4º E.S.O.

Celebramos o Día da Ciencia en Galego!

Día da Ciencia en Galego

Como hai políticos que cren que a nosa lingua non serve para ser científica, nos centros de ensino empeñámonos en demostrar que si. E resulta ben doado! 

Un ano máis, no noso centro decidimos dar o protagonismo ao alumnado de Diversificación para que fosen eles e elas quen demostrase que a ciencia pode explicarse en galego, converténdose en profesorado por un día. E que ben o fixeron!

 As experiencias xiraron arredor da luz e da óptica.

     Ver Fotos

 

O noso Renacuajo fallou! pero non importa, pasámolo ben...

O pasado venres 24 de abril, fomos participar ao I Concurso de Robótica a Escola de Enxeñería Industrial en Vigo.

Levábamos dous Robots Sigue Líneas que funcionaban moi ben...

Decidimos que participara o Renacuajo e debeulle temblar as pernas... na última recta parouse!

De todos xeitos íamos ser terceiro ou cuarto, no caso mais favorable... Os rivais foron dignos.

Aprendemos que o importante é participar! Pasar, pasámolo ben, outra vez será!

 

...mirade o vídeo!

 

    ...e mirade as fotos!

 

Ler mais: Faro de Vigo - Noticia

 

 

Viaxe Fin de curso 4º de ESO

Viaxe a Paris - 4º ESO 2014Do 5 ao 11 de abril os nosos/as alumnos/as de 4º de ESO viaxaron a París con motivo da excursión de  fin de curso. Visitaron os Museos e puntos de interese máis importantes. Complementaron esta visita con Versailles e Eurodisney.

 

"Clicka" aquí e comprenderás por que a esta capital se lle chama a cidade da luz e o do amor.

 Se queres ver a segunda parte.... de novo máis imaxes.

 

1º Premio de Investigación científica Luis Freire na súa XV edición

O pasado sábado día 8 de xuño de 2013, o alumno de 4º de ESO Rubén Carballude Reboredo, gañou a XV edición do premio "Luis Freire" de investigación científica en ESO. Con anterioridade quedara finalista xunto a outros catro traballos de centros de Santiago, Cambre e Viana do Bolo.

No traballo: "A que velocidade se moven os caracois?", calculou a velocidade destes animais despois de crearlles un hábitat para observar os seus costumes, base para deseñar as actividades de cálculo dos valores de velocidade. O traballo foi dirixido polo profesor do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, Luís Jar Pereira, e ámbolos dous disfrutarán dunha viaxe a finais do mes de xuño por terras de Asturias e Cantabria, para visitar museos, covas e restos arqueolóxicos.
Nas fotografías pódese ver a Rubén co profesor e o diploma, e outros compañeiros do IES David Buján de Cambre e o seu profesor que lograron o 2º Premio desta edición. No ficheiro adxunto veredes un resumo deste traballo que se incorporou á revista do centro "Kcharela"

2º premio no Rallie de Ciencias

Un grupo de 8 alumnos/as de 4º ESO acadaron o 2º premio na Final do Rallie de Ciencias sen Fronterias, celebrada o 10 de Abril en Santiago. Aquí podedes ver algunhas fotos.

Acto contra a violencia de xénero

O 22 de novembro participamos nun acto contra a violencia de xénero no Concello de Lalín. O alumnado de 2º e 4º ESO, coordinados polas profesoras Manuela García e Mar García, elaboraron paneis, pancartas e figuras humanas, dende as asignaturas de E. Plástica e E. para a Cidadanía.

As alumnas e o alumno, Libertad Echevarría, María Jácome, Brais García e Olalla Vales foron os encargados de ler as súas emocionantes cartas.

Visita escolas de Minas e Telecomunicacións

O pasado luns día 12 de novembro estivemos visitando a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas e a Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo. A visita estivo organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química e orientada para o alumnado de 4º da ESO.

Na visita mostráronnos diversos laboratorios e explicáronos algo sobre os proxectos que alí se realizan. Ademais o alumnado recibiu información sobre as titulacións que se imparten nestes centros e das tarefas que realizan os estudantes cando rematan as súas titulacións.

Baloncesto 3x3 nos recreos

 

REGULAMENTO DE BALONCESTO 3X3 IES Laxeiro

  • Xogan dous equipos nunha soa canastra.
  • Os equipos están formados por 4 xogadores/as, un/ha deles/as empeza como suplente. En pista, polo tanto, xogan 3 contra 3.

Liga de fútbol sala nos recreos de IES Laxeiro

BASES E NORMAS DO TORNEO

  • Cada equipo estará formado por un máximo de 6 alumnos/as, os cales deberán figurar na ficha de inscrición e non poderán cambiar de equipo.

Os equipos de 1ºESO B e 3ºESO B gañaron as finais de CIFRAS E LETRAS

 

O venres 25 de maio celebráronse as finais do concurso de Cifras e Letras que organizaron os departamentos de Matemáticas dos dous Institutos de Lalín, “Ramón Mª Aller” e “Laxeiro”. Houbo dúas finais, unha para 1º e 2º de ESO e outra para 3º e 4º de ESO.

Á final de 1º e 2º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Ramón Mª Aller”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos:  

 

1º ESO IES “LAXEIRO: JACOBO JORGE HERMIDA / JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO

1ºESO IES “RAMÓN Mª ALLER”: RUBÉN FERREIRO ARIAS / RUBÉN NOGUEIRA TABOADA

 2º ESO IES “LAXEIRO:  XABIER GARCÍA ANDRADE / ADRIÁN OURO MIGUÉLEZ

2º  ESO “RAMÓN Mª ALLER”:  DANIEL CAGIDE RIVAS /  SANTIAGO BUJÁN FERREIRA

 

 Á final de 3º e 4º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Laxeiro”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos e alumnas:  

 

3º ESO IES “LAXEIRO:   BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ  / NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ

3º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: GABRIEL VÁZQUEZ FREIJEIRO / BRAIS PARDO AREÁN

4º ESO IES “LAXEIRO:  MARCOS OTERO VÁZQUEZ/ JUAN CARLOS ORO VIDAL 

4º  ESO “RAMÓN Mª ALLER”:  BRYAN TREJOS RESTREPO /  NICOLÁS VARELA GARCÍA

 

As finais estiveron moi competidas, na de 1º e 2º resolveuse na última rolda e na de 3º e 4º tivo que recurrirse a unha rolda adicional de cifras para resolver o empate entre o 2º e 3º clasifcado.

Gañaros as respectivas finais os alumnos de 1ºESO B do IES “Laxeiro”: JACOBO JORGE HERMIDA  e  JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO e as alumnas de 3ºESO B do IES “Laxeiro”: BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ  e  NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ

Todos os alumnos participantes recibiron agasallos e camisetas deseñadas expresamente para esta final.

 

  



Distribuir contido