Novas pais/nais

Os obxectivos do desenvolvemento sostible. Exposición

 

 

 

 

O  centro  acolle  desde hoxe  e  ata  o  día  21  de  xaneiro  a  exposición Os  obxectivos  do Desenvolvemento  Sostible. Un  camiño para  acabar  coa pobreza  e  as  desigualdades  alá  e  acolá.  A  exposición    está  organizada  polo  Fondo  Galego  de  Cooperación e Solidariedade;  chega  ao noso  centro   grazas  aos  Servizos  Sociais  do  Concello.

Rede de bibliotecas escolares

 

Como todos os anos as bibliotecas públicas de Ames reuníronse para intercambiar experiencias sobre  proxectos, promover a lectura e programar actividades conxuntas como lecturas compartidas, elaboración das Guías de Nadal e Verán, así como o  Boletín anual da contorna.

 

No   seguinte  enlace  pódese  acceder  á  Guía  de  lecturas  recomendadas para este  Nadal.

V OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA

                                                                                                                                                                                                                                                          

Premio á mellor interpretación para o IES do Milladoiro

Na Gala de entrega de premios do Concurso Radiofónico de Teatro Lido, Desata a Lingua 2019, que vén de celebrarse este xoves 19 de decembro, concedéronlle o Premio á mellor interpretación ao grupo Sacarina, formado por tres alumnas de 1º ESO do noso IES: Martina Bretaña, Carla Gato e Sara Iglesias.

Os outros dous premios que outorgaba o Concello, mellor guión e mais o premio do público, recaeron en dous grupos do IES de Bertamiráns.

A gala celebrouse este ano na Casa de Cultura de Bertamiráns e estivo dirixida por Isabel Risco e Marián Bañobre, que lle fixeron pasar a todo o público un momento moi divertido. Os premios entregáronos a Concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística e mais o Concelleiro de Educación.

Parabéns a todo o alumnado participante polo traballo feito e o esforzo realizado e, en especial, ás premiadas!

Carta de agradecemento pola acollida ofrecida ao alumnado da EEI Milladoiro

Entre o 25 e o  29  de  outubro  celebramos  no  instituto  o  Samaín  coa  posta  en práctica  de  23 xogos populares.  Recibimos  ao longo  dos  tres  días,  e  en  varias  quendas,  ao  alumnado  da  EEI Milladoiro, ao que  a nosa rapazada lle  explicou   a  mecánica  dos xogos  en lingua  galega, posto  que  a  actividade partiu  dunha  iniciativa do Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) do Instituto, en colaboración co EDLG da escola infantil e mais co departamento de Educación física do IES. En  agradadecemento pola  acollida  chéganos  unha  carta que  facemos  pública  a  través  do  seguinte  enlace.

Vota no Concurso Radiofónico de Teatro lido

Desde hoxe luns, 2 de decembro, xa se poden escoitar as pezas do alumnado do IES que participou no Concurso Radifofónico de Teatro lido na edición Desata a lingua, 2019. A partir de mañá, martes 3, e ata o domingo 8, pódese votar pola peza que máis vos guste enviando un correo a radioteatro@concellodeames.gal. As persoas que queiran votar deberán identificarse e só se computa un voto por persoa que se sumarán para outorgar un dos tres premios: o premio do público. Ademais deste, haberá dous premios escollidos polo xurado designado polo Concello de Ames: premio ao mellor guión orixinal e á mellor interpretación.

O alumnado do IES do Milladoiro que participou neste concurso é o que aparece no vídeo. Abaixo deixamos os enlaces ás súas pezas para que vos sexa doado escoitalas:

Encontro coas familias do alumnado de 2º e 4º de ESO

Entre  os  días 4  e  12 de  novembro  o  alumnado  de  2º e  4º  de  ESO  participou  nun  obradoiro  sobre  prevención  de  condutas  aditivas a  cargo  de  Belén  Montesa e o  seu  equipo, obradoiro  organizado  en  colaboración  co  Concello. Para poder  dar  conta  dos  resultados e  de  como  se pode  tratar o  tema  desde  a  casa terá  lugar  un  encontro coas  familias  o  día  3  de  decembro  entre  as 17.50 e as 18. 50  na  sala  de  Usos  múltiples  do  instituto. No seguinte  enlace pode  accederse  directamente   a  unha  carta de  invitación  realizada  por  Belén.

