Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, Diver

"Manequin Challenge" polo Día de Rosalía

#RosaliaTe no IES Laxeiro     #24defebreiro     #sempreRosalía

Un ano máis, dende a biblioteca do IES Laxeiro quixemos colaborar coa iniciativa da AELG conmemorando o Día de Rosalía; propuñan realizar un "Manequin Challenge" que representase un dos seus poemas. Nós escollemos "A xustiza pola man" e este é o resultado:

 

Alumnado de 3º ESO - Titores do Programa TEI (Titoría Entre Iguais).

Aquí temos ao noso alumnado Diplomados para o Programa TEI (Titoría Entre Iguais).

 TEI 1

 

TEI 2 

 

Desde Kuopio ata Lalín

Intercambio con Finlandia

Do 14 ao 19 de outubro, dezaoito rapaces e rapazas finesas visitaron o IES Laxeiro. A visita corresponde á realizada polos alumnos e alumnas do IES Laxeiro á Jynkänlahden koulu, a súa escola, no mes de abril, dentro dun programa de intercambio coa cidade finesa de Kuopio.  Estes alumnos, acompañados por dúas profesoras, foron acollidos por familias lalinenses e participaron na vida escolar do centro así como da convivencia familiar e vida social da nosa vila.

O programa incluíu unha visita institucional ao concello así como a lugares emblemáticos da vila e da comarca como o museo Ramón Mª Aller, o Pazo de Liñares e museo da Marioneta, o mosteiro de Carboeiro ou a fervenza do Toxa.  Igualmente,  Santiago de Compostela  e o pazo de Oca foron outras das visitas realizadas dentro do programa deste primeiro intercambio con Finlandia.

Altamente satisfactoria e enriquecedora foi esta experiencia, que terá a súa continuación no presente curso escolar cando, no segundo trimestre, un grupo de estudantes do IES Laxeiro viaxe ata Kuopio para visitar a Jynkänlahden koulu.

 La Voz de Galicia, Faro de Vigo

 

 

Clases sen fume 2015-16: DES-MÁRCA-TE DO TABACO

   

Pois sí! Como xa informaramos, 2º ESO C fora seleccionado para os premios do programa CLASES SEN FUME polo vídeo “Des-Marca-Te do tabaco” e o martes 14 o grupo acompañado do titor Manuel Busto e da coordinadora Ana Gulías, foi a Santiago.

Alí tivemos a sorte de compartir un bo rato cos compañeiros/as doutros centros (IES de Teis, IES Xulián Magariños de Negreira, IES Castroverde, Mercedarios de Verín, IES Otero Pedrayo de Ourense…. entre outros) e despois de moitos nervios descubrimos que ganaramos o 1º premio da categoría de actividade creativa, así como o premio de actividade innovadora para o titor.

Así que a finais de xuño desfrutaremos de 5 días no albergue xuvenil As Mariñas en Gandarío, nun campamento multiaventura.

Gracias aos docentes que colaboraron con nós, (Quiroga, Xosé Manuel…), felicitar a 1º B e 1º C que tamén concursaran e animarvos a todo o alumnado de 1º e 2º ESO do curso 2016-17 para que participedes.

Semana das Letras

A nosa semana das Letras comezou en realidade moito antes, cando algúns libros de galego comezaron a formar un ceo de Letras no vestíbulo de acceso á biblioteca; asemade, a face da Manuel María presidiu este mesmo espazo nunha escultura con libros que se fixo realidade grazas ao Dpto. de Plástica e ao seu alumnado. Logo, o luns 16 de maio, o que parecía algo bastante improbable materializouse nunha cadea humana que percorreu toda a vila unindo os dous centros de ensino secundario nun desexo común, a defensa da nosa Lingua e da nosa LIteratura, simbolizada nun intercambio de agasallo de dous libros para cada centro: cómic, investigación, música e poesía, e divulgación científica. O martes, propio Día das Letras galegas, o noso Club de Lectura foi quen lle deu vida á obra de Manuel María no Museo de Lalín.

