Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, DiverPresentación da novela “Izan o da saca” de Xabier QuirogaMércores, 16 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do IES Laxeiro, rúa Bos Aires, 71, de Lalín, terá lugar a presentación da novela "Izan o da saca" do noso benquerido compañeiro Xabier Quiroga. Izan o da saca Un ano máis, contra a Violencia de XéneroNeste 25 de novembro puxémoslle nome a todas as vítimas do ano 2015. Unha flor violeta e unha folla individualizada simbolizaron a dor dos 48 asasinatos que ata este momento estaban oficialmente contabilizados. O alumnado de 4º de ESO A e PDC rodeou este acto simbólico con poemas, e declaracións de intencións. De fronte, o silencio dun público respectuoso sabedor da importancia que a nosa homenaxe particular tiña. O alumnado do Club de lectura puxo o seu gran de area interpretando unha performance nun acto que o Concello de Lalín organizou para toda a veciñanza, e no que participaron todos os Centros do Concello.
Na galería de imaxes tedes as fotos dese día, no que tamén, coa axuda do alumnado de 1º ESO A, plantamos primaveras en recordo a todas as vítimas. Asemade, queremos dar os parabéns ás alumnas María, Nerea, Aitana e aos alumnos Jorge e Anxo por seren os gañadores do Concurso de Twitter que organizou o Concello de Lalín. Aquí podedes ver, no arquivo adxunto, os chíos que mereceron ser premiados. Finalistas do IV Concurso de Tuits contra a violencia de xénero 2015 Aquí tendes un vídeo elaborado no propio centro:
Na nosa lembranzaVimos de saber que marchaches de onda nós, Xosé.
Celebramos o Día da Ciencia en Galego!Como hai políticos que cren que a nosa lingua non serve para ser científica, nos centros de ensino empeñámonos en demostrar que si. E resulta ben doado! Un ano máis, no noso centro decidimos dar o protagonismo ao alumnado de Diversificación para que fosen eles e elas quen demostrase que a ciencia pode explicarse en galego, converténdose en profesorado por un día. E que ben o fixeron! As experiencias xiraron arredor da luz e da óptica. Ver Fotos » Visita ao Parlamento
O xoves día 15 de outubro o alumnado de 3º de ESO visitou o Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela. Actividade promovida desde o Departamento de Ciencias Sociais, para ver e entender unha das Institucións máis importantes da Comunidade Autónoma de Galicia. Os alumnos e alumnas disfrutaron, das diferentes dependencias do Pazo do Hórreo, onde os diputados e diputadas galegos levan a cabo a súa labor. O edificio en sí, xa chama a atención pola súa envergadura, fundado para ser Facultade de Veterinaria, cumple hoxe perfectamente cas necesidades dun Parlamento actual e moderno. Chama a atención as extraordinarias vidrieiras-mosaico, unha delas, obra do pintor Laxeiro, que cubre o teito dunha das estancias da entrada. Pero sen dúbida, un dos espazos que máis gustaron foi o hemiciclo, onde os diputados/as discuten, propoñen e defenden as súas ideas. O alumnado sentouse nas cadeiras do goberno e da oposición e algún alumno saliu á tribuna de oradores, semellando ser un parlamentario. Ver máis fotos.
Xornada de Convivencia na Devesa de Moa
A xornada foi un éxito de alegría e alumnos e profesores regresamos satisfeitos da experiencia. Neste enlace pódense ver algunhas fotos da xornada.
Visita do Dr. Ángel CarracedoO 2 do outubro tivemos a honra de ter entre nós ao Dr. Ángel Carracedo para desenvolver diversas actividades co noso alumnado. Entre música e presentacións adentrámonos no apaixoante mundo da investigación xenética mediante unha charla para o alumnado de 4º de ESO e Bacharelato. Descubrimos a placa que inaugura o Laboratorio de Bioloxía co seu nome, e o alumnado de 2º BAC disfrutou nel dun café coloquio. Na última hora da maña, o alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu a unha charla sobre o mundo da lectura. Nos seguintes enlaces pódense ver o programa de actividades, fotos e máis información publicada nos xornais da comarca: "El Faro de Vigo" e "La Voz de Galicia". Programa de actividades do día 2 de outubro Blog da Biblioteca ---> "Unha pegada indeleble" Resumo da visita BENVIDOS PRIMEIROS!!
A nosa biblioteca está xa a pleno rendemento. O venres 18 recibimos entre globos e festa aos cursos de 1º da ESO. Foi un primeiro encontro dos 75 rapaces co entorno da biblio.
Ensinámoslles as nosas 3 xoias do século XIX: os tres libros máis antigos dos fondos bibliográficos. Tamén viron fotos de hai 40 anos das instalacións que había entón no instituto para ler e estudar. Todos quedaron abraiados cando descubriron que o noso centro conta con máis de 14600 volumes rexistrados…¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
…e é que a Biblioteca do Laxeiro é pequeniña , pero xeitosa. Aquí tes máis imaxes.
Ler no verán ten PREMIO !!Para todas as idades e para todos os gustos, o equipo de biblioteca elaborou unha guía con recomendacións de lectura para un verán cheo de soños, poesía e ilustración. O alumnado de 1º e 3º de ESO deseñou unhas bolsas moi atractivas e saboreamos a lectura cun saboroso doce. No blog da biblioteca temos máis información sobre esta campaña: "Lemos no verán". Somos "Escola sen Racismo"O xoves 11 de xuño, o alumnado de 1º ESO estivo na proxección das reportaxes solidarias feitas por varios compañeiros da ESO que participaron do obradoiro de TV da Asamblea de Cooperación Pola Paz e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). Ademais de recibir os diplomas de participación, o director Uxío Grande recolleu para o centro a placa que nos acredita como membro da rede de Escolas sen Racismo, Escolas para a Paz e o desenvolvemento. Noraboa a todos/as.
|
Novos números
|