VI Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo

O departamento de Francés do IES do Milladoiro celebrou o 30 de abril  a VI Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo. Como en anteriores edicións, houbo unha gran participación de alumnos/as do centro coa realización de receitas facilitadas polas profesoras do departamento de Francés ou procuradas na internet. As primeiras horas da mañá foron destinadas a que os membros do xurado probasen e decidisen os gañadores de cada categoría, mentres que entre as 12.30 e as 12.50 h todo o alumnado e o persoal do centro puido probar as distintas receitas presentadas.

Na categoría reservada ás receitas de cociña francesa as gañadoras foron Nerea, Lorena, Eva e Ari de 1ºESO B e C, que obtiveron o 1º premio de prato doce coa realización de Macarons. As alumnas Laura e Nerea, de 3ºESO D, obtiveron o segundo premio cun Île flotante. A receita Cordon Bleu, realizada polas alumnas de 3º ESO A Valentina e Annabelle, obtivo o primeiro premio de prato salgado nesta categoría. Pola súa banda, na categoría de cociñas do mundo, o galardón foi para  o Cheesecake con forma de tomate de  Uxío López, de 2º de Bacharelato. Margarita Porto, profesora de tecnoloxía do centro, acadou o premio destinado ao profesorado coa receita Croque Monsier. Os premios para o alumnado son vales canxeables por material escolar ou libros.

VI Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo

Para esta entrada, baseámonos na nova da web do concello de Ames: Aquí

Enlace á nova en prensa