Educación Física, Física e química, Linguas clásicas, Inglés, Matemáticas, Orientación, Tecnoloxía, Administrativo, Automoción, Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia, Economía, Plástica e Visual, Electricidade, Filosofía, FOL, Francés, Castelán, Galego, Mantemento, Música, Relixión

O Día da Ciencia en Galego no IES Laxeiro

Celebramos o Día da Ciencia en Galego (4 novembro) co motivo dos sensores, e fixémolo no entorno mais común destes, no mundo da Robótica! Os alumnos de 4º prepararon unha mostra de Robots LEGO.

Ver Vídeo >> Youtube

Ver Fotos >> Galería de Imaxes

Ver Fotos >> Blog

O Laxeiro no País das Matemáticas

Alicia no País das MaravillasO 24 de Outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. Este ano 2014 saliéntase o papel imprescindible da biblioteca escolar nos centros educativos para espertar o interese polas Matemáticas.

É por iso que o IES Laxeiro mergúllase de cheo no mundo matemático, facendo que durante 15 días o vocabulario empregado sexa o xeométrico, con exposición de libros  matemáticos, unha procura do tesouro, unha xincana matemático-literaria, lectura de poemas arredor das matemáticas, xogos matemáticos en todos os recreos, Concurso de fotografía matemática, guía de lecturas matemáticas...

Estas actividades servirán de ponte cara ao Día da Ciencia en Galego, cando estas actividades rematarán para dar paso a outras.

Así que a Biblioteca do Laxeiro procurará que todas as nosas Alicias vivan novas aventuras matemáticas.

 

Programación dos módulos do CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas. Curso 2020-2021

Nas ligazóns que seguen pódense consultar ou descargar as programacións dos módulos do CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas para o curso 2020-2021

Presentación de "Zapatillas Rotas"

Presentación de "Zapatillas Rotas"         

O noso benquerido compañeiro Xabier Quiroga  presenta o seu quinto libro "Zapatillas rotas", o vindeiro xoves 16 de outubro ás 20:00h no salón de actos do noso centro.

Convidamos a toda a comunidade educativa a asistir a este evento, onde o escritor estará acompañado por Manuel Bragado, editor de Xerais, Celso Fernández Sanmartín e o noso director, Uxío Grande, como mestre de cerimonias. 

 

 >> Ficha do libro

>> Ficha do Autor

 

 

Programación dos módulos do ciclo. Curso 2020-2021

Nas ligazóns que seguen pódese consultar ou descargar a programación dos distintos módulos do ciclo para o curso 2020-2021

Parabéns aos gañadores do Concurso "Mestre Laxeiro"

 

No seguinte enlace pódense ver as obras premiadas no X Premio de Pintura escolar "Mestre Laxeiro" organizado polo Museo Municipal "Ramón Mª Aller" durante o mes de maio. Parabéns polo 1º Premio a Iria Varela e polos accesit de Alejandro Zas, Ana García Lois, Antonio Diéguez, Brais Vázquez, Lara Varela, Sandra García e Zaira Míguez.

Intrépidos periodistas

 

A semana do 19 ao 23 de maio os alumnos de 1º ESO A viviron unha curiosa experiencia.

Tres membros do equipo directivo prestáronse moi amablemente  para ser entrevistados polos alumnos do primeiro curso da Eso. Armados os rapaces coas súas mellores armas lingüísticas  e armados os membros do equipo coa súa mellor sonrisa,  viviron  todos uns momentos distintos e  moi agradables. Un xeito diferente de ver o labor que se fai no centro dende a dirección e un modo distinto de aprender a aprender. Grazas a todos pola colaboración.

Curiosea pinchando aquí.

Visita aos Xulgados de Lalín

Visita Xulgados 2014

 

 

Os alumnos de Ética e Filosofía do Dereito de 2º BAC asistiron o mércores 30 de abril á celebración de varios xuizos orais no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 de Lalín para coñecer o funcionamento do procedemento xudicial.

 

 

O Laxeiro, subcampión do Parlamento xove 2014

Subcampiós Parlamento Xove 2014

O 26 de abril tivo lugar no Parlamento de Galicia a fase final do Parlamento Xove 2014, para a que se clasificaron os dous equipos do IES Laxeiro, ocupando o primeiro e o segundo posto na taboa.

Os dous equipos volveron ter unha magnífica actuación. O equipo Laxeiro 2 formado polos alumnos de 1º BAC Uxía Adán, Andrés Machado, Alba Tomé e Laura Machado, coordinados polo profesor Manuel Igrexas proclamouse subcampión nunha final moi axustada.

O equipo Laxeiro 1 formado polos alumnos de 2º BAC Marta Millares, Diego Viana, Paula Castro e Laura Torreiro, coordinados polo profesor Xosé Manuel López, caeu pola mínima en cuartos de final.

Un novo éxito para engadir ao historial: campións en 2010, subcampións en 2011, campións en 2012 e semifinalistas en 2013.

Éxito absoluto do IES Laxeiro na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2014

logopx

Os dous equipos do IES Laxeiro que participaron na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2014 celebrada o 15 de febreiro na Coruña clasificáronse para a fase final, ocupando o primeiro e o segundo posto na taboa.

O equipo Laxeiro 2 formado polos alumnos de 1º BAC: Uxía Adán, Andrés Machado, Alba Tomé e Laura Machado, coordinados polo profesor Manuel Igrexas, clasifícouse en primeiro lugar, cos tres debates gañados e 98,50 puntos.

O equipo Laxeiro 1 formado polos alumnos de 2º BAC: Marta Millares, Diego Viana, Paula Castro e Laura Torreiro, coordinados polo profesor Xosé Manuel López, clasifícouse en segundo lugar, cos tres debates gañados e 95,75 puntos.

Podedes consultar aquí os resultados.

Os dous equipos pasan á fase final que se celebrará no Parlamento de Galicia os días 25 e 26 de abril.

Distribuir contido