Escoitar, Aprender e Compartir

Visita á Asociación Aspanaex

O pasado 28 de xaneiro o alumnado do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia de modular, do IES de Chapela visitou a asociación Aspanaex (Asociación a favor das persoas con disapacidade intelectual). Convivindo, compartindo e aprendendo.

 
 Visita a Aspanaex  Visita a Aspanaex
 Visita a Aspanaex  Visita a Aspanaex 5

Convocatoria Erasmus + para ciclos medios

FP grado medio

Se tes matrícula no IES Chapela neste curso 2018/2019 nun ciclo medio e titulas en xuño 2019 podes participar, se así o queres, no programa Erasmus+ cunha estancia de 100 días (setembro-decembro 2019) nun país como Italia ou Portugal, por exemplo. Tes que facer a túa solicitude (prazo ata o 31 de xaneiro) cubrindo o formulario que atoparás na seguinte ligazón ao blogue Erasmus do IES Chapela: Adiante Chapela!

Semana cardiosaudable: Actividades do mércores, xoves e venres

Seguimos desfrutando da Froita na escola. O mércores foi o día das clementinas, o xoves das mazás e rematamos a semana con kiwis.

E como a semana é cardiosaudable, o alumnado de 2º de Farmacia encargouse de explicarnos e medirnos a tensión arterial en repouso, despois de facer exercicio, ás ordes de Nuria, e no espazo zen que deseñaron os alumnos de Educación infantil.

A próxima semana continuamos. Apetécevos repetir?....

 

Cardiosaudable 11 Cardiosaudable 18 Cardiosaudable 20
 Cardiosaudable 13  Cardiosaudable 15  Cardiosaudable 14
 Cardiosaudable 12  Cardiosaudable 16  Cardiosaudable 17

Visita da asociación ADA

 

Hoxe, martes 22 de xaneiro, viñeron a visitarnos dúas responsables e unha voluntaria da Asociación ADA ademáis de Tango, un precioso can que traballa con elas. O alumnado de 2° Educación Infantil e 2° APSD tiveron a oportunidade de coñecer como se traballa coa "Caninoterapia" en terceira idade, infancia e familia, diversidade funcional, saúde mental, persoas en exclusión, prisión, etc.

Agradecémoslle a ADA a súa entrega nesta divertida e instructiva xornada.
Caninoterapia 1 Caninoterapia 2 Caninoterapia 3 Caninoteriapia 4
Caninoterapia 5 Caninoteriapia 6 Caninoterapia 7 Caninoterapia 8

Ilidenys Rodríguez Ogando no Programa Bamboleo

 
O pasado 22 de xaneiro a nosa alumna Ilidenys Rodríguez Ogando (4º ESO B), acompañada por varias compañeiras e compañeiros do instituto e polos profesores Manuel Villar e Dolores Tapia, participou cantando no programa Bamboleo da TVG. Este sábado 26 podes ver a súa actuación ás 22:00 na canle autonómica. Non cho perdas!  

Semana cardiosaudable. Martes 22 de xaneiro

Hoxe tivemos froita por partida dobre. Por unha banda, o alumnado de 2º de Dietética deleitou aos compañeiros e compañeiras cunha deliciosa macedonia que disputou o protagonismo da xornada coa banana do programa Froita na escola.

 Macedonia Froita fresca Froita fresca 1 Froitqa fresca
Froita fresca Froita fresca Froita fresca Froita fresca

Semana cardiosaudable

Continúan as actividades do Plan Proxecta no instituto e, como centro participante no programa Froita na escola, durante os próximos quince días o alumnado poderá degustar tódolos días no recreo das 12:10 amorodos, clementinas, plátanos, kiwis, mazás e peras.

Comezamos hoxe co reparto de amorodos e mañá daremos paso ao resto das degustacións e actividades desta primeira Semana cardiosaudable.

Bo proveito!

 Semana Semana cardiosaudable 4  cardio
Semana cardiosaudable 3 Semana cardiosaudable 1 Semana cardiosaudable 2
 saudable Semana cardiosaudable 5 Amorodos

Sabes o que comes?

No pasado trimestre o alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Dietética, no módulo de Educación sanitaria, comezou a facer unha análise dos hábitos de consumo durante a mañá dos compañeiros do IES. Para iso elaboraron unha enquisa que foi analizada polos compañeiros de 2º curso do Ciclo Superior de Documentación e Administración Sanitaria, no módulo de Validación e explotación de datos, cuns resultados que publicaremos en breve e que poderedes consultar premendo no seguinte enlace.

Tras observar e analizar as enquisas, e logo da constatación da información cos compañeiros da cafetería, o alumnado de Dietética púxose mans á obra e deseñaron a primeira intervención do Plan Proxecta: Sabes o que comes?

Con esta primeira actividade, dirixida aos alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, trataron de amosar o excesivo contido en azucre e graxa dos produtos que máis consumen durante o almorzo e na media mañá, aquí no instituto, e proporcionaron aos seus compañeiros información sobre outras opcións máis saudables para consumir.

Sabes o que comes 1 Sabes o que comes 2
Sabes o que comes 3 Sabes o que comes 4
Sabes o que comes 5 Sabes o que comes 6
Sabes o que comes 7 Sabes o que comes 8

Xuntanza de voceiros - Cidades amigas da infancia

    No marco do programa Cidades Amigas da Infancia tivo lugar no Concello de Redondela este 17 de xaneiro a Xuntanza de voceiros, previa á convocatoria do pleno xuvenil. Yaiza Álvarez Soto e Mikias Anxo Prieto Rivas de 1º ESO, representaron ao IES de Chapela acompañados pola profesora Isabel Alonso.

Campionato campo a través

      Alumnado de 2º e 3º ESO, acompañado das profesoras Nuria Redondo e Diana Barreiro, participou no Campionato Zonal de Campo a través organizado polo Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia. Na mañá do xoves 17 de xaneiro correron representando ao IES Chapela xunto a outros centros dos concellos de Mos, O Porriño e Redondela. As nosas corredoras e corredores, da categoría cadete, acadaron un excelente resultado, destacando a terceira posición de Nerea González Canabal na categoría feminina.
Distribuir contido