A maxia da robótica

O pasado luns 9 de novembro asistimos en Santiago ao Obradoiro "A maxia da robótica".

Alí puidemos experimentar coa montaxe e programación de robots Lego e gozar das múltiples posibilidades que a robótica nos oferta para levar a cabo tarefas de todo tipo. 

Podedes ver fotos de esta actividade na galería de fotos do IES Laxeiro.

Como mostra unha foto desta actividade:

 

Robot segueluz

Visita á exposición A evolución humana

Un grupo de alumnos de 1º BAC visitou o 3 de novembro a exposición A evolución humana no Auditorio de Lalín.

 

expo evolución humana explicación

 

Xornada de Convivencia cos alumnos de 1º da E.S.O.

O venres 16 de outubro, 82 alumnos de 1º da ESO e dez profesores participamos nunha xornada de xogos cooperativos, castañas e refrescos á sombra da carballeira do Rodo. A actividade, promovida desde a Comisión da Convivencia, ocupou un recreo e as dúas últimas sesións de clase. Con ela perseguíase un mellor coñecemento e achegamento entre alumnos e docentes de 1º da ESO.

Comeza a liga de fútbol sala do IES Laxeiro

O próximo xoves 22 de outubro comeza a temporada 2009-10 da liga de fútbol sala do IES Laxeiro. Os partidos disputaranse todos os xoves, no pavillón municpal, entre as 16 e 18 h. A relación de equipos participantes, normas e calendario expóñense no taboleiro de actividades do centro

Para coñecer as regras deste deste deporte, podes visitar a páxina da LNFS

Liga Fútbol Sala

O xoves 11 de xuño, no pavillón municipal de Lalín, xogouse a Final da Liga de Fútbol Sala 08/09 do IES Laxeiro. Os equipos que disputaron este partido foron "Entendes" e "Castigadores" cun resultado de 7-4 a favor de "Entendes". O equipo que acadou o 3º posto foi "Unión Penosa".  

Obradoiro de papiroflexia

O pasado día 4 de xuño anticipamos a celebración do día do medioambiente dunha forma moi especial. O alumnado de primeiro ciclo da ESO que forma parte do comité ambiental asistiu a un obradoiro de papiroflexia, onde coñeceron a historia de Sadako Sasaki e fixeron grúas de papel.

II Festival das Letras Galegas

O pasado 29 de maio tivo lugar no patio do centro o II Festival das Letras Galegas. Foi unha xornada na que participou toda a comunidade escolar do instituto con moito interés e respecto polas actuacións desenvolvidas polo alumnado.

Nestas actuacións houbo dende danzas renacentistas ata hip-hop con algunha que outra pincelada de música barroca, de canción tradicional e canción pop. Tamén contamos con grupos de percusión corporal, charanga, monólogos, demostracións de parkour e con unha exhibición de taqueos.

Como colofón ao festival púxose en marcha o proxecto "Os ciclos xeran enerxía" consistente en producir electricidade para alimentar unha emisora de radioafeccionado a través das pedaladas de tres bicicletas.

Participación no Correlingua 2009

O xoves 14 de maio 44 alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO do IES Laxeiro participan na edición do Correlingua 2009 que se celebra na Estrada.

1º PREMIO ESPIRAL DE EDUBLOGS 2009 PARA O BLOG DO CICLO SUPERIOR DE MANTEMENTO INDUSTRIAL

O Blog do Ciclo Superior de Mantemento de equipo industrial foi premiado III Premio Espiral Edublogs 09,
como
na categoría de Blogs de Aula - FP y Ciclos.

Este premio é organizado pola Asociación Espiral, Educación y
Tecnología
, que este ano celebra a súa terceira edición.

O vindeiro 6 de xuño farase a entrega dos premios en Caixa Fórum de Madrid.

Nestes premios valóranse os recursos ofrecidos,
ferramentas web2.0, actividades, referencias así como outras innovacións.

Este blog premiado mostra información relativa ó
mantemento industrial, as enerxías renovables, automatismos. Tamén mostra as
novas actualizadas da comarca do Deza, ofertas de emprego actualizadas para os
profesionais do mantemento industrial. Tamén podemos coñecer a predición do
tempo para ós próximos días. Podemos coñecer as instalación dos talleres de
mecanizado, electricidade e automatismo.

Blog de Ciclo Superior de Mantemento de equipo industrial

Blog creado no noso centro. Destinado ó Ciclo Superior de Mantemento de equipo industrial.

Neste blog poderás videos das instalacións do IES Laxeiro, ofertas de emprego, traballos feitos polos alumnos, información de automatismos, enerxía eólica, ...

Este blog está de noraboa. Na III edición do Premio Espiral, de Blogs educativos que se está ha celebrar, este é finalista na categoría de Blog de aula - FP y Ciclos.

Distribuir contido