Erasmus +

Blogue do programa de mobilidade

Convocatoria Erasmus + para ciclos medios

FP grado medio

Se tes matrícula no IES Chapela neste curso 2018/2019 nun ciclo medio e titulas en xuño 2019 podes participar, se así o queres, no programa Erasmus+ cunha estancia de 100 días (setembro-decembro 2019) nun país como Italia ou Portugal, por exemplo. Tes que facer a túa solicitude (prazo ata o 31 de xaneiro) cubrindo o formulario que atoparás na seguinte ligazón ao blogue Erasmus do IES Chapela: Adiante Chapela!

IV e V Convocatoria Erasmus+ para ciclos superiores

Erasmus+

 

Aviso de convocatoria para o alumnado matriculado no IES Chapela no curso 2018/2019 e interesado en realizar as súas prácticas baixo o paraugas do programa Erasmus+

Se queres desenvolver a túa FCT co programa Erasmus+ de marzo a maio de 2019, esto che interesa, tes de prazo para apuntarte até o 15 DE XANEIRO (IV Convocatoria). 

Se queres desenvolver a túa FCT co programa Erasmus+ no curso 2019/2020, tamén che interesa, e tes de prazo até o 31 DE XANEIRO para apuntarte (V Convocatoria). 

Como facelo? A un clic, nesta ligazón: Adiante Chapela

Bolsa Erasmus+ para ciclos superiores (FCT setembro-decembro 2017 / ou xaneiro-marzo 2018)

 

 

En Decembro 2016 acadamos, coa I Convocatoria Erasmus+ para Ciclos Superiores, que 5 alumnas accedan ás bolsas Erasmus+. Ao quedar aínda baleira unha das bolsas, damos paso á apertura da I Convocatoria bis, tamén para alumnado dos ciclos superiores, que vaia desenvolver a súa FCT nas quendas, ben de setembro a decembro 2017, ben de xaneiro  a marzo de 2018.

Logo, temos aínda unha bolsa dispoñible. Se che interesa, accede ao blogue da mobilidade para a FP do IES Chapela: Adiante Chapela!

Erasmus+: curso gratuíto de alemán

  Se tes interese en aprender alemán e tes algo de tempo dispoñible algunhas mañás de xullo e agosto de 2017 podes informarte no blogue Adiante Chapela! no que tamén atoparás información arredor do programa Erasmus+. É de balde! Anímate e apúntate! O curso será no CIFP Valentín Paz Andrade.

Aberta a I Convocatoria Erasmus+ para alumnado de Ciclos Superiores

   

Extra! Extra! Aberta a I Convocatoria Erasmus+ para o alumnado dos ciclos superiores! 

FCT en Italia no 2017? Portugal? Lisboa...? Collegno...? Ide collendo as maletas, haberá a versión primavera (de marzo a xuño) e a versión outono (de setembro a decembro). Apúntate ata o 7 de decembro, logo... xa sera tarde! 

E se aínda non estás no segundo curso dos ciclos superiores, nin nos últimos módulos da quenda modular, a piques xa de rematar... lembra que ler, escribir, falar e cantar en inglés, francés, alemán ou italiano, minimiza as fronteiras, e quen sabe... se poderías rematar de profe de galego, pois por poñer un exemplo... nun remoto paraxe como Dingle, en Kerry, que se atopa...? Poderiamos empregar o Google Maps para atopalo mais... quen se anima a coller esas maletas? 

Máis información no blog

Carta Erasmus - Programas de Mobilidade FP

        Hai uns días solicitamos a carta ERASMUS e recibimos a confirmación de que a partir de xa! contamos coa Carta Erasmus de Educación Superior (ECHE) o que lle abre á nosa comunidade educativa a posibilidade de descubrir máis de nós mesmas/os fóra do que é cotiá para nós; outros xeitos de facer; outras paisaxes; outras linguaxes; outras persoas coas que compartir a vida, tanto laboral como persoal; outras falas, outros sons, outros vínculos que poden alongarse tanto como queiramos. Amosamos aquí a carta que recibimos, firmada, e tamén a nosa estratexia ERASMUS. Xa temos con nós a Carta Erasmus! Agora... contamos tamén contigo. Carta Erasmus. 
         

Distribuir contido