Clases sen fume 2015-16: DES-MÁRCA-TE DO TABACO

   

Pois sí! Como xa informaramos, 2º ESO C fora seleccionado para os premios do programa CLASES SEN FUME polo vídeo “Des-Marca-Te do tabaco” e o martes 14 o grupo acompañado do titor Manuel Busto e da coordinadora Ana Gulías, foi a Santiago.

Alí tivemos a sorte de compartir un bo rato cos compañeiros/as doutros centros (IES de Teis, IES Xulián Magariños de Negreira, IES Castroverde, Mercedarios de Verín, IES Otero Pedrayo de Ourense…. entre outros) e despois de moitos nervios descubrimos que ganaramos o 1º premio da categoría de actividade creativa, así como o premio de actividade innovadora para o titor.

Así que a finais de xuño desfrutaremos de 5 días no albergue xuvenil As Mariñas en Gandarío, nun campamento multiaventura.

Gracias aos docentes que colaboraron con nós, (Quiroga, Xosé Manuel…), felicitar a 1º B e 1º C que tamén concursaran e animarvos a todo o alumnado de 1º e 2º ESO do curso 2016-17 para que participedes.