Os alumnos e alumnas de Bioloxía de 4º ESO do noso centro, actúan coma Inspectores Ambientais.

Os alumnos de Bioloxía de 4º ESO do IES Laxeiro, dentro do programa do Proxecto Ríos, realizaron unha inspección do río Pontiñas para valorar a súa situación e calidade ambiental.

Esta inspección guiada consiste no estudo das características biolóxicas, físico-químicas e hidromorfolóxicas deste ecosistema fluvial. Para iso, levamos a cabo fundamentalmente técnicas de análise da auga (osíxeno disolto, nitratos, temperatura e PH), un estudo dos macroinvertebrados empregados como bioindicadores e da biodiversidade de fauna e flora.

A actividade axudou ademáis aos alumnos a valorar e a concienciarse do respecto polos nosos ríos a través da experimentación e o coñecemento que achega a metodoloxía propia do traballo de campo.