Novas pais/nais

24/01/2019 - Detectados casos de piollos

Detectáronse casos de piollos no instituto. Solicitámoslles que extremen o coidado das medidas de hixiene para evitar a extensión do problema.

Estabelecemento de medidas correctoras

Por acumulación de partes de conduta e despois de ter aplicada a medida correctora de realización de tarefas na aula de atención educativa, comunicamos que as seguintes actitudes disruptivas merecedoras de correción poden implicar a expulsión do centro durante 1, 2 ou 3 días, en función da gravidade, para a realización de tarefas na casa.

Programa de educación afectiva-sexual en 1º e 3º ESO. Reunión coas familias.

Convocamos as familias do alumnado de 1º e 3º de ESO a unha reunión informativa sobre o Programa de educación afectiva-sexual que se desenrolará no centro en febreiro. A reunión coas familias terá lugar o martes 29 de xaneiro ás 18.30.

Vandalismo

Na tarde do sábado 19 produciuse un acto de vandalismo no noso IES, coas consecuencias que ilustran as fotografías. O acto púxose xa en coñecemento do concello.

Concerto: ELEKTRONIC KONTAINER

O alumnado de Música de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de asistir ao concerto didáctico "Elektronic Kontainer" no Teatro Principal de Santiago o 21 de xaneiro. Nesta actividade puideron, ademais,  coñecer as posibilidades de manipulación e edición de imaxe e son desde os seus smartphones ou ordenadores.

Clases de reforzo educativo do Concello de Ames

O mércores 16 de xaneiro comezan as clases de reforzo educativo para o alumnado de 1ª e 2ª de ESO organizadas polo Concello de Ames no IES do Milladoiro. Terán lugar os mércores, de 16: 30 a 18: 30, coa seguinte distribución:

             Área de Ciencias         Área de letras

1º ESO    17:30 - 18:30           16: 30 - 17:30

2º ESO    16:30 - 17:30            17:30 - 18:30

Os grupos serán dun máximo de 12 alumnos e alumnas. A día 15 de xaneiro quedan tres prazas libres no grupo de 1º de ESO, nove no grupo de letras de 2º de ESO e oito no de ciencias de 2º de ESO.

As familias de alumnado de 1º e 2º de ESO interesadas poden anotarse cubrindo unha ficha na secretaría do IES do Milladoiro.

 

Charla: NETiqueta

O luns 14 de xaneiro o alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO e de Bacharelato tivo a oportunidade de escoitar a especialista en oratoria, comunicación e tecnoloxía Mar Castro, dentro do programa Cibercooperantes do MEE, nunha charla titulada NETiqueta.

Saída a Andorra: reunión informativa para as familias de 1º de Bacharelato

O departamento de Educación Física, responsable da saída a Andorra en 1º de Bacharelato, convoca as familias do alumnado interesado o martes 15 de xaneiro ás 18:15 no salón de actos do centro.

Viaxe de fin de etapa (4º ESO): fin do prazo de reserva

Recórdase a todas as familias interesadas que o 11 de xaneiro remata o prazo para o pago da reserva. Este prazo foi posto pola axencia de viaxes e o hotel, non polo noso centro.  Toda a información e a documentación necesaria poden descargarse AQUÍ

Charla sobre cogomelos

O mércores 9 de xaneiro, a profesora da Universidade de Vigo Marisa Castro, experta en micoloxía, deu unha charla sobre o tema ao alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato e 3º ESO D, E. Relatora e público quedaron moi satisfeitos da experiencia.

Actividades de orientación para 2º de Bacharelato

Novas na prensa sobre o IES do Milladoiro

La Voz de Galicia recolle a experiencia da rede do IES do Milladoiro en "Oito claves dos bos colexios" (enlace)

A web do Concello de Ames recolle a concesión do premio do público no concurso de teatro lido ao grupo MAC do noso centro (enlace)

Participación do IES do Milladoiro na XXVI Olimpíada de Química 2019 (enlace)

II Construíndo o meu camiño: La Voz de Galicia (enlace), El correo gallego (enlace), Compostela24horas (enlace) e web do concello de Ames (enlace)

Visita da Conselleira de Educación: enlace á web da Consellería.

VI Xornadas Gastronómicas francesas: La Voz de Galicia (enlace) e web do concello de Ames (enlace)

La  Voz  de  Galicia faise  eco  da  experiencia  de  vídeo  participativo A  tribo, na  que  cobra protagonismo  o noso  alumnado (enlace). A  citada  experiencia  é  desenvolvida  por  Agareso e  compartida  con  Igaxes (enlace).

Vacacións de Nadal

Recordamos que as vacacións de Nadal irán do 22 de decembro ao 7 de xaneiro. O martes 8 retomaremos as clases no horario habitual. O teléfono de contacto do centro para urxencias durante as vacacións é o 717 701 075, de 10:00 a 13:00 h.

Aproveitamos para desexar moi felices festas a toda a comunidade educativa do IES do Milladoiro.

Obradoiro: "Youtubers polo cambio social"

O xoves 20 de decembro rematamos o obradoiro de "Youtubers polo cambio social", froito da colaboración do noso centro coa ACPP e AGARESO. O alumnado de 2º e 3º ESO PMAR tivo a oportunidade de coñecer esta ferramenta para a concienciación crítica. Puido, ademais, realizar o seu propio vídeo. Estamos desexando velos!

