O alumno de 2ºESO do IES LAXEIRO Jorge Brey Fernández clasificado para a final da OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA

        O alumno de 2ºESO do IES LAXEIRO Jorge Brey Fernández participou na fase de zona da OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA  o pasado día 16 de abril en Santiago de Compostela e clasificouse para participar na FASE FINAL GALEGA  a celebrar o día 14 de maio en Vigo.

         Na fase de zona participaron máis de 400 alumnos de 2º de ESO de preto de 100 Institutos de toda Galicia, dos que só 40 pasan a FASE FINAL GALEGA.

        De clasificarse entre os tres primeiros, Jorge Brey, participaría na FASE ESTATAL DA OLIMPIADA en Palma de Mallorca do 24 ao 28 de xuño.

        O Departamento de Matemáticas quere felicitar desde aquí a Jorge polo éxito acadado e animalo para que non perda o gosto polas matemáticas e que, con elas, poida chegar ainda máis lonxe.