Encontro coas familias do alumnado de 1º e 3º de ESO

No  centro  vén  de  ter  lugar  un  obradoiro  sobre  educación  afectivo-sexual a  cargo  de  Belén  Montesa (psicóloga, sexóloga  e  terapeuta  familiar)   subvencionado  pola  Secretaría  Xeral da  Igualdade e  organizado  en  colaboración  coa  ANPA.  Entre  o  4  e  o  6  de  novembro  o  alumnado  asistente  foi  o  de  1º  de  ESO  e  entre 11  e  o 13 o  de  3º  de  ESO. Para  poder  abordar  o  tema  coas  familias  terá  lugar  un  encontro  o  día  3  de  decembro  entre  as 16.45 e as 17.45 na  sala  de  Usos  múltiples  do  instituto. No seguinte  enlace pode  accederse  directamente   a  unha  carta de  invitación  realizada  por  Belén.

Escola de nais e pais

                                                                                                                                                                                                               

 

 

A ANPA do IES do Milladoiro bota a andar a Escola  de  nais e pais deste curso cun taller de introdución ao  Mindfulness que terá lugar o vindeiro mércores de 17.00 a 19.00 no Salón de actos do noso centro.

 

EpDLab. Curso 2019 -2020

Un curso máis, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) desenvolve no noso centro o proxecto EpD_Lab (Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento), que chega á súa quinta  edición. O proxecto  está organizado en oito obradoiros que se realizan cada mes en dúas sesións de 50 minutos e que, neste curso, está dirixido ao grupo de 2º PMAR. O alumnado constrúe as súas propias narrativas dixitais, usando diferentes aplicacións en cada sesión, coa finalidade de fomentar a súa conciencia crítica e a sensibilización social. Para  ter acceso  á  información relacionada  co  noso  centro pica  aquí.

Correspondentes 3.0. Convocatoria de reunión para as familias do alumnado voluntario

Correspondentes  3.0 é  un  proxecto  de  innovación educativa dependente  do  Instituto  da  Xuventude  que  integra  nos  centros  de  secundaria  a información  xuvenil  a  través  do  voluntariado  dos propios  alumnos  e  alumnas.

Este  curso   contamos  con  nove  rapazas  e  rapaces  de 3º  e 4º  de  ESO  que  se  encargarán  de  difundir  entre  os  seus  iguais  a información  que  se  achegue  desde  o  Instituto  de  Xuventude.

Co  obxectivo  de  que  as  familias do  alumnado  voluntario  teñan  máis  información  e  coñezan  a  mecánica  do programa, celebrarase  unha  reunión  co coordinador, Vicente  Fornés, o  día 26 de  novembro, ás 18.30 horas  na  aula 231 do  instituto.

Comezo de "Anaquiños matemáticos"

Un curso máis, a Área de Didáctica da Matemática da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co programa Conecta-Aleida, vai realizar no noso centro a actividade Anaquiños matemáticos co alumnado de 1º ESO seleccionado polo departamento de Matemáticas do IES do Milladoiro. Terá lugar en sesións quincenais dunha hora de duración,  os mércores de 16:30 a 17:30   a partir  do  20  de novembro  e  ata  o 27 de maio.   As sesións terán lugar no IES do Milladoiro e  no  seguinte  enlace pode  consultarse  a programación  das mesmas.      

Os obxectivos xerais desta actividade son:

1- Traballar contidos matemáticos en contextos interdisciplinares.

2- Potenciar unha actitude positiva do alumnado cara ás matemáticas.

3- Caracterizar a aprendizaxe do alumnado coa realización de propostas motivadoras.

Reparto de froita

 

O IES do Milladoiro participa un  curso  máis no "Plan de consumo de froita" promovido e subvencionado polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) e a Unión Europea. Grazas a el, repartiremos froita fresca de xeito gratuíto en diversos períodos ao longo do curso, o primeiro deles do 4 ao 15 de novembro. O obxectivo preferente deste plan no noso centro é o alumnado de 1º e 2º  ESO, que poderá recoller a froita no primeiro recreo. No segundo, o resto do alumnado poderá recoller a froita sobrante.

