Novas pais/nais

Listaxes de alumnado admitido e non admitido para o curso 2020-2021

Publicadas no día  de hoxe, 15 de  xuño,  as  listaxes  de  alumnado  admitido e non  admitido para o vindeiro curso; poden  consultarse  no  taboleiro  destinado  a  Secretaría situado no interior  do centro.

 

Calendario de final de curso para 2º de BAC (ACTUALIZADO)

Dende  aquí pode  accederse  ao calendario  de  final  de  curso 2019-2020  para 2º  de  Bacharelato. O  calendario foi  actualizado segundo  as  últimas  instrucións.

Recollida do material deixado no centro

Novas datas para a celebración de probas de acceso de grao medio e grao superior. Convocatoria 2020.

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso 2020/21

Publicada, no  DOG  do día 19  de maio  de  2020, a  Orde  pola  que  se  regula  a participación  no  fondo solidario  de  libros  de  texto  e  se  convocan  axudas  para  adquirir  libros  de   texto  e material  escolar  dirixidas ao  alumnado  matriculado  en  educación primaria,  educación  secundaria  e  educación  especial  en  centros  docentes  sostidos  con fondos  públicos  para  o  curso  escolar  2020/21.

O prazo  único  para  a  presentación  das  solicitudes  e  da  documentación  complementaria  comeza o día 20  de  maio  e  remata  o  19 de  xuño.

     Enlace  á  aplicación  informática

             Orde  da  convocatoria

             Extracto  da   Orde  da  convocatoria

             Instrucións  2020-2021

             Para  a  presentación   presencial  da  documentación:   Anexo I   e  Anexo II   da  Orde de  convocatoria.

Convocatoria de matrícula das ABAU 2020

Dende  hoxe, 15 de  maio, xa  se  recolle  na  web  da  CIUG  toda  a  información  sobre  a  Convocatoria  Ordinaria  das  ABAU 2020. 

Apertura do centro

A partir  do  luns  11  de  maio o  centro  volve  abrir. O  horario  de  atención  ao público  será  de  10h. a  13.30 h.

De  xeito ordinario  o  contacto  entre  o  persoal  do  centro  educativo  e  a  cidadanía  será  a  través do  teléfono  e  do  correo  electrónico.  De  ser  preciso  achegarse  ao centro  para  calquera  xestión será  necesario  solicitar  cita   con  anterioridade. Durante  a  estancia  no centro  haberá  que  respectar  unha  distancia  mínima  de  polo  menos  dous metros, tanto  nos  accesos  coma  nos  espazos  de  atención  ao público. Así mesmo,  será  preciso  extremar  as  medidas  de  hixiene  respiratoria (ao tusir  cubrir  a boca cun pano  desbotable  ou  contra  o  brazo  co  cóbado  flexionado  e  evitarase  tocar  os  ollos, o nariz ou a boca); de  ser posible  portarase  máscara e  en  caso  de  ter  que  asinar  algún documento  é preferible  que  traian  o  seu propio  bolígrafo.

Non  será posible  acceder  ás  aulas  para  recoller  ningún  tipo de  material.

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020-21

No día de  hoxe, 6  de  maio, publícase no  DOG   a  Resolución  do  5  de  maio  de  2020 na  que  se  recolle o  acordo  sobre  o  restablecemento  do procedemento  de   admisión  de alumnado  para  o  vindeiro  curso, quedando  os  prazos  como  se  reflicte  a  continuación:

  • Do  11  ao  18  de  maio: presentación  de  solicitudes  de  admisión  de  alumnado.
  • Ata  o  26  de  maio: presentación  da  documentación  acreditativa  dos  criterios  do  baremo.
  • Antes  do 9  de  xuño: publicación  das  listaxes  provisionais  do  alumnado  admitido  e  non  admitido. A partir  do día  seguinte  a  esta  publicación  contarase  con  3 días  hábiles  para  formular  reclamacións  contra  esas  listaxes.
  • Ata  o  26  de  xuño: publicación  das  listaxes  definitivas  de  alumnado  admitido  e  non  admitido.
  • Do 1  ao  10  de  xullo: prazo  ordinario  para  a  formalización  da matrícula (do  1  ao  10  de  setembro  como  prazo  extraordinario).