Información sobre a viaxe de fin de etapa de 4º ESO

Pódese consultar toda a información relativa á viaxe de fin de etapa de 4º ESO a Barcelona no arquivo adxunto: AQUÍ

IV Olimpíada de convivencia

Con verso animado

O alumnado de 1º de ESO de Lingua e Literatura Galegas realizou ao longo da primeira avaliación un obradoiro poético. Unha escolma do seu traballo foi recollida en "Con verso animado", unha pequena publicación que pode consultarse na nosa biblioteca. Parabéns a todos e todas as participantes polo seu bon quefacer!

Viaxe de fin de etapa (4º ESO): reunión informativa

O martes 18 de decembro terá lugar unha reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de ESO interesado en participar na excursión de fin de etapa a Barcelona. Terá lugar na aula de 4º ESO A de 18:00 a 18: 30. A continuación terá lugar, de 18:30 a 19:30, no salón de actos, a exposición do informe da psicóloga Belén Montesa tras os "Obradoiros de prevención de condutas adicitivas" realizados en 2º e 4º de ESO. Por último, ás 19:30, a ANPA organiza unha reunión informativa sobre o "Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero" para as familias do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Obradoiro de prevención de condutas adictivas: reunión coas familias.

O martes 18 ás 18:30, no salón de actos do IES do Milladoiro, a psicóloga Belén Montesa dará a coñecer ás familias do alumnado de 2º e 4º de ESO o informe realizado tras o "Obradoiro de prevención de condutas adictivas" levado a cabo nestes cursos coa colaboración do Concello de Ames.

Charla da escritora Sonia Mirón

O mércores 5 de decembro recibimos no centro a Sonia Mirón, autora de Un sol dentro de mí, libro de lectura obrigatoria en castelán para o alumnado de 3º de ESO. Asinou exemplares da súa obra e mantivo un animado coloquio co alumnado.

Obradoiro de relacións igualitarias

Dentro das actividades organizadas arredor do 25 de novembro, Día internacional para a non violencia contra a muller, o departamento de Orientación do noso centro organizou un "Obradoiro de relacións igualitarias" para 4º ESO, realizado por membros da ACPP (Asemblea de Cooperación pola Paz). Por indisposición da ponente, o venres 30 de novembro só puido realizarse con 4º ESO A. Os restantes grupos participarán neste obradoiro en canto sexa posible.

Segunda sesión do EPD_Lab

Continúa a andaina neste curso do Laboratorio de educación para o desenvolvemento que AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) leva a cabo no noso centro, este ano con 2º ESO D.

Eduemprende - Actúa

O alumnado de Economía de primeiro de bacharelato participou o xoves 29 de novembro no programa “EDUEMPRENDE-Actúa. A actividade emprendedora como chave para o teu futuro”. Trátase dun programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para fomentar o espírito emprendedor entre o alumnado.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ÚLTIMAS NOVAS. A Xunta Electoral, en reunión celebrada o 16/11/18, e unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas, ACORDOU:

1. Suspender todo o proceso de votación para a elección de representantes de pais/nais/titores por non haber ningunha candidatura.

2. Refacer o calendario de votacións para a elección de representantes do alumnado, de xeito que as votacións poderán realizarse exclusivamente durante os 2 recreos, dado que só hai unha candidatura presentada.

                                        ---

O mércores 28 de novembro celebraranse eleccións ao Consello Escolar do centro (consúltense horarios segundo o sector) para escoller os representantes de alumnado, proxenitores e profesorado.

 

25 N - Poesía contra a violencia

 O Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) deseñou a actividade “Poesía contra a violencia” dentro do marco das actividades do 25 de novembro, Día internacional para a non violencia contra as mulleres.

Youtubers polo cambio social

Do 23 de novembro ao 20 de decembro terá lugar no noso instituto o obradoiro Youtubers polo cambio social, realizado por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) en colaboración coa ACPP (Asemblea de Cooperación pola Paz).

Obradoiro de igualdade e convivencia positiva

Dentro das actividades celebradas no IES do Milladoiro para conmemorar o 25 de novembro, Día internacional para a non violencia contra a muller, o venres 23 tivo lugar un Obradoiro de igualdade e convivencia positiva promovido polo CIM do Concello de Ames.

Visita ao CIQUS

O pasado mércores 21 de novembro, os alumnos e alumnas de 2º bacharelato puideron desfrutar coa visita ás instalacións do CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC) e participar nunha actividade dirixida que trata de achegar aos estudantes unha visión actual e atractiva da investigación en Química, dar a coñecer a importancia desta ciencia no desenvolvemento científico e tecnolóxico global, e amosar a actividade cotiá nun moderno centro de investigación.

Proxecto colaborativo de Plástica

O curso 2017/2018 o profesor Horacio González levou a cabo, co alumnado de 1º de ESO, un proxecto colaborativo de construción de reproducións dos móbiles do artista estadounidense Alexander Calder. Esta experiencia vén de ser publicada na web VHPlab MAKE EASY

Saída ao teatro: I´ll be watching you (hei estar vixiándote)

O alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de asistir, na Casa da Cultura de Bertamiráns, á representación de I´ll be watching you (hei estar vixiándote) da compañía Chévere. Trátase dun proxecto teatral, lúdico e musical que analiza os roles de xénero transmitidos polas cancións amorosas da música comercial de consumo masivo. Esta actividade foi financiada polo CIM do Concello de Ames como parte das actividades organizadas para loitar contra as violencias de xénero. Vídeo

Distribuir contido