fame fronte á riqueza... Un cómic moi recomendable.
fillo_furia.png

Asamblea da ANPA do MGB o 25 de novembro

A Asociación de nais e pais do IES Manuel García Barros, convoca a todos os pais, nais e/ou titores a unha asamblea xeral a celebrar o xoves 25 de novembro de 2010 ás 19.30h en 1ª convocatoria e ás 19.45h en 2ª convocatoria no Salón de usos múltiples do Instituto.

A orde do día, entre outros asuntos, será:

  • Eliminación do profesor especialista de audición e linguaxe
  • Situación actual do Banco de Libros
  • Eleccións dos representantes de nais e pais ó Consello Escolar
  • Renovación dos membros da Directiva
  • Estado de contas

 

Viaxe cultural a Madrid

O próximo  12, venres, ata o día 14 os alumn@s da Sección bilingüe de 2º de BAC. , e o vindeiro martes día 16 os alumn@s da materia de Debuxo Artístico de 1º de BAC realizarán, ambos os dous grupos, unha visita cultural por Madrid acompañados polos seus respectivos profesores.

As aulas virtuais volven funcionar de novo!!!

Logo de múltiples queixas aos servizos informáticos da Consellería, e case unha semana sen poder ser utilizadas, por fin volven a estar operativas as aulas virtuais do centro!!! Recordade que para acceder a elas tedes a ligazón na parte superior esquerda desta páxina.

Premios Extraordinarios da E.S.O. e Bacharelato

BACHARELATO: unha alumna de 2º de Bacharelato do curso 2009/2010, Melisa Fuentes Martínez presentarase ao exame do premio extraordinario de bacharelato por cumprir os requisitos esixidos.

E.S.O.: Tres alumnos de 1º de Bacharelato que fixeron 4º da E.S.O. no curso 2009/2010, Sara Campos Rosende, Jorge González Fuentes, e Lucía Rodríguez Vázquez, presentaránse ao exame dos premios extraordinarios da E.S.O. ao rendemento académico, por cumpir os requisitos esixidos.

Ánimo e sorte a todos.

Magosto

O venres 12 celebraremos nas dúas últimas horas da mañá o magosto. Actividades programadas: Xogos populares (actividade coordinada polo alumnado de 1º de Bac.).Exposición de cabazas na biblioteca(realizada polos alumn@s de artesanía) e proxección de DAIRAS (taller de Creación Artística do MGB ás 13.30 na sala de usos múltiples)

Charla:"Programa de divulgación en Doazón e Transplantes"

O xoves 11 de novembro de 12.45 h a 14.25 h. realizarase unha charla destinada a todo o alumnado de 3º ESO sobre Doazón e Transplante, unidade incluída na programación de ciencias, será impartida por persoal da Oficina de Coordinación de Transplantes(OCT) Autonómica de Galicia.  

NA Estrada-525 reúnese con outros clubes de lectura no mosteiro de Carboeiro

O venres 5 de novembro pola tarde, o club de lectura NA Estrada-525 compartirá unha velada de medo cos clubes de lectura do IES Acquas Celenis de Caldas, o IES de Porto do Son, e os CPI de Portas e Cuntis. Reunirémonos no mosteiro de Carboeiro (Silleda), e acompañaranos Celso Fernández Sanmartín.

cartaz carboeiro final.jpg

Problemas nas Aulas Virtuais

Como sabedes dende o pasado venres non funcionan as Aulas Virtuais do centro. Cando queremos entrar non recoñece o noso nome de usuario e contrasinal. Isto sucédelle a todos os usuarios do MGB, profesores e alumnos.

Dende a coordinación Tic e dende a dirección estamos a facer todas as xestións pertinentes perante a Consellería para intentar arranxar este problema, e esperamos que esta semana poda estar solucionado.

Dairas na prensa

Premendo aquí podedes acceder á nota de prensa aparecida na Voz de Galicia do 29 de outubro de 2010,  na que se recolle o pase especial de "Dairas", a curtametraxe de animación premiada recentemente  polo Ministerio de Cultura, que tivo lugar no Teatro Principal da Estrada o día 30 de outubro. A nova vai acompañada dun artigo firmado pola directora do MGB, Gisèle Maïssa, que leva por título "Grazas, Dairas".

Actividades de Orientación

Os alumn@s de 1º ESO e 2º ESO durante os meses de novembro e decembro, na súa hora de titoría, desenvolverán uns obradoiros impartidos por monitores de habilidades sociais.

Tribunal e instrucións Premios Extraordinarios ESO

Resolución pola que se designa e se fai público o Tribunal que xulgará as probas para a concesión dos premios extraordinarios de ESO do curso 2009-2010, e se ditan instrucións para a realización das probas

Tribunal e instrucións Premios Extraordinarios Bacharelato

Resolución pola que se designa e se fai público o Tribunal que xulgará as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato do curso 2009-2010, e se ditan instrucións para a realización das probas.

Rolda de prensa

Os membros do Taller de Creación Artística MGB darán o próximo xoves 28 ás 13.30 h. unha rolda de prensa aos medios de comunicación por recibir o Premio Crearte 2010 pola realización da curtametraxe "Dairas".

Distribuir contido