Características e deseño das probas da ABAU

No  DOG de  hoxe, 6  de  maio, recóllese  a  Resolución  do  28  de  abril de  2020 (que  modifica  a  Resolución  do 26  de  febreiro de 2020)  pola  que  se  ditan  as  instrucións  para  a  realización  da ABAU   dentro  do  curso 2019-20 no  que  se  refire  ás  características  e deseño  das probas. Neste  enlace  pode  accerse  a  toda  a información.

Xornadas de Orientación Universitaria e Portas Abertas da UVigo

O  13  de maio a  Univesidade  de  Vigo  celebrará unha  Xornada  de  Orientación  Universitaria  Virtual  e  o  día  14  unha  Xornada  de Portas  Abertas  Virtual,  onde  se poderá  contactar  co  profesorado  das  distintas  titulacións.

Acordos tomados pola Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP)

O  mércores, 29  de  abril,   celebrouse  unha  reunión  da  Comisión  de  Coordinación  Pedagóxica  na  que  se  chegou  aos  seguintes  acordos  en  relación  aos  Criterios de  avaliación   e  cualificación:

1. Alumnado  coas  dúas  primeiras  avaliacións  aprobadas:

   NOTA  MEDIA  DA  1ª  E  DA  2ª  AVALIACIÓN + Traballos  de  reforzo  ou  ampliación  realizados  no  terceiro trimestre, se  os  houbera, PARA  SUBIR  NOTA.

2. Alumnado  con  algunha  avaliación suspensa:

    O  profesorado  proporá  as  probas  e/ou  traballos  necesarios para  recuperar  a  materia. Unha  vez  avaliada  e cualificada,  aplicarase  a  fórmula  anterior.

    NOTA  MEDIA  DA  1ª  E DA  2ª  AVALIACIÓN (NO  SEU  CASO,  DA  RECUPERACIÓN) + Traballos  de  reforzo  ou  ampliación  realizados  no  terceiro  trimestre, se  os  houbera, PARA  SUBIR  NOTA.

Desde este  enlace  pode  accederse  ás  Instrucións da  Dirección Xeral  de  Educación, Formación  Profesional  e  Innovación  Educativa  para  o  desenvolvemento  do  terceiro  trimestre.

Xornadas de portas abertas virtuais na UDC

Hoxe, 23  de  abril,  e tamén mañá   a  UDC (Universidade da  Coruña)  pon  en  marcha  unhas  xornadas  de portas  abertas  virtuais  nas  que  os  visitantes (futuros  estudantes  e  as  súas  familias) poderán  coñecer  esta  Universidade (titulacións,residencias  públicas, asociacións  estudiantís...) e  interactuar  cos  responsables das  titulacións. 

Neste  enlace podedes  acceder  a  toda  a  información  sobre as  xornadas; tamén  na  aplicación  móbil  UDC.gal  para  Android  e  para  IOS.

Oficina de Información Universitaria (OiU)

O vindeiro  mércores, día 22  de abril, a  ANPA  tiña  organizada  unha  charla sobre  a  ABAU para as  familias, pero  como consecuencia  da  alerta  sanitaria  a Oficina  de  Información  Universitaria (OiU)  da  USC  viuse  obrigada  a suspender  a  súa  actividade  presencial. Desde esta  oficina  veñen  de  comunicar  que seguen  á  disposición  da  sociedade  a  través  do correo electrónico  oiu@usc.es e  tamén  que contan  cun  servizo  de  chat/videoconferencia  os  mércores  de  10  a 14h. e  de 16 a 19h.

Pode  accederse  ao  servizo de  videoconferencia  a través  da  páxina  web  da  OiU  ou  directamente  desde  aquí.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Publicadas  as listaxes  provisionais  de  persoas  admitidas  e  excluídas  para  as  probas  de  acceso  a  ciclos  formativos  de grao  medio.

