Sabes o que comes?

No pasado trimestre o alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Dietética, no módulo de Educación sanitaria, comezou a facer unha análise dos hábitos de consumo durante a mañá dos compañeiros do IES. Para iso elaboraron unha enquisa que foi analizada polos compañeiros de 2º curso do Ciclo Superior de Documentación e Administración Sanitaria, no módulo de Validación e explotación de datos, cuns resultados que publicaremos en breve e que poderedes consultar premendo no seguinte enlace.

Tras observar e analizar as enquisas, e logo da constatación da información cos compañeiros da cafetería, o alumnado de Dietética púxose mans á obra e deseñaron a primeira intervención do Plan Proxecta: Sabes o que comes?

Con esta primeira actividade, dirixida aos alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO, trataron de amosar o excesivo contido en azucre e graxa dos produtos que máis consumen durante o almorzo e na media mañá, aquí no instituto, e proporcionaron aos seus compañeiros información sobre outras opcións máis saudables para consumir.

Sabes o que comes 1 Sabes o que comes 2
Sabes o que comes 3 Sabes o que comes 4
Sabes o que comes 5 Sabes o que comes 6
Sabes o que comes 7 Sabes o que comes 8