No camiño do vento - Sesé Mateo / Marzo 2019

O IES de Chapela e a familia Mateo presentaron o xoves 7 de marzo o libro No camino do vento de Sesé Mateo. Nun acto emocionante no que se lembrou a nosa veciña, muller loitadora e comprometida, o noso alumnado deu vida aos textos de Sesé. Con forza, sentimento e orgullo, Anxo, Katia, Xela, Icíar, Claudia, Gorka, Miriam, Paula, Ilenia, Noelia e Sofía, representaron ao noso centro e fixeron bo aquilo de que a poesía é unha arma cargada de futuro. Aquí os tedes na foto na compaña de Joshua, fillo de Sesé, e de Olga, a vicedirectora, que abriu o acto. Moitas grazas a todas e a todos por ser como sodes. Nova en Faro de Vigo.