Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
O pasado martes día 25 de novembro, os alumnos e alumnas dos Ciclos Formativos e 2º de Bacharelato acercáronse ó Filmax Pontiñas para ver a película "A Descoñecida" do director italiano Giuseppe Tornatore. Esta actividade estaba enmarcada dentro das actividades organizadas pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín con motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Viaxe a Galiciencia e actividades de Tecnópole
O pasado martes día 18 de novembro o alumnado de 4º de E.S.O. viaxou a Ourense para asistir e desfrutar coas actividades programadas no proxecto Galiciencia e outras preparadas grazas ao patrocinio do parque Tecnópole e a organización de Altega. A viaxe foi preparada polos departamentos de Física e Química e Tecnoloxía.
Visita exposicións
O vindeiro xoves 13 de novembro, dentro das actividades da Semana da Ciencia, o alumnado de 3º ESO visitará en Santiago dúas exposicións relacionadas coas matemáticas:
- De como aprendemos a contar e os aparellos empregados (Facultade de Matemáticas - Campus Sur)
- Escher e as matemáticas (Sala de exposicións de Sargadelos)
Estas exposicións estarán abertas ao público en xeral ao longo de toda a semana para aqueles que esteades interesados.
Viaxe Fin de curso a Londres
Este xoves día 19, 41 alumnos e alumnas de 4º ESO parten de viaxe para Londres con motivo da excursión de fin de curso. Estarán acompañados por tres profesores do centro. A volta será o día 24 deste mes.
I Festival das Letras Galegas e fin de curso
O pasado 30 de maio tivo lugar no patio do Laxeiro o I Festival das Letras Galegas-Fin de curso. Houbo cancións, teatro, Parkour e moito máis durante as dúas últimas horas da mañá, coa participación masiva do alumnado e profesorado do Centro.
Semana do Medio Ambiente
Co gallo da celebración o día 5 de xuño do Día Mundial do Medio Ambiente, dende o grupo da Axenda 21 do Centro realizaremos varias actividades conmemorativas durante a semana do 2 ao 6 de xuño.
Intercambio I.E.S. Laxeiro-Lycée Champ-Blanc
No curso pasado, 2007-08, catorce alumnos do IES Laxeiro de 4ºESO e 1ºBACH. fixeron o intercambio con 15 alumnos do Lycée Champ-Blanc; a cada alumno atribuíuselle un compañeiro de intercambio co cal conviviu durante a súa estancia no país estranxeiro.
Viaxe ao Laboratorio de Metroloxía de Galicia
O alumnado de 3º da E.S.O. viaxou o martes 19 de maio ao Laboratorio de Metroloxía de Galicia (Como? Meteoroloxía?... NON, Metroloxía), no Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense.
A actividade estivo organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química. Na mesma o alumnado puido coñecer de primeira man cal é a importancia das unidades e dos seus patróns, ver parte dos departamentos e aparatos de medida do laboratorio e para rematar facer xogos e obradoiros relacionados co mundo da medida. Ver fotos.
Viaxe a París do alumnado de Diversificación Curricular
Parte do alumnado de Diversificación Curricular viaxa dende o mércores 21 ata o domingo 25 de maio a París.
A actividade está organizada conxuntamente polos departamentos de Língua e Literatura Castelán e de Língua e Literatura Galega. As profesoras acompañantes serán Sara Castro e Ester González.
Deputados por un día
O alumnado de 1º de Bacharelato ven de defender no Parlamento de Galicia a proposición de lei sobre Desenvolvemento Rural que lle valeu o premio da actividade O Parlamento: a túa casa. A defensa consistíu en simular un debate parlamentario, con tódolos elementos formais coma a exposición da lei e os turnos de réplica baixo a dirección da presidenta Dna Dolores Villarino.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- seguinte ›
- última »
