Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Blogues

 

<a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/" /><img alt="Licencia Creative Commons" style="border-width:0" src="https://i.creativecommons.org/l/by-nc-nd/4.0/88x31.png" /><br />Esta obra está bajo una <a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/">Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivar 4.0 Internacional</a>.

 

Os alumnos de 3º da ESO do noso centro tiveron a oportunidade de asistir a unha sesión especial. Invitados pola biblioteca municipal "Rego da Balsa", asistiron o luns a un recital onde o grupo Black permitiulles comprobar a presencia da música en diversas obras literarias.

Durante a sesión puideron escoitar clásicos do soul como "Sitting on the Dock of the Bay" de Otis Redding, "Hit the Road Jack" de Ray Charles ou "(You Make Me Feel Like) A Natural Woman" de King e Goffin, popularizada por Aretha Franklin, entre outros clásicos. A sesión estivo caracterizada pola voz da intérprete e a interpretación ao piano do seu acompañante. Non evitou esta a charla cos asistentes animándoos a coñecer todos estes temas, lendo entre eles fragmentos de distintas obras, como as que se poden ver na foto.

O éxito da velada foi refrendado polos aplausos dos asistentes, que reclamaron máis. A interpretación dun tema de Amy Whitehouse pechou o concerto.

 

<a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/" /><img alt="Licencia Creative Commons" style="border-width:0" src="https://i.creativecommons.org/l/by-nc-nd/4.0/88x31.png" /><br />Esta obra está bajo una <a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/">Licencia Creative Commons Atribución-NoComercial-SinDerivar 4.0 Internacional</a>.

Tralo proceso de selección, levado a cabo a principios deste curso, os candidatos seleccionados para a realización da FCT dentro do programa ERASMUS+ son:

  • Manuel Pereira Pallas
  • Adrián Martínez Suárez
  • Pablo Cancela García

 Dende finais do mes de marzo e ata primeiros de xuño, estes 3 alumnos do C.S. de Administración de Sistemas Informáticos en Rede, atópanse realizando as súas prácticas de FCT en Dublín dentro do programa ERASMUS+.

 

 

O departamento de bioloxía e xeoloxía organiza un concurso fotográfico para todo o alumnado que participou na saída á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e ao parque natural MONTE ALOIA. A nosa biblioteca escolar, BibliotecaRebolo, colabora nesta actividade na que solicitamos a eses alumnos que compartan con todos nós como foi a súa experiencia. O único que teñen que facer e enviar algunha das fotos que fixeron ese día no parque natural á dirección de correo electrónico bibliotecarebolo@gmail.com. Sinxelo, non?

Pero, se tes algunha dúbida, podes consultar toda a información neste enlace.

De feito o prazo para participar empezou xa o día 3. Que estades esperando? Ao último día?

 

Onte tivo lugar a final  da V Olimpíada Filosófica de Galicia. Esta cita reúne na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela a rapaces e rapazas de toda Galicia que chegan á fase final.  

O IES Isidro Parga Pondal leva participando na Olimpíada dende a súa primeira edición e aínda que non é a primeira vez que chega a final, si é a primeira vez que vai participar na final nacional que terá lugar en Mérida, no mes de maio. E por partida dobre, nada menos: na modalidade de fotografía e na de curtametraxe.

Chelsy González Besada e Ana Rodríguez Torresín gañaron onte o Primeiro Premio coa súa curtametraxe Serendipia

Pola súa parte, Alba Collazo Collazo e María Rodríguez Lamas acadaron o terceiro  e segundo premio respectivamente na modalidade de fotografía.

Se queres ver os traballos premiados, preme aquí.

 

En atención á lexislación reguladora do proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos (Decreto 254/2012 do 13 de decembro e Orde do 12 de marzo de 2013 modificada por Orde do 25 de xaneiro do 2017) comunicamos que:

Ao ser a demanda de prazas inferior á oferta existente, todos os solicitantes dos niveis educativos quedan admitidos e antes do 25 de abril procederase, sen máis trámites, a publicarse a listaxe pública provisional de todos eles.

Lembramos, en calquera caso, que os solicitantes admitidos deberán formalizar a matrícula no centro educativo entre o 25 de xuño e o 10 de xullo (ESO e Bacharelato).

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2018 (DOG Nº 16 do 23 de xaneiro de 2018)

Prazos de matrícula:

Convocatoria de maio: do 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

Convocatoria de setembro: do 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos. As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A)que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A solicitude de admisión pode presentarse a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción.

A solicitude de admisión será única e terá carácter vinculante. No caso de presentación de máis dunha solicitude para unha mesma persoa perderá os dereitos de prioridade que puidense corresponderlle.

O que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.