Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Día da Ciencia e da Tecnoloxía en GalegoO pasado xoves día 4 tivo lugar o Día da Ciencia e da Tecnoloxía en galego, xornada de promoción da Ciencia galega e, sobre todo, de reivindicación para que se permita que as materias de matemáticas, física e química e tecnoloxías poidan ser impartidas en galego. No IES Laxeiro, gracias ao traballo conxunto dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía, organizáronse varias actividades para celebrar esta xornada. » Renovación parcial do Consello Escolar do IES.LaxeiroO día 4 de novembro comeza o calendario elaborado pola Xunta Electoral para a renovación do Consello Escolar do IES.Laxeiro. Desde o día 5 ata o 18 estará aberto o prazo de presentación de candidaturas nos sectores do PROFESORADO, PAIS/NAIS e ALUMNADO. A tal efecto os interesados/as poderán recoller os impresos de presentación de candidaturas na secretaría do Centro. Entre os días 23 e 25 terán lugar as votacións, para rematar o proceso o día 30 de novembro. Do calendario, datas e demais comunicados, terán oportuna información nesta páxina web. Desde aquí tan só animar a que participen, presenten candidatura e acudan a votar nos días sinalados a tal efecto. ¡ ANIMO! ¡PRESENTEN CANDIDATURA! ¡VOTEN!
O FUTURO DO LAXEIRO É DE TODOS/AS .
Charla de COGAMI para 4º ESOPersoal técnico de COGAMI (Confederación Galega de persoas con Discapacidade) ofertou unha charla sobre prevención de lesións medulares ao alumnado de 4ºESO. Dende a experiencia persoal dunha persoa con discapacidade motriz a charla, de carácter preventivo e informativo, pretende concienciar da responsabilidade individual no coidado da saúde.
Vaca Films no IES LaxeiroO vindeiro venres 22 de outubro, Vaca Films, produtora galega de cine, responsable entre outros títulos de Cela 211, vai desenvolver no IES Laxeiro de Lalín un programa de achegamento e promoción do cine aos estudantes de 2º de bacharelato. » 2º Prazo de axudas para alumnos/as de FCTA Orde do 3 maio do 2010 convocaba as axudas para alumnos de FCT. Agora , tal como refrexa a devandita Orde, ábrese o 2º prazo para poder solicitalas: "O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2010, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2010. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2010. O alumnado que teña horario flexible con autorización da dirección xeral e remate despois do 31 de decembro de 2010 acollerase á seguinte convocatoria de axudas. As solicitudes, xunto co resto da documentación requirida, poderanse presentar no centro onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo. (DOG do 13 de maio )" Nos arquivos adxuntos podedes obter máis información e rellenar o impreso de solicitude » Acceso e matrícula aos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPIs) para o curso 2010-2011 no IES.LaxeiroNo arquivos adxuntos podes informarte do proceso de admisión e matrícula para os Programas de Cualificación Profesional Inicial no curso 2010-2011 no IES. Laxeiro. » Admisión e matrícula de adultos para o curso 2010-2011 no IES.LaxeiroNo arquivo adxunto podedes informarvos do calendario de admisión e matrícula tanto de Educación Secundaria coma de Bacharelato de adultos para o curso 2010-2011 no IES-Laxeiro » Convocatoria de exames para a obtención de carnés profesionais e certificados de cualificación individualA Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa vén de convocar exames para a obtención dos seguintes canés profesionais:
Requisitos:
Solicitudes:
Prazos e lugares: Dende o día 13 de xullo ao 23 do mesmo mes As solicitudes presentaranse nos lugares habituais, sinalados na propia convocatoria Datas de exames: A realización non será antes do mes de outubro Para maior información consultar a páxina web sinalada anteriormente, ou ben nos arquivos que se adxuntan
» SIXA, un Sistema Informático de Xestión Académica no IES.LaxeiroA partires de setembro, no inicio do curso 2010-2011, o IES.Laxeiro porá en marcha un novo plan de xestión académica. SIXA, un programa informático creado por ENXENIO en colaboración coa Facultade de Informática de A Coruña, vai significar un novo paso na vida académica do noso centro.Un programa que vén a completar a Xade e que costituirá unha ferramenta esencial no traballo do profesorado. A través del os profesores , Dirección e Secretaría do Centro poderán xestionar todo o traballo tanto académico coma de titorías e comunicación cos pais/nais do noso alumnado. Un programa que funcionará tanto a través da rede wifi do profesorado coma a través de terminais coma un móbil PDA ou un simple "pendrive" conectado a un PC para poder traballar dende a propia casa. O sistema constará de tres módulos ou aplicacións:
No arquivo adxunto poderás informarte máis polo miudo do que vai a consistir este proxecto que o IES.Laxeiro , no seu afán de millora continua, porá en marcha no vindeiro curso.
» Listaxes provisionais de admitidos en Ciclos Medios e Ciclos Superiores no IES.LaxeiroA Consellería de Educación vén de publicar as listaxes provisionais de admitidos nos Ciclos Medios e Superiores. Ábrese agora un prazo de reclamacións ata o día 13 deste mes. O 19 sairán as listaxes definitivas. O periodo de matrícula para os admitidos nesta 1ª convocatoria será entre os días 20 e 23 do presente mes de xullo. Nos arquivos adxuntos podedes comprobar as listaxes provisionais de admitidos e comprobar se hai motivo de reclamación. »
|
Novos números
|