Escoitar, Aprender e Compartir

Día Mundial do Autismo

Por mor do día mundial do autismo, o pasado 2 de abril, os alumnos e alumnas do ciclo de FPModular de Integración Social fixeron unha dinámica para visualizalo. Se queredes máis información visita a web na seguinte ligazón https://diamundialautismo.com/
 
Día Mundial do Autismo

Obradoiro de teatro

O alumnado dos ciclos de Educación Infantil e Integración Social asistiron a un obradorio de Teatro para a Resolución de Conflictos con Moisés Mato, creador do teatro da Escoita e director do Movemento de Nonviolencia. Foi unha experiencia moi gratificante e productiva para axudarnos a encarar a resolución de conflictos.
Obradoiro 1 Obradoiro 2

Estatísticas 2ª Avaliación - 2018-19

Almorzos Saudables

Os días 9, 10 e 11 de abril, desenvolvemos no IES Chapela a actividade de Educación para a Saúde, Almorzos saudables, coa colaboración do Departamento Territorial de Sanidade, co gallo de que o alumnado coñeza a importancia que ten para a saúde o almorzo como primeira comida do día e as variacións que se poden facer, conseguindo unha alimentación variada, equilibrada e san; así como manter unha saúde bucodental axeitada.

Os alumnos e alumnas de 1º ESO almorzaron no instituto e recibiron una charla formativa de alimentación equilibrada e hixiene bucodental.

 

Almorzos 1 Almorzo 2
Almorzos 3 Almorzo 4
Almorzos 5  Roda dos alimentos

Visita á farmacia do hospital POVISA

O xoves 11 de abril os alumnos e alumnas do CM de Farmacia de modular, horarios 1 e 2, visitaron o hospital Povisa. Alí ensináronlle as instalacións e explicáronlle o funcionamento do servizo de farmacia hospitalaria, o laboratorio de formulación e o servizo de dispensación farmacéutica. Queremos agradecer ao persoal de Povisa que nos atendeu a súa amabilidade, a visita resultou moi interesante!

 

Farmacia 1 Farmacia 2 Farmacia 3

Visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O pasado mércores 10 de abril, o alumnado do Ciclo de Educación Infantil do réxime de persoas adultas visitamos a exposición da XX Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, onde puidemos achegarnos a unha ampla variedade de propostas literarias para a infancia en lingua galega e portuguesa, presentadas arredor do fío condutor da revolución. E ao rematar, complementamos a nosa saída cun roteiro turístico para a infancia polo casco vello da cidade. Tivemos moita sorte de que nos acompañase o bo tempo!

 

Salon do libro 1
Salón do libro 4 Saló do libro 5
Salón do libro 2 Salón do libro 3

Saída ao Espazo Educativo Foresta

O alumnado de primeiro curso do Ciclo Formativo de Grao Superior en Educación Infantil visitou, o pasado día 11 de marzo, o Espazo Educativo Foresta.

Trátase dun recurso de iniciativa social sen ánimo de lucro que aporta ás crianzas unha alternativa educativa diferenciada da oferta regrada.

O alumnado interactuou con todos os recursos do espazo, especialmente con aqueles naturais exteriores, que aportan significatividade e identidade a Foresta.

As persoas educadoras que desempeñan a súa labor profesional no centro resumiron a súa función e deron resposta ás múltiples cuestións do alumnado.

 Saída a Foresta

Charla informativa Aldeas Infantís SOS

O alumnado dos Ciclos Formativos de Grao Superior en Educación Infantil e en Integración social do réxime modular acudiron a unha charla informativa impartida no salón de actos do IES Chapela, o día 9 de abril, sobre a labor socioeducativa levada a cabo por Aldeas Infantís SOS Redondela.

Trátase dunha organización que posúe diferentes servizos e programas propios do eido social.

As persoas educadoras que desempeñan a súa labor profesional en Aldeas Infantís resumiron a súa función, os perfís profesionais que teñen cabida nos equipos da organización, dos múltiples programas e servizos que ofertan, etc.

Para pechar a actividade produciuse unha quenda de preguntas por parte do alumnado ás que as persoas educadoras deron resposta.

 Charla Aldeas Infantís  Charla Aldas Infantís

Obra teatral "Language Planning"

O martes 9 de abril, os alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º BACH asistiron á representación teatral "Language Planning" no Multiusos da Xunqueira, en Redondela. Trátase dunha montaxe teatral de carácter cómico e retranqueiro a partir de diferentes investigacións sociolingüísticas e de relatos de "Made in Galiza" de Sechu Sende.

 

Language Planning 1 Language Planning 2 Language Planning 3

Visita didáctica a COFANO

 

O pasado martes 9 de abril, os alumnos e alumnas do CM de Farmacia realizaron unha visita didáctica ás instalacions da Cooperativa Farmacéutica do Noroeste.

Visita a COFANO
Distribuir contido