Día de Rosalía 2021: Rosalía internacional

 A primeira actividade que deseñou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para conmemorar o Día de Rosalía, que se celebra o 24 de febreiro, deu como resultado este vídeo, titulado "Rosalía internacional". Aproveitando a riqueza que supón a multiculturalidade do noso centro, vinte alumnas e alumnos de nacionalidades diferentes, leron un dos poemas máis coñecidos da autora. A rapazada que se está a integrar no Milladoiro do século XXI ponlle voz á internacional poeta galega que lle cantou á emigración.

 

Neuroque? Neuropsicoloxía

 

Hoxe, 22  de  febreiro, o  alumnado de  1º  de  bacharelato B tivo  a oportunidade  de  asistir  a  unha  videoconferencia a  cargo da  profesora  da  Facultade de  Psicoloxía  Dolores  Rodríguez  Salgado. A  relatora,  ademais  de  facer  fincapé  no  obxecto  de  estudo  da  Neuropsicoloxía,  explicoulle  ao  alumnado as  distintas  saídas  profesionais  relacionadas  con  esta  disciplina  clínica.

A  actividade  foi organizada polo  departamento  de  Orientación  en  relación  ao programa  A  Ponte  levado  a  cabo pola USC.

Programa para o Día Mundial da Radio 2021

Para o Día Mundial da Radio, instituído o  13 de febreiro, convidáronnos desde a Asociación Ponte nas Ondas a sumarnos á celebración elaborando un Podcast para contar como é a nosa recén estreada emisora. Este foi o resultado.

 

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Hoxe, 11  de  febreiro, conmemórase  o  Día  Internacional  da  Muller  e da  Nena  na  Ciencia e,  no  noso  IES, levamos  toda  a  semana  visibilizando  o  papel  fundamental  das  mulleres  na  historia  da  ciencia. Está  a  resultar  una  actividade  enriquecedora  e  que, día  tras  día, logra  completar  aforo.

                                    

A  actividade  complementouse  cunha  entrevista  no programa  de  radio Entrevistas  con  Diego.

Queremos  expresar  o  noso  agradecemento ás  nosas  alumnas por  darlle  vida  a  estas  grandes científicas. Mañá  poderemos  gozar  da  última  tertulia. En  breve  publicarase  unha  montaxe  con  todas  as  tertulias.

Así  mesmo,   o noso  centro  participou  activamente no  vídeo  conmemorativo  elaborado polo noso  concello.

Semana da muller e da nena na ciencia

                                         

Día Mundial do Solo. Exposición

 

Con motivo do Día Mundial do Solo (5 de decembro de 2020) o IES do Milladoiro participou na iniciativa promovida polo Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG-CSIC) que consiste en divulgar a exposición "Mantengamos el Suelo Vivo, Protejamos la Biodiversidad del Suelo" elaborada pola FAO.

Tendo  en conta  que na materia  de Bioloxía e Xeoloxía de 1ºESO estase  a rematar  o  tema  das plantas  e o alumnado  xa  sabe un pouco máis  sobre  a importancia do  solo, estes  días  comezáronse  a traballar  os  contidos da  exposición.

Aquí pódese consultar o mapa interactivo da FAO onde aparecen os centros e demais institucións nas que se está a divulgar a exposición a nivel mundial.

Por que nos chamamos así? Os apelidos de Ames

 

Hoxe, 8 de  febreiro,  estivo  no centro  Ana  I. Boullón  Agrelo,  profesora  de  Filoloxía  Galega  da  Universidade  de  Santiago  e membro  da  Real  Academia  Galega, para  dar  unha  conferencia  ao  alumnado  de  4º  ESO B. A  especialista  en  antroponimia, logo  dunha  introdución  sobre  a  facultade  de  Filoloxía da USC, centrou  a  súa  charla  nos  apelidos  presentes  no  noso  concello.

A  actividade  foi organizada polo  departamento de  Lingua  Galega  en  relación  ao programa  A  Ponte  da  USC.                                                                                                                                                                                                                           

Como cambia o significado das palabras

 

 

O  pasado  xoves, 28  de  febreiro, estivo  no  centro Xulio César Sousa Fernández, profesor titular de Filoloxía Galega na USC, para  dar  unha  conferencia  ao  alumnado de  2º  de bachararelato  dando  conta  do  cambio  do  significado das palabras  ao  longo do tempo. 

A  actividade  foi organizada polo departamento de Lingua Galega en relación ao programa A Ponte da USC.

