4º E.S.O.

Participamos nos talleres de Galiciencia

O 27 de maio, o alumnado de 4ª ESO realizou o taller "Microbioloxía para entender o mundo" organizado por Galiciencia na súa edición online.

A través de exemplos cotidianos descubriron como a microbioloxía xoga un papel fundamental tanto na nosa saúde como no noso día a día. Entre outras actividades simularon o mecanismo de funcionamento da reacción en cadea da polimerasa (PCR) para comprender como se pode empregar no diagnóstico de enfermidades.
 
Actualidade e Ciencia!
 
 

Musiqueando no Laxeiro

A COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical do Estado Español) organiza cada ano unha proposta chamada Musiqueando, para visibilizar a importancia da música no ensino obrigatorio. Neste curso no que a pandemia condicionou tanto a práctica musical nas aulas, o Departamento de música celebrou o Musiqueando 2021 implicando a todo o alumnado de música da ESO do IES Laxeiro (uns 200 alumn@s), que representaron hoxe, 26 de maio, unha coreografía pautada por Santi Serratosa, nos xardíns xunto ao centro.

Esta semana colgarase este traballo nas redes sociais coas etiquetas: #musiqueando 2021, #musiqueandoviral, #nosimportalamusica.

Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e ao profesorado e ao concello a súa colaboración.

Xogos tradicionais da man de Luis Iglesias "Luchi"

25/05/2021
Europe/Madrid

Este martes 25 de maio, puidemos desfrutar dunha xornada de xogos tradicionais da man de Luchi Iglesias, artesán polifacético de Lalín que ven de recuperar e crear materiais daqueles xogos que nenos, nenas e maiores adoitaban practicar nas aldeas e vilas do país. Xornada de aprendizaxe e diversión, organizada no marco de proxecto Erasmus+ "21st Century skills through Outdoor Traditional Games". Queremos agradecer a Luchi o seu labor de promoción do legado cultural que supoñen os xogos tradicionais, ao alumnado que participou de forma activa e respetuosa e ao profesorado que colaborou na organización e control da actividade.

Impresión 3D, creatividade e diversión con xenomas.

Como se chega dende as largas secuencias con só catro letras (A, C, G, e T) á expresión de características e funcións biolóxicas? Que é o código xenético? A resposta atopámola empregando unha ferramenta orixinal e estimulante que permite aos estudantes investigar os pasos na síntese de proteínas: un puzzle elaborado con madeira e pintado polo alumnado empregando as plantillas que obtiveron por impresión 3D.

Acceder ao documento --> estudio científico

 

Seguridade nas aulas en tempos de COVID.

O alumnado do Club de Ciencia realizou unha exhaustiva investigación e análise estadístico para contrastar se co protocolo establecido a media de COen aulas piloto podía considerarse por debaixo do umbral de 800 ppm e se as diferenzas en canto as características físicas da aula e número de alumnos e alumnas no grupo non influían nos niveles de CO2.

Documento adxunto ---> Seguridade nas aulas en tempos de COVID .pdf

 

Resultados do Estudo de Ventilación das Aulas do noso centro.

Xa temos resultados sobre o Estudo de Ventilación das Aulas do noso centro IES Laxeiro.

Tanto por parte das/os "científicas/os" do Club de Ciencias do IES Laxeiro coma do Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela coincidimos na necesidade de ventilar as nosas aula. En canto as pautas, en resumo, é preciso ventilar dúas veces uns quince minutos en cada hora. E no mellor dos casos, tan só é preciso ventilar uns cinco minutos en cada hora.

 

No documento adxunto temos as pautas recomendadas para todas as aulas do noso centro [Informe do día 3/3/2021]. Ver Documento -> PDF

As/Os nosas/os científicas/os fixeron as medicións de todas as aulas, recollendo datos de experimentación, da orientación das aulas, do número de fiestras, da súa situación ante as condicións meteorolóxicas… Igualmente, estiveron facendo medicións de niveles de CO2 en ppm ao longo das sesións de clase. Observaron como ao manter a ventilación da aula os valores se podían manter en situacións de baixa vulnerabilidade para a situación do COVID-19. Claramente, observaron como ao pechar portas e fiestras rápidamente se cargaba o ambiente. Nas gráficas obsérvase os picos que corresponde a esas situacóns coma de cando se realizaban tarefas de limpeza con sustancias hixienizantes (alcoholes e lexivias). Tamén se observa claramente como nos periodos dos recreos onde se aproveita para ventilar, se recupera as mellores condicións do aire das aulas.

 

Queda agora axustar "científicamente" o tempo de ventilación de cada aula para manter o confort axeitado para a práctica educativa. As/Os nosas/os ciéntificos seguen a traballar...

O alumnado participante é dos cursos de 4ºESO B e de 2ºESO C.

O Proxecto está a ser titorizado por os profesores do Departamento de Bioloxía – Conchi e do Departamento de Tecnoloxía - Diego e Jorge.

O Equipo de Física da USC que desenvolveu en consorcio coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia é dirixida por os Catedráticos Jorge Mira y Alberto Pérez Muñuzuriz. Por parte de MeteoGalicia, Mari Luz Macho subdirectora de Meteorología y cambio climático. Y con presencia de Vicente Pérez Muñuzuriz (Vicerrector d lnnovación e Investigación científica da USC,  e Román Rodríguez Conselleiro de Educación   ->  Ligazón do Acordo

Ligazón a aplicación Web -> https://ventilacion.usc.es/

 

Mostra do comportamento da calidade do aire e dos periodos de ventilacións na Aula de 4º ESO B.

Corresponde a monitorización do CO2 do 12 de febreiro de 2021.

Se facedes Click na imaxe, podedes consultar o monitoreo de CO2 en tempo real. só se mostran os  últimos 300 datos -(feeds)- 

Empregouse un medidor experimental, baixo a "filosofía ARDUINO", cun microcontrolador ESP32, dous sensores un analógico (MQ-135) e outro digital (CCS811) e con monitoreo na nube por parte de Thingspeak.

Proxecto Club de Ciencia - Medidor de CO2 na Aula -> aplicación IoT Internet das Cousas - Segunda Parte

Segunda Parte: Estamos probando o monitoreo do medidor  con  dous sensores de CO2 a par de outro medidor comercial. O rexistro de medidas do medidor comercial é manual con científicos de campo, os propios alumn@s de 4º ESO B!

O sensor está na aula de 4º ESO B. As medidas son as últimas 300... monitorizáronse en tempo real! 

Na vindeira semana, publicaremos as impresións por parte do propio alumnado...

Os alumnos e alumnas de Bioloxía de 4º ESO do noso centro, actúan coma Inspectores Ambientais.

Os alumnos de Bioloxía de 4º ESO do IES Laxeiro, dentro do programa do Proxecto Ríos, realizaron unha inspección do río Pontiñas para valorar a súa situación e calidade ambiental.

Esta inspección guiada consiste no estudo das características biolóxicas, físico-químicas e hidromorfolóxicas deste ecosistema fluvial. Para iso, levamos a cabo fundamentalmente técnicas de análise da auga (osíxeno disolto, nitratos, temperatura e PH), un estudo dos macroinvertebrados empregados como bioindicadores e da biodiversidade de fauna e flora.

A actividade axudou ademáis aos alumnos a valorar e a concienciarse do respecto polos nosos ríos a través da experimentación e o coñecemento que achega a metodoloxía propia do traballo de campo.

 

Caderno do proxecto Tunnel of Time

No caderno do proxecto podemos ollar o resultado das tarefas realizadas polos estudantes dos catro países socios. A versión impresa do caderno está dispoñible nos centros escolares da comarca, biblioteca así como nas institucións colaboradoras.

booklet_cover

Distribuir contido