Novas pais/nais

FIN CURSO 18/19 - INICIO CURSO 19/20. MAIO/XUÑO e SETEMBRO: notas, reclamacións, matrícula, exames, libros...

Achegamos información relativa a todo o proceso de fin de curso e de matrícula e inicio do seguinte (maio/xuño e setembro). No relativo a fin de curso está 2º de bach., por unha banda, e ESO/1º bach. pola outra: é fundamental aterse totalmente ás datas (e mesmo horas) aquí indicadas polo xusto dos prazos legais.

2º de BACHARELATO

           CIRCULAR DA CONSELLERÍA (2º de BACH.)

EXAMES EXTRAORDINARIOS 2º BACH. (xuño)

ESO e 1º de BACHARELATO

            CIRCULAR DO CENTRO (todo o proceso de fin de curso e setembro)

CALENDARIOS DE MATRÍCULA (días e horas, xuño e setembro)

            ENLACE A DOCUMENTOS para o proceso de matrícula

LIBROS DE TEXTO 2019/2020

EXAMES DE SETEMBRO

VI Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo

O departamento de Francés do IES do Milladoiro celebrou o 30 de abril  a VI Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo.

Micropoemas realizados polo alumnado de ESO

Para conmemorar o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) o departamento de lingua castelá traballou co alumnado de 3º ESO o micropoema.

Nin + nin -

O IES do Milladoiro foi un dos centros seleccionados pola Secretaría  Xeral de Igualdade para desenvolver a súa campaña "Nin + nin -", destinada a dar a coñecer a mulleres senlleiras e presentalas como un referente para o alumnado.

Visita de Carmen Pomar, Conselleira de Educación

O mércores 24 de abril a conselleira acudiu ao noso centro para interesarse polo funcionamento da biblioteca e dos clubs de lectura, que gabou moito. Participou nos actos organizados con motivo da semana do libro e agasallounos cun lote de libros xuvenís para a biblioteca.

Parabéns ao grupo participante na saída de fin de etapa (4º ESO)

O profesorado acompañante na saída a Barcelona comunica que o grupo mantivo un comportamento excelente, polo que queremos felicitalo publicamente. Tamén desexamos agradecerlles aos profesores Javier e Rebeca a súa implicación e dedicación.

VI Xornadas Gastronómicas Francesas

O Departamento de francés organiza, un curso máis, a súa Xornada Gastronómica e invita a participar a todo o centro. Este ano terá lugar o día 30 de abril no segundo recreo. Normas: AQUÍ

 

II Construíndo o meu camiño

O 12 de abril celebrouse no noso centro o segundo encontro "Construíndo o meu camiño", unha iniciativa da ANPAMilla en colaboración co IES do Milladoiro.

O alumnado de 3º ESO practicou rafting polo ría Ulla

Rafting polo Ulla 2019

Hackatón en Silleda

Un hackatón é un evento colaborativo, de intercambio de ideas, realizado nun curto espazo de tempo. O pasado 10 de abril, o alumnado de 2º D da ESO, participante no proxecto EpD_LAB de AGARESO, xuntouse en Silleda co dos outros centros que forman parte deste proxecto, para celebrar un "Hackatón" en contra das noticias falsas sobre as migracións.

Visita ao Museo de Historia Natural da USC

O departamento de Bioloxía organizou unha visita do alumnado de 1º de ESO para coñecer as coleccións do Museo de Historia Natural da USC.

Visita ao castro de San Cibrao de Las

O alumnado de 1º de ESO tivo a oportunidade de coñecer o magnífico castro de San Cibrao de Las (Ourense) visitando o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa.  Ademais, participou nun obradoiro de arqueoloxía, no que tiveron que clasificar, explicar e expoñer os seus achados.

Saída de fin de etapa a Barcelona

Recordamos ás familias do alumnado de 4º de ESO participante na saída de fin de etapa a Barcelona que o autobús sairá ás 6:00 na madrugada do domingo ao luns 8 de abril. O alumnado participante deberá levar o seu DNI e a súa tarxeta sanitaria (orixinais, non copias), ademais da posible medicación persoal necesaria indicada na ficha entregada no seu día (sempre comunicando esa situación ó profesorado responsable). O bus sairá do aparcadoiro fronte ao instituto.

Recórdase tamén que deberán levar o xantar (bocadillo) para ese primeiro día (o luns).

Achegamos aquí planificación completa da viaxe.

Coloquio con Fernando Lalana

O escritor Fernando Lalana mantivo o 26 de marzo unha charla co alumnado de 4º de ESO, que previamente lera a súa obra Escartín en Lima.