 

Esta acción responde á preocupación pola saúde do alumnado que fixo ao IES do Milladoiro merecedor do distintivo  "SELO DE VIDA SAUDABLE".

 

 

Xogamos en galego co alumnado de infantil

Hoxe, martes 29 de outubro, tivemos a última xornada de convivio co alumnado de infantil a través dos xogos populares. O alumnado das dúas quendas que viñeron hoxe, ademais de aprender a xogar da man do noso alumnado, recibiu -igual ca os anteriores- as intrucións e a comunicación en lingua galega. O profesorado da Escola infantil, ao final da actividade, agasallou á nosa rapazada con galletas.

 


 

Seguro Escolar: información importante

Todo o alumnado de 3º da ESO en diante (3º da ESO, 4º da ESO e Bacharelato) conta con Seguro Escolar por accidentes durante a súa estancia no centro (ou actividade extraescolar).

Por tanto, é moi importantante que en caso de accidente (ou outros supostos cubertos), á hora de acudir a un centro médico se consulte primeiro na secretaría do centro e se solicite nela a documentación que é necesario achegar: parte de accidentes, xustificante do pago do seguro...

Non facelo dese xeito pode carrexar problemas futuros (e irresolubles) para as familias, dado que a Seguridade Social pode requirirlles o pago das facturas correspondentes pola asistencia recibida.

En caso de dúbida é importante que se consulte na secretaría do centro.

 

INFORMACIÓN COMPLETA SOBRE O SEGURO ESCOLAR

Seguro Escolar: información importante

Todo o alumnado de 3º da ESO en diante (3º e 4º ESO e bacharelato) conta con Seguro Escolar por accidentes durante a súa estancia no centro.

Por tanto, é moi importantante que en caso de accidente (ou outros supostos cubertos), á hora de acudir a un centro médico se solicite na secretaría do centro a documentación que é necesario achegar: parte de accidentes, xustificante do pago do seguro...

Non facelo pode carrexar problemas futuros para as familias, dado que a Seguridade Social pode requirirlles o pago das facturas correspondentes pola asistencia recibida.

En caso de dúbida é importante que se consulte na secretaría do centro.

 

INFORMACIÓN COMPLETA SOBRE O SEGURO ESCOLAR

Xogos populares para o alumnado da EEI

Hoxe, luns 28,  continuamos coa actividade "Xogamos no Samaín", organizada polo EDLG, en colaboración co Dpto. de  E.Física. Visitáronnos dous grupos de alumnos e alumnas da EEI Milladoiro: entre as 8.50 e as 10.30 recibimos  un grupo de 50 alumnos e alumnas de 5 anos, que compartiron  xogos co alumnado de 4º ESO A e o alumnado de Portugués de 3º de ESO e de 1º de Bacharelato; entre as 10.50 e as 12.30  o  alumnado  de  3º ESO A e 4º ESO B  recibiu  a un grupo formado por 50 alumnos e alumnas de 4 anos. Toda a  rapazada  puxo  en práctica   os  distintos  xogos  populares  mentres  conversaban  en  galego.

          

                                        

Xogos populares para o alumnado da EEI

Este venres, 25 de outubro, comezou a actividade dos Xogos populares polo Samaín, que este ano se vai realizar durante tres días para así poder atender a todo o alumnado de infantil de catro e cinco anos.

Vanse realizar un total de cinco sesións para que todo o alumnado da EEI desa idade poida vir ata o instituto aprender a xogar da man do alumnado de 3º e 4º da ESO. Este, organizado por parellas, acolle a cadansúa parella de infantil para lle ir ensinando cada un dos xogos, ata un total de 23. O alumnado do instituto ten ademais o reto de explicarlles a actividade en galego e de manterse falando en galego coa rapazada xa que é unha iniciativa do Equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) do Instituto, en colaboración co EDLG da escola infantil e mais co departamento de Educación física do IES.

Este venres viñeron  50 rapaces e rapazas nunha quenda entre as 11h e as 12,30h. Para o luns haberá dúas sesións doutros 50 membros do infantil en cada unha das quendas e o martes outras dúas, unha de 50 e outra de 25.    

                                                  

                                      

Desata a lingua 2019

O alumnado do IES do Milladoiro que se anotou para participar no Concurso de teatro radiofónico, tivo hoxe, xunto co alumnado do IES de Bertamiráns, a primeira das dúas xornadas formativas que ofrece o concello.

A sesión desenvolveuse desde as 11 ata as 13,15 da mañá na Casa de cultura do Milladoiro. Desde o noso IES acudiron oito grupos e un total de 23 rapaces e rapazas que foron atendidos por dous membros do Grupo “Ibuprofeno Teatro” (Santiago Cortegoso e Marián Bañobre).


Na primeira parte da mañá todos xuntos recibiron unha formación xenérica sobre o xénero do teatro lido. Alí insistíuselle ao alumnado en que seleccionasen ben o tema a tratar e tamén o xénero (comedia ou drama). Puxéronlles uns audios con pezas que participaron no concurso de teatro radiofónico da Radio Galega para que lles servisen de exemplo.

 

A continuación repartíronse en dúas salas para traballar a guionización cunha explicación máis detallada, dar asesoramento aos diferentes grupos nos seus respectivos guións e atender dúbidas sobre a actividade.

 A seguinte sesión de formación vai ser o vindeiro 6 de novembro xa no IES para practicar a locución dos textos que xa teñen que estar rematados. Vaise gravar na semana do 18 de novembro nos locais de Ames Radio.

ESCOLAS SEN RACISMO. AXENDA ESCOLAR FEMINISTA 2019-2020

O  venres  25  presentouse  por  parte da  Asamblea  de  Cooperación  pola  Paz (ACPP) o  programa Escolas sen  racismo ante  o  alumnado  de  1º  de  ESO.   No  mesmo acto tamén se presentou  a  Axenda  escolar  feminista  elaborada  para  o  curso 2019-2020 e á  qie  se  pode  acceder  a  través  deste  enlace.  O  centro recibiu  unha placa en  recoñecemento  ó  labor  desenvolvido.

LANGUAGE PLANNING

O  alumnado de  4º  de  ESO  e  de  1º  de  Bacharelato  asistiu á  montaxe  teatral  Language  Planning, baseada  na obra  Made in  Galiza de  Séchu  Sende. A  respresentación correu  a  cargo  de  Os  Quintilláns  Teatro  e  a  actividade  foi  organizada polo  EDLG  e  o  Departamento  de  Lingua  galega  en  colaboración  co  Concello. 

O  alumnado  foi  agasallado  cun  exemplar  de  Made  in  Galiza (publicado por  Galaxia) e  ao  final  da  representación  puido  manter  un  coloquio co  autor  e  tamén  cos  actores.

                                

REUNIÓN DE TITORES COAS FAMILIAS

 

OBRADOIRO DE TEATRO CO GRUPO CHÉVERE

A  POSTA  EN  ESCENA  DA  NOSA  AUTOESTIMA

Folga Mundial polo Clima

O  alumnado  do  IES  Milladoiro sumouse  hoxe  masivamente  á  Folga  Mundial  polo  Clima. O alumnado  de  4º  de  ESO  elaborou  unha  pancarta coa  que  acudirán  á  manifestación  un  grupo  de  alumnos/as  do  centro.

 

Semana Europea da Mobilidade (SEM)

Hoxe, 19 de  setembro, o  alumnado de  2º  de  ESO  asistiu  a  unha  charla  organizada en colaboración co Concello de Ames.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: LISTAXES DEFINITIVAS

CALENDARIO DE INICIO DE CURSO 2019-2020

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS

O  vindeiro  xoves 5  terá  lugar un  encontro  coas  familias  do  alumnado  de  1º  de  ESO ás  19  horas  na  sala  de  Usos  múltiples.

O  encontro  coas  familias  co  resto do    alumnado novo  no  centro terá  lugar  o luns  9,  tamén  ás  19  horas.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

Adxúntase  enlace directo  á listaxe  de libros  de  texto para o  curso 2019-2020.

Recollida de boletíns de notas e devolución de libros de texto

 

Os  boletíns  de notas  serán  entregados  polos  titores/as o  xoves 5; ese  mesmo día  recolleranse os  libros  de texto pendentes  de  entrega. Aquí  atoparás  a  información  con  detalle: DOCUMENTO

Distribuir contido