Lugar e data das probas de acceso a Ciclos Medios

 O IES. Pintor Colmeiro de Silleda acollerá o venres 4 de xuño as Probas de Acceso a Ciclos Medios. No arquivo que se adxunta pódese consultar máis cumprida información ao respecto

 

 

Un grupo de alumnos do IES Laxeiro, gañador da primeira edición Parlamento xove de debate

Coordinados polo profesor Manuel Igrexas, os alumnos de Bacharelato do IES Laxeiro Yolanda Gordedo, Marcos Vilas, Lucía Riádigos, Fátima Mosteiro e Roi Gallego, resultaron gañadores da primeira edición do Parlamento Xove, anteriormente denominado Liga de Debate, tras superar na final ao centro SEK Atlántico de Pontevedra.

Postura do Consello Escolar ante a remodelación da avenida Bos Aires

 

Con esta nota queremos facer chegar á Comunidade Educativa a postura acordada polo Consello Escolar ante a remodelación da Avenida Bos Aires, co fin de evitar malas interpretacións que poidan derivarse da rumoroloxía ou de escritos que xurdan doutras instancias.

Concurso de carteis

O pasado 16 de marzo o xurado do Concurso de carteis para o fomento e uso do galego valorou os traballos presentados e acordou outorgar os seguintes premios:

Categoría A: para 1º ciclo da ESO

  • 1º premio, para Estela Fidalgo Garra, de 1º B

O resto dos premios quedaron desertos

Categoría B: para 2º ciclo da ESO

  • 1º premio: Oliva Areán Ínsua, de 4º B
  • 2º premio: Lucía dos Anjos Vázquez, de 3º A
  • 3º premio: David García Ferreiroa, de 4º A
  • 1º accésit: Sara Muñoz Coego, de 3º B
  • 2º accésit: Verónica Presas Riveiro, de 3º A

Podedes ver fotos dos carteis na galería de fotos do Centro.

Viaxes no I.E.S. Laxeiro

Ao longo desta semana tres grupos do IES Laxeiro atópanse realizando diversas viaxes

Un grupo de 3º de ESO participan do 21 ao 27 de marzo no programa do MEC Recuperación
e utilización educativos de pobos abandonados
no pobo oscense de Búbal, nas faldas do Pirineo aragonés.

Por outro lado, alumnos de 1º da ESO gozan dunha semana branca na estación de esquí de S. Isidro, en León entre o 22 e 26 de marzo.

E entre os días 19 e 25 de marzo, os alumnos de 4º de ESO viaxan á Cidade da Luz, París, ademais de visitar os castelos do Loira, Bordeos ou o Guggenheim ao regreso.

Desde alí xa nos enviaron algunhas imaxes, que podedes ver de seguido.

Obradoiro de primeiros auxilios

Onte, mércores 17, os alumnos de ciclos medio de Electricidade e electrónica, Electromecánica de vehículos e de ciclo superior de Mantemento de equipos industriais, participaron nun obradoiros de primeiros auxilios.

O obradoiros foi impartido por profesorado e alumnado do CM de Emerxencias Sanitarias do IES Lamas de Abade de Santiago. Houbo unha parte teórica conxunta no salón de actos e despois, divididos en 3 obradoiros para grupos de 20 alumnos, impartíronse:

-maniobras de RCP

-inmovilización e traslado de feridos

-vendaxes de queimaduras, fracturas e feridas diversas

Dende aquí agradecer a todos polo éxito de participación e aos compañeiros do Lamas de Abade polo seu tempo e atención. Tedes as fotos dos diversos obradoiros na galería de fotos do centro.

Xornadas de Orientación Laboral no IES.Laxeiro

Os días 23, 24 e 25 do mes de marzo terá lugar no IES. Laxeiro de Lalín unha nova edición das Xornadas de Orientación Laboral, nas que o eido agrario, as enerxías renovables , os procesos de selección e o futuro do automóbil serán algúns dos temas destacados .

NOVO MATERIAL PARA ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL

Está dispoñible en orientación novo material de interés para alumnado de bacharelato e de 4º ESO interesado tanto en titulacións universitarias coma ciclos medios e superiores. Dado que ten copyright non se pode colgar na web e só o podedes consultar no despacho da orientadora.

Descrición do material:

-DVD Anuario "Entre estudiantes" con guias para decidir futuro, información sobre todas as universidades e estudos universitarios, notas de corte, campus....en España-

-Novos exemplares das revistas "Y ahora qué" (cun especial sobre o selectivo, probas de acceso a universidades privadas, guía práctica de universidades e un monográfico sobre a titulación de Dereito) e "Entre estudiantes" (con mongráficos sobre grao en información e documentación, grao en óptica e optometría e técnico superior en secretariado, así como tendencias de emprego para o 2010).

¡Pasade a consultalas cando queirades! Son de gran utilidade.

 

Fotos de entroido no Laxeiro

Xa podedes ver fotos das actividades celebradas o pasado venres 12 de febreiro para festexar o entroido. Un ano máis houbo un grande nivel de participación e a calidade dos disfraces presentados a concurso foi moi alta.

Acceso á galería de fotos do entroido 2010

Vídeo día da paz

Grazas ao excelente traballo de José Manuel Poza (1º Bach), que fixo a
gravación das actividades durante o día da paz e conseguiu despois esta
magnífica montaxe, xa temos aquí o primeiro vídeo destas actividades,
centrado na canción que interpretou Iria Martínez, de 2º curso da
E.S.O. Gozade con esta fantástica obra de arte, tanto musical coma
cinematográfica.
Distribuir contido