As actividades non remataron aquí; o xoves 19 acudimos á Praza de Abastos para pór en valor os produtos galegos na nosa Lingua aportando 3 grandes cartaces deseñados polo alumnado para que permanezan alí todo o ano, e para escoitar a Miro Casabella, cantautor defensor da nosa Cultura.

Os nosos alumnos de 1º ESO participan nos obradoiros de Robótica na Cidade da Cultura.

Obradoiro de RobóticaO martes pasado, 31 de maio, os nosos alumnos participaron nos obradoiros de Programación e de Robótica na Cidade da Cultura.

Puideron coñecer a R2D2!

Coñeceron ademais, a un grupo de persoas que se esforzan en traballar coas novas tecnoloxías, e fomentar unha cidadanía con coñecemento dixital.

Os obradoiros estaban adicados a programar en Scratch (proxectos de programación nunha contorna de fácil aprendizaxe). Tamén traballaron programando uns Robots LEGO NXT e experimentaron con proxectos divertidos e asombrosos de ciencias e tecnoloxía... Ata tocaron un piano feito de froitas!

Participaron nunha charla sobre os riscos de navegar por Internet. Sacaron en claro, que é fundamental o apoio dos pais (control parental) e tamén o de crear contrasinais súper-seguras... ("un para todos e todos para un!" = "1xaTo2eTo2xa1!"). 

Ollaron a Cidade da Cultura dende o Monte Gaias en Santiago de Compostela, un espazo aberto e cheo de posibilidades...

Portáronse xenial e pasárono fenomenal!

Graciñas por todo!

 

 

Intercambio con Finlandia: Jynkänlahden koulu - IES Laxeiro

Do 14 ao 20 de abril nove estudantes de 4º de ESO, alumnos e alumnas das seccións bilingües (inglés) do IES Laxeiro, participaron nunha estadía con familias e estudantes de Finlandia. A escola acolledora, Jynkänlahden koulu, atópase na cidade de Kuopio; alí os alumnos e alumnas viviron o día a día dos seus "hosts", tanto na escola como nas casas. Ademais da inmersión nas actividades lectivas, puideron coñecer de primeira man diversos aspectos da vida e cultura finesas, así como poñer a proba o seu inglés de maneira altamente satisfactoria. A hospitalidade e acollida por parte dos amigos fineses foi exquisita e entrañable, tanto do persoal da escola como das familias. Toda unha enriquecedora experiencia que terá a segunda parte no mes de outubro cando o IES Laxeiro e as familias dezás recibirán aos alumnos-as e profesores de Kuopio.

 Fotogalería

 

 

Plan de Consumo de Froita no Laxeiro

 

O noso Instituto participa no Plan de Consumo de Froita promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo galego  de Garantía Agraria) e a Unión Europea.

Ao longo deste curso temos concedidos 4 períodos de reparto de froita durante os recreos para o noso alumnado.   O primeiro período de reparto comezou o 30 de novembro e desenvolveuse ao longo de 10 días.

 

Os seguintes períodos terán lugar a partir do:

    -   15 de Febreiro

     -    4 de Abril

    -   6 de Xuño

 

Comendo froita e facendo exercicio físico a nosa saúde agradecerao.

O número 3787 leva a fantástica Cesta de Nadal que sorteaban os alumnos de 4º ESO

O/A Posuidora/a da papeleta premiada xa pasou a recoller a fantástica Cesta de Nadal con excelentes produtos que sorteaban os alumnos de 4º ESO.

O número Premiado foi o:        3787

A rifa foi vendida pola alumna de 4º ESO Ángela Barrio e xa atopamos ao gañador.

Resultado do sorteo 3787

 

 

NORABOA!!

 

Recordamos que o obxetivo das rifas era e é en PRO-VIAXE de Fin de Curso do alumnado de 4ºESO do IES Laxeiro.

Distribuir contido