Visita a exposición Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia

O 18 de marzo un grupo de 26 alumnos de 2º BAC visitaron a exposición Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia en Ourense.

Vista ao Museo de Altamira

Os días 13 e 14 de novembro @s alunm@s de 1º BAC fixeron unha visita ao Museo da Minería e da Industria, na vila de El Entrego (Asturias) e ao Museo de Altamira.

Festival de Entroido

O día 20 de febreiro celebrouse no patio do instituto o Festival de Entroido. Desfilaron pola pasarela alumnos e alumnas de tódolos niveis educativos, acadando unha alta participación. Entregáronse premios ós tres mellores disfraces de cada categoría.

Como crear un arquivo pdf

Seguro que algunha vez tivestes a necesidade de crear un arquivo pdf a partires dun dos vosos documentos. Este minitutorial explícavos brevemente como se pode facer isto de forma sinxela.

Presentación de Unidos por el Flow

O martes 10 de marzo, ás 11,45 horas, no Salon de Actos do IES Laxeiro, Xaime López "Chispón" (ex-alumno do Laxeiro) presentará o proxecto Unidos por el Flow.

Fotos e vídeos do proxecto Enxeño

Acabamos de recibir as fotos e os vídeos da xornada do proxecto Enxeño realizada en Vigo á que asistíu alumnado de 2º de E.S.O. A xornada consistía en montar, programar e probar robots co paquete Lego Mindstorms.

Se pinchas en Ler máis podes ver un vídeo da actividade.

Literatura de tradición oral das terras de Sanabria

O venres 6 de febreiro ás 12,30 a Biblioteca do IES Laxeiro organiza unha seión de contacontos con José Luis Gutiérrez "Guti" que nos traerá unha selección de romances populares das terras de Sanabria. 

O IES Laxeiro participa na II Liga galega de debate

Un equipo do IES Laxeiro participou do 29 de xaneiro ao 1 de febreiro na II Liga Galega de Debate.

O equipo estaba formado polos alumnos de 1º BAC: Fátima Mosteiro, José
Manuel Poza, Sonia Reboredo e Marcos Vilas, coordinados polo profesor
Manuel Igrexas. 

Viaxe a Sotavento

Como xa ven sendo tradicional, o pasado xoves 22 de xaneiro de 2009 o alumnado de 1º de Bacharelato da modalidade  de Ciencias e Tecnoloxía visitou o parque eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de física e tecnoloxía acerca das enerxías renovables. 

A visita tivo unha duración de catro horas aproximadamente, onde se expuxo un importante contido tanto práctico coma teórico, pois os guías adaptáronse moi ben ao nivel dos escolares.

Esta actividade estivo organizada polos departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía. 

Festival de Nadal

O xoves 18 de decembro celebrouse no salón de actos do instituto o Festival de Nadal. Nel participaron alumnado da ESO e de Bacharelato. Ó longo da mañá, foron pasando polo escenario alumnos e alumnas da área de Música para interpretar diferentes cancións e coreografías. Tamén contamos cun espectáculo de maxia a cargo do Mago David. Este mesturou humor e maxia sen deixar de cautivar en ningún momento ó público.

Distribuir contido