Carta de recoñecemento ao alumnado de 1º ESO C

A Escola de Educación Infantil do Milladoiro envíanos unha carta de recoñecemento e gratitude ao alumnado de 1º ESO C. Parabéns polo voso traballo ben feito!

Desculpas públicas a Autocares Rías Baixas

O alumnado participante nunha saída do noso centro o día 21 de febreiro deixou o autobús manchado e moi sucio. Tras as lóxicas queixas da empresa, queremos facer públicas as desculpas do alumnado involucrado e as de todo o centro.

Reparto de froita

O IES do Milladoiro participa no "Plan de consumo de froita" promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e a Unión Europea. Grazas a el, repartiremos froita fresca de xeito gratuíto, por segunda vez no curso, entre o 1 e o 12 de abril.

Obradoiro de regueifas

Os regueifeiros Josinho Porto e Sara Marchena iniciaron na arte da regueifa o alumnado de 1º de ESO nunhas divertidas sesións celebradas o 25 de marzo grazas á colaboración do concello de Ames. Información sobre o concurso Enreguéifate: AQUÍ

Reunións de orientación académica e profesional coas familias

 

CURSO DATA/HORA
3º da ESO Martes 2 de abril ás 17:00
1º de BACHARELATO Martes 2 de abril ás 17:45
4º da ESO Martes 2 de abril ás 18:45

XXXVI Olimpíada Galega de Química 2019

O venres 22 de marzo tiveron lugar na Facultade de Química da USC as probas da XXXVI edición das Olimpíadas Galegas de Química.

"Xoves talentos" do IES do Milladoiro

O venres 22 de marzo celebrouse en Santiago o concurso de redacción "Xoves talentos".

8 de abril: Día mundial do pobo Xitano

O vindeiro 8 de abril celébrase o “Día mundial do pobo Xitano”. A Fundación Secretariado Xitano, que forma parte da Rede do  IES do Milladoiro, invita a toda a comunidade escolar a coñecer a súa campaña Lección xitana, que nos aproxima a un mellor coñecemento da historia e da actualidade do pobo xitano

Enquisa da USC

O IES de Milladoiro colabora co Concello de Ames e a Universidade de Santiago de Compostela na realización dun estudo sobre as inquedanzas, intereses, hábitos de lecer e consumo das nosas alumnas e alumnos, así como tamén do seu o uso da Internet e as redes sociais. Ese estudo estará baseado, entre outras, na análise dunhas enquisas que nos gustaría realizase todo o alumnado do centro o vindeiro luns 25 de marzo.

Encontros con autores: Cándido Pazó

Aproveitamos o plan do MEC de fomento da lectura para invitar á nosa biblioteca a Cándido Pazó, actor, guionista, director teatral, narrador oral e autor, entre outras obras,  d'A piragua, obra que está a ler o alumnado de 2º de Bacharelato.

Campus científicos de verán 2019

Do 19 de marzo ao 1 de abril pode presentar a súa solicitude o alumnado de 4º ESO e 1º BACH. interesado en participar nos Campus científicos de verán do MEC. Máis información AQUÍ.

Youtubeir@s

O luns 17 de marzo o alumnado de 3º ESO seleccionado polo EDLG tivo unha charla para coñecer o concurso Youtubeir@s e para animalo a participarOs premios Youtubeir@s teñen como finalidade ser acicate da creación e difusión de vídeos de opinión e videotitoriais en galego.

Traballo interdepartamental: Mulleres traballadoras

O proxecto interdepartamental "Mulleres traballadoras" empeza a dar os seus froitos. Na semana do 8 de marzo empezouse coa exposición de traballos realizados en diferentes cursos en distintas materias e linguas.

Encontro do alumnado de Francés co Lycée Thépot de Quimper

 

O martes 12 de marzo o noso centro recibiu a visita de 54 alumnos e alumnas acompañados de catro profesores do Lycée Thépot de Quimper, na Bretaña francesa.

Viaxe de fin de etapa (4º ESO): último pago

 Recordamos ás familias que o 22 de marzo é a data límite para o abono do último pago, de 290 euros. Antes desa data cada alumno/a deberá ter entregado á vicedirectora do centro:

 - Fotocopia do DNI

 - Fotocopia da tarxeta sanitaria

 - Autorización debidamente cuberta e asinada (dispoñible AQUÍ)

 

Visita á depuradora de Sisalde

Os alumnos de 2º Bacharelato da materia Ciencias da Terra e Medioambiente visitaron o pasado xoves, 28 de febreiro, a depuradora de augas residuais de Sisalde. Estiveron acompañados de dous técnicos da empresa Espina&Delfín, que lles explicaron o funcionamento das instalacións.

Distribuir contido