Mentres dure  a situación  derivada  da pandemia  por  Covid-19, será  posible  presentar  unha reclamación  á  listaxe  provisional  a  través  do  correo  electrónico probas.ciclos@edu.xunta.gal, con  independencia de que  con posterioridade se  estableza  o  período  de  reclamación presencial  nos  centros de  inscrición.

Neste enlace  pode accederse  a  toda  a información ao  respecto: como  realizar  unha  reclamación, calendario  actualizado  das  probas,etc.

ABAU: datas para a convocatoria extraordinaria

A  conselleira de Educación, Universidades e  Formación  Profesional reuniuse onte, día  6 de abril, con  membros  da  Comisión  Interuniversitaria  de  Galicia (CIUG)  para  fixar  as  datas  da  convocatoria  extraordinaria  da ABAU, que finalmente  terá  lugar  os  días  15, 16 e  17 de  setembro. Neste  enlace pode  accederse  á  toda  a  información ao  respecto.

ABAU: datas para a convocatoria ordinaria

A  consellería de  Educación  e  a  CIUG  acordaron  as  datas  para  a  celebración da  convocatoria  ordinaria  da  ABAU: 7, 8 e 9  de  xullo. Déixase para  máis  adiante a fixación  das datas  da  convocatoria extraordinaria, en  todo  caso  será  antes do 10  de  setembro. A  través  deste  enlace  accédese  ao portal  da  Consellería, con  toda  a información da  que  se dispón  ata o momento.

Remate da segunda avaliación

A  partir  de  hoxe, 31 de  marzo, e ata  o  2  de  abril  celebraranse vía  telemática as  xuntas  de  avaliación  dos  grupos de  ESO   e  de 1º  de  bacharelato. Avaliaranse  unicamente  os  contidos  traballados  durante as  clases  presenciais  realizadas  ata o  12  de marzo pois  a  asistencia  ao  centro    o  día  13  foi  opcional para  o  alumnado.

As  notas  comunicaranse  o  venres  3  a  partir  das  12 h. a  través  da  aplicación  abalarMóbil (desde  aquí  pode accederse  a  un  manual  no  que  se  explica  como  descargala  no  caso  de  que  algunha  familia  non  o  fixera  aínda).

Despois  do  período  vacacional  de  Semana  Santa dará  comezo  a  terceira  avaliación, na  que, cando menos  no  seu  inicio, se  continuará  a  traballar  de  forma  telemática.

Adiamento da ABAU e prórroga do estado de alarma

No  día  de hoxe, 25 de  marzo, na  Conferencia  Sectorial  de Educación acordouse  de  forma  xeneralizada  manter  o  calendario  escolar. Na  xuntanza  consensuouse  o aprazamento  da  ABAU, que  na  convocatoria  ordinaria  se  situará  entre  o  22  de  xuño  e o 10 de  xullo  e  na  extraordinaria  antes  do  10  de  setembro. Desde  aquí  pode  accederse  a toda a información  que  actualmente  hai   respecto  a  este  tema.

Así  mesmo, acordouse  no  Congreso  a  prórroga  do  estado de  alarma  ata  o  24  de maio. Ata  entón   continuaremos  atendendo  ao  alumnado  e  ás  familias por  vía  telemática.

IGAXES e ASEIA. Atención ao alumnado e ás súas familias

Igaxes, ONG  coa  que  o centro  vén  traballando  estreitamente, abre  un  canal  de  atención  a familias para  dar resposta  ás  posibles  consecuencias  que  este  estado  de  emerxencia  poida  estar  provocando  no  ambiente  familiar  ou  no  benestar da  mocidade  e  na  súa  saúde  emocional. Desde  Igaxes  séguese  prestando  apoio  vía  telefónica  e  telemática  aos  mozos  e  mozas  que  forman parte  dos  seus  programas. Agora poñen  en  marcha  un  canal de  atención  aberto  a  todas  as  familias  con  fillos  e fillas (sexa cal  sexa  a súa  idade)  durante  a emerxencia. Desde aquí  pode  accederse  ao  contacto.

Do  mesmo xeito, ASEIA (Asociación  para  a  Saúde  Emocional  na  Infancia e  Adolescencia)  mentres  dure o  estado  de  alarma  pon  en  marcha  un  Servizo  de primeiros  auxilios  emocionais para  adolescentes  entre  12  e  18  anos  e  coidadores  de  nenas  e nenos  de 0 a 11  anos  cuxo obxectivo  é  dar  apoio  emocional  e orientación  psicolóxica, social  e  educativa  a  aqueles  menores,  e  aos  seus  coidadores,  que  se  atopen  en  dificultades  de desbordamento  emocional  derivadas  da  situación  de  distanciamento  social  a  causa do  estado  de  alarma  decretado  pola  pandemia  do COVID-19. Desde  aquí  pode  accederse  á  súa  web  con  todos  os  datos  de contacto.

 

PECHE DO INSTITUTO

En  cumprimento do RD463/2020 do 14 de marzo, polo  que  se  declara o estado  de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o instituto estará pechado. O profesorado está a traballar desde o seu  domicilio e utilizando medios telemáticos para comunicarse.

O alumnado consultará a páxina web do IES nas seccións destinadas aos distintos departamentos  didácticos e a  Aula  virtual, onde  poderá  atopar  as  tarefas para realizar durante este período. Empregarase tamén abalarMóbil para manter un contacto fluído coas familias.

O  teléfono  de  contacto  do centro  para  urxencias  é o  717 701 075  de  10:00 a 13:00 h.

Suspensión temporal da actividade lectiva

O presidente da Xunta de Galicia comunicou a súa decisión de pechar os centros educativos de Galicia desde o vindeiro luns, 16 de marzo, con carácter oficial, e de xeito recomendado desde mañá venres, 13 de marzo  ata o 24 de maio. Suspéndense, polo tanto, a actividade lectiva presencial  e as actividades complementarias e extraescolares.

Polo momento, non dispoñemos de máis información; non obstante daremos cumprido aviso de calquera novidade.

Saída didáctica a Portugal. Convocatoria de reunión.

ANULADA

Co  gallo  da  saída  didáctica  a  Portugal organizada polo  departamento  de  Lingua  galega, convócase  ás  familias  do  alumnado  participante  a unha  reunión o  vindeiro  luns, día 16,  ás 18.30 horas  na  sala  de  Usos  múltiples.

TÍTULOS RECIBIDOS NO CENTRO (ESO E BACH.)

Xa dispoñemos no centro dos títulos académicos correspondentes ó alumnado que rematou no noso IES os seus estudos (ESO ou bacharelato) no ano 2018 (non neste curso pasado). Previamente xa recibiramos os correspondentes ó alumnado que rematara estudos nos anos 2014, 2015, 2016 e 2017.

Os interesados/as (non os pais), ou unha persoa que eles autoricen, poden pasar por secretaría para retiralos, identificándose co seu DNI. Véxanse as instrucións e o modelo de autorización no enlace de debaixo. Téñase en conta que só dispoñemos do título daqueles alumnos/as que remataron estudos (ESO ou bach.) no noso centro; se se fixo noutro centro, o interesado/a deberá dirixirse a el.

INSTRUCIÓNS PARA A RECOLLIDA

IMPRESO DE AUTORIZACIÓN

TÍTULOS RECIBIDOS

Axudas ao alumnado para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras 2020

O  alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, matriculado no réxime xeral de 1º, 2º, 3º e 4º ESO e 1º e 2º Bacharelato está  en prazo  para  solicitar  axudas  para  formarse  en  linguas  estranxeiras. Neste arquivo pódese  atopar  un  resumo  da  información. En AxudasLe accédese á páxina  oficial, na   que  se debe  formalizar a  solicitude.

O  prazo  remata  o  26  de  marzo (este  día incluído).

Acceso  á  convocatoria

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior

No  DOG  do  venres, 7 de  febreiro,  realízase  a  convocatoria  para  participar   nas  probas  de  acceso  aos  ciclos  formativos  de  grao  medio  e  de  grao  superior  de  formación  profesional. A  través  deste  enlace pode  accederse  á  convocatoria.

