Escoitar, Aprender e Compartir

Visita ao hospital Álvaro Cunqueiro

O pasado venres 22 de marzo os alumnos e alumnas do CS de Dietética de modular visitaron as instalacións do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Alí puderon ver a organización e funcionamento do seu departamento de dietética e da súa cociña.
Visita ao hospital 1 Visita ao hospital 2

 

Ven á FP!

Durante os recreos desta semana o alumnado e profesorado dos distintos ciclos formativos que se imparten no IES Chapela realizaron unhas sesións informativas nas que explicaron aos compañeiros e compañeiras as diversas opcións a cursar no instituto: CS Dietética, CM Farmacia e parafarmacia, CS Documentación e administración sanitarias, CS Educación infantil, CM Atención a persoas en Situación de dependencia ou CS Integración social.

 

Sesións informativas 1 Sesións informativas 2

 

Manuel Rivas no IES Chapela

O mércores 20 de marzo chegou Manuel Rivas a Chapela co son dunha buguina que nos mergullou no seu universo literario. Falounos das flores e das espiñas que conforman o que somos. Falou da súa familia, da súas vivencias de neno, e a través delas explicounos a función da literatura. Unha clase maxistral que permanecerá no recordo do alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato que asistiu ao acto organizado polo noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega por iniciativa do Concello de Redondela ao que ficamos agradecidas/os.

 

Manuel Rivas 2 Manuel Rivas 3
Manuel Rivas 1

Visita a MilRamas e Gándara International School

O pasado mércores 13 de marzo, o alumnado do Horario 2 do Ciclo de Educación Infantil do réxime para persoas adultas do IES de Chapela fixemos unha visita aos espazos MilRamas e Gándara International School en Gondomar. Deste xeito, puidemos achegarnos desde dentro a outras formas de educar e acompañar as crianzas no seu proceso de crecemento sobre a base do respecto ás súas necesidades e intereses. Moitas grazas a Iago por facernos de anfitrión con tanta amabilidade.

 Visita Educación Infantil 1  Visita Educación Infantil 2
 Visita Educación Infantil 3  Visita Educación Infantil 4

Xogos populares

XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE OS CEIP E O IES DE CHAPELA CON XOGOS POPULARES!!!

O venres 15 de marzo, co obxectivo de promover a convivencia entre o alumnado dos cursos de 6º de primaria dos CEIPs Alexandre Bóveda, Igrexa e Laredo, e o alumnado dos primeiros cursos da ESO do IES, celebráronse as xornadas de xogos populares. Así cando cheguen ao instituto xa terán referentes.

Organizados e dirixidos por alumnado do ciclo de Formación Profesional de Educación Infantil, mesturados en doce grupos realizaron diferentes xogos ao longo da mañá. Este curso cada xogo simula unha estación do “Camiño de Chapela”, e ao remate cada grupo obtén a “Chapeliña” que é unha acreditación das probas superadas: O pano, zancos, o aforcado, paracaídas, sogatira, relevos, sangue, gato-rato…. Estiveron acompañados/as por profesorado dos CEIP e do IES.

   
Xogos 2 xogos3
xogos4 xogos5
xogos6 xogos 7
xogos 8 xogos  10
xogos 11 xogos 12
xogos 13 xogos 17
xogos 18 xogos 19

Charla "Internet Segura" - Multiusos de Chapela - 15 de marzo ás 20:00

No camiño do vento - Sesé Mateo / Marzo 2019

O IES de Chapela e a familia Mateo presentaron o xoves 7 de marzo o libro No camino do vento de Sesé Mateo. Nun acto emocionante no que se lembrou a nosa veciña, muller loitadora e comprometida, o noso alumnado deu vida aos textos de Sesé. Con forza, sentimento e orgullo, Anxo, Katia, Xela, Icíar, Claudia, Gorka, Miriam, Paula, Ilenia, Noelia e Sofía, representaron ao noso centro e fixeron bo aquilo de que a poesía é unha arma cargada de futuro. Aquí os tedes na foto na compaña de Joshua, fillo de Sesé, e de Olga, a vicedirectora, que abriu o acto. Moitas grazas a todas e a todos por ser como sodes. Nova en Faro de Vigo.

8 de Marzo de 2019 - Día Internacional da Muller

  

 

Fotos do Entroido 2019

 O venres 1 de marzo celebramos o entroido no instituto, os alumnos e alumnas participaron no concurso de disfraces, con actuacións que levaban ensaiando dende hai tempo. Entregáronse dous premios á categoría de Ciclos e dous premios á categoría de ESO e Bacharelato. Aquí tedes algunhas fotos dese día:

Actuacións 1º ESO

Actuacións 3º ESO

Actuacións 4º ESO

Actuacións 1º BACH

Actuacións Ciclos Formativos

Imaxes dos gañadores e gañadoras

Imaxes do público

Actuacións Ciclos Formativos de Modular

 

 Foto grupo
 

 

 

Presentación do libro: No camiño do vento - 2019

Cartel No Camiño do vento Invitación
Distribuir contido