Baile de disfraces

O próximo día 4,venres de entroido, nas dúas últimas horas de clase celebraremos un baile de disfraces na sala de usos múltiples. Entregaranse tres premios individuais e tres premios colectivos aos mellores entroidos... Animádevos

Premios á Innovación Educativa

O Faro de Vigo de hoxe, martes 22 de febreiro, informa sobre a entrega dos premios á Innovación Educativa, un dos cales foi para Dairas.

Dairas no Faro de Vigo

Hoxe, luns 21 de febreiro de 2011, o xornal Faro de Vigo, informa sobre a curtametraxe DAIRAS.

Web viaxe a Amsterdam

Despois do éxito do Festival celebrado o pasado venres, presentamos hoxe esta nova web, onde se recolle toda a información e as novas relativas á viaxe dos alumnos de 4º de ESO a Amsterdam.

Actividade inglés

O vindeiro 24 de febreiro alumn@s do 1º ciclo asistirán a unha actividade cultural da materia de lingua inglesa.A actividade desenvolverase na sala de usos múltiples.

Charla (aprazada)

O próximo martes día 22 o alumnado de 3º ESO tiña programado asirtir a unha charla que se apraza para o día 15 de marzo, no mesmo horario, modificamos tamén o seu contido, a charla xirará sobre drogodependencia e será impartida por persoal especializado.

Olimpiada de Química

Os alumnos de 2º Bacharelato-A, Manuel de la Calle Cuevas, Rocío Mato Búa e Ignacio Sanmartín Rosende, presentaranse o 4 de marzo á Olimpiada de Química preparados pola profesora Rosa Mato Oliveira.

¡Boa sorte a todos!

Olimpiada de Física

Os alumnos de 2º Bacharelato-A, Manuel de la Calle Cuevas, Rocío Mato Búa e Ignacio Sanmartín Rosende, presentaranse o 25 de febreiro á Olimpiada de Física preparados polo profesor Augusto Otero Bugidos.

¡Boa sorte a todos!

Festival Amsterdam

O vindeiro  venres  18, ás 20.00h., celebrarase un festival no Teatro Principal organizado polos alumn@s de 4º ESO co obxectivo de recadar fondos para unha viaxe cultural a Amsterdam. Grazas por adiantado pola vosa asistencia.

Charla

O próximo martes día 22 o alumnado de 3º ESO asistirá, de 16.30 a 18.10 h., a unha charla sobre delincuencia xuvenil e bandas xuvenís organizadas, impartida por persoal especializado da garda civil de Pontevedra. Actividade organizada polo departamento de Orientación. 

Programa de Inmersión Lingüística

Resolución da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan axudas para o Programa de Inmersión Lingüística en colonias de vacacións, para o verán de 2011.

Charla

O vindeiro martes día 15, de 16.30 a 18.10 h. , o alumnado de 2º ESO asistirá a unha charla sobre Drogodependencia impartida por persoal da garda civil de Pontevedra. Actividade organizada polo Departamento de Orientación.

Cartel Festival Amsterdam 2011

Xa temos cartel para o festival da viaxe a Amsterdam. Tras un pequeno desastre informático que nos privou dos traballos doutros compañeiros,  o elixido finalmente foi o realizado pola alumna de TIC de 1º de Bacharelato Laura Sanmartín. Podedes ver máis traballos en modo presentación dende esta ligazón.

laurasanmartin_amsterdam_500.jpg

Premio a Innovación Educativa 2010

Información en La Voz de Galicia, onte, martes 8 de febreiro de 2011, sobre a entrega en Santiago dos premios a innovación educativa do ano 2010, con mención especial ao IES Manuel García Barros polo seu galardón ao traballo Dairas.

Fondo de Acción Social

Resolución pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no DOG, do acordo sobre criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio 2010.

Distribuir contido