Viaxe didáctica a Andorra: saída e chegada.

Lémbrase  que a  saída    está prevista  para  as 22.30 h. do día 8  e que o  autobús  sairá  do  aparcadoiro  da  Casa  da  Cultura. O  regreso  será  o  día  15,   ao  mesmo  lugar  e aproximadamente  ás 11 horas.

 Os  alumnos/as  deben  levar   con  eles o Permiso  para  a saída  de  menores  ao  extranxeiro (non o  deben  gardar na  equipaxe que se  deixe  no  maleteiro).

COMEZOU O PROCESO DE RESERVA DE PRAZA (en Ventín, do 1 ao 17 de febreiro)

Informamos de que estamos en prazo (entre o 1 e o 17 de febreiro) para que o alumnado de 6º do CEP de Ventín (centro adscrito) presente en Ventín a súa Reserva de praza para o noso IES. Tras iso, coas prazas que queden vacantes, abrirase para todo o resto de alumnado interesado o proceso de Admisión (entre o 1 e o 20 de marzo), sobre o que proximamente publicaremos toda a información relevante.

Recórdase que a realización desa reserva ten carácter vinculante e é incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro (salvo renuncia expresa e por escrito á reserva previamente feita, presentada neste IES antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión —1 de marzo—).

O alumnado que xa é do noso Centro non ten que facer ningún destes trámites (nin o de Reserva nin o de Admisión).

Máis información na propia aplicación de admisións ou na web da Consellería.

Contratos-programa

 Os contratos-programa son unha iniciativa de innovación educativa posta en marcha dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para ofrecer aos centros de ensino público unha estratexia de mellora da calidade do ensino. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concedeu este curso ao IES do Milladoiro as 8 liñas dos contratos-programa solicitadas:

 1. REFÓRZA-T. Acompañamento fóra do horario lectivo para 1º e 2º de ESO

 2. MELLORA DAS COMPETENCIAS CLAVE- Competencia lingüística

 3. IGUÁLA-T

 4. CON-VIVE

 5. PREVENCIÓN DO ABANDONO TEMPERÁN E O ABSENTISMO

 6. MELLORA DO NIVEL DE COÑECEMENTOS PARA ACADAR A EXCELENCIA

 7. MELLORA DA CALIDADE PARA A XESTIÓN DOS CENTROS

 8. PREMAT EN 3º E 4º DE ESO. Acompañamento fóra do horario lectivo para o reforzo da competencia matemática en 3º e 4º de ESO.

 

Probas externas para acreditar o nivel de francés do alumnado

O departamento de francés quere informar ás familias do alumnado que cursa a materia optativa de Francés da posibilidade de presentarse a unha proba externa  (DELF scolaire), que a Alianza Francesa en colaboración coa Consellería de Educación convocan cada ano coa finalidade de obter un diploma recoñecido nunha ampla maioría de países e que pode mellorar e  enriquecer o currículo dos estudantes.
Resultaría especialmente interesante para 4º de ESO e 1º  de bacharelato (DELF A2 ou B1)ou  2º de Bacharelato (DELF B1 ou B2). Ao longo destes anos  un grupo de alumnos e de alumnas obtiveron no noso instituto o DELF B1 e varios o DELF B2.
A  través  deste  enlace  pode  accederse  a  un  arquivo  enviado pola Alianza Francesa  sobre a próxima convocatoria.
Existe tamén outra convocatoria posterior (DELF junior), neste caso aínda que a matrícula é máis elevada, as datas son posteriores (sábado 6 de xuño para o B1 e sábado 20 de xuño para o B2 ) e posiblemente máis convenientes para 2º de Bacharelato.
De  precisar  máis información, poden dirixirse ás profesoras de francés.

Saída didáctica a Andorra. Convocatoria de reunión.

Co  gallo  da  saída  didáctica  a  Andorra organizada polo Departamento de  Educación  Física, convócase  ás  familias  do  alumnado  participante  a unha  reunión o  vindeiro  martes, día 14,  ás 18.15 horas  na  sala  de  Usos  múltiples.

Distribuir contido