O último programa de "Igualdade e Saúde" centrouse na coeducación

"No día a dia reproducimos estereotipos machistas sen nos decatar porque vivimos nunha sociedade patriarcal; as familias, os medios de comunicación e tamén o sistema educativo contribúen a perpetualos. A incoherencia entre o que pensamos e o que facemos (curriculum oculto) delata o peso da socialización do que non somos conscientes, unha influencia tan sutil que resulta moi eficaz. Polo tanto hai que estar alerta, e para desvelar a desigualdade teremos que por os lentes violeta". Con estas palabras de Chis Oliveira e Amada Traba arrancan Paula García e Carlota Vicente o terceiro podcast do seu programa "Igualdade e Saúde", centrado na coeducación.

A entrevista fixéronlla a Carme Moure, profesora no IES Xelmírez I de Santiago, das materias de Igualdade de xénero (2º ESO) e Coeducación para o século XXI (1º BAC).

 

Reparto de froita

 

O  IES  do  Milladoiro  participa  un  ano máis  no  Plan  de consumo  de  froita  promovido  e  subvencionado  polo  FOGGA (Fondo  Galego de  Garantía  Agraria)  e  a  Unión Europea. Grazas  a  el  repartiremos  froita  fresca (plátanos  e mandarinas tendo  en  conta  a  necesidade  de  adaptación  ao  contexto  da  covid-19)  a partir  do  vindeiro  luns, día 1,  e  ata  o día  12  de  febreiro. O  obxectivo  preferente deste  plan  no   noso  centro  é  o  alumnado de  1º  e  2º de  ESO, que poderá  recoller  froita  no primeiro  recreo. No  segundo,   o  resto  poderá  tomar  a  froita  sobrante.

Esta  acción  responde  á preocupación  pola  saúde  do  alumnado  que  fixo  ao  noso  IES  merecedor  do  distintivo "SELO  DE  VIDA  SAUDABLE".

Novo podcast no MillaFalaDoiro. Programa Igualdade e Saúde

Xa temos a segunda entrega do programa Igualdade e Saúde.

Dirixido por Carlota Vicente e Paula García. Nesta ocasión trataron o tema das mulleres na física. A entrevista fixéronlla a Encina Calvo, profesora no grao de Enxeñaría química da USC.

Estade atentas e atentos que xa vai saír en breve o podcast seguinte deste programa.

DELF escolar 2020-2021

O departamento de francés quere informar ás familias do alumnado que cursa a optativa de francés da posibilidade de presentarse a un exame  externo chamado DELF SCOLAIRE  que a Alianza Francesa convoca en colaboración coa Consellería de Educación coa finalidade de obter un diploma recoñecido nunha ampla maioría de países e que pode mellorar e  enriquecer o currículo dos estudantes.

Os  membros  do  departamento  considérano especialmente interesante para 4º de ESO e 1º de bacharelato (DELF A2 ou B1), así como para 2º de bacharelato (DELF B1 ou B2). Ao longo destes anos  un grupo de alumnos e de alumnas obtiveron o DELF B1 e varios o DELF B2.
Acompañamos esta mensaxe de varios arquivos enviados pola Alianza Francesa ao noso centro:

Do 1 ao 26 de febreiro estará aberto o prazo de matrícula para a inscrición nas probas. Pode descargar aquí  a folla de matrícula.

Obradoiro-concerto de García Mc

O  pasado  22 de  decembro  o  alumnado de 2º de  bacharelato  participou  activamente nun obradoiro  sobre  música  a  cargo   de  García Mc, referente  na  música  galega. Ademais, puido  gozar  da  interpretación  en directo  dalgunhas  das  cancións  do  artista.

A  actividade  tivo  lugar  na  Casa da  Cultura  do  Milladoiro  e  foi  organizada polo  EDLG  en  colaboración  co  departamento de  Música.

Peche do ano dedicado a Ricardo Carvalho Calero

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES do Milladoiro quixemos pechar o ano dedicado a Ricardo Carvalho Calero coas seguintes accións:

  • Actuación de Serafín Marcos para o alumando de 4º ESO.
  • Programa de radio coa entrevista a dúas ex-alumnas do autor, unha delas a profesora de inglés do noso centro: Rosa López Boullón.
  • Proxecto "Aos quatro ventos"- Leitura colaborativa-expansiva da obra do autor.

Imos por partes:

 Serafín Marcos achegouse ao centro o pasado 18 de decembro. No blog do ENDLG hai unha breve crónica sobre a actividade e mais a dedicatoria que nos deixou. Tamén lle concedeu unha entrevista a Diego Madarnás, que se pode escoitar na sección de podcast da radio MillaFalaDoiro.

         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Sara, Alba e Lucía fixeron o último programa de radio do trimestre dedicado a Carvalho Calero e decidiron entrevistar a dúas profesoras que foran alumnas do autor homenaxeado. Unha delas, Rosa López Boullón, do departamento de inglés do noso centro; a outra, a profesora de Lingua galega e literatura, Merche Espiño, docente nos últimos anos do IES Eduardo Pondal de Santiago. Entre as dúas achegan unha panorámica, desde a propias experiencia persoal, da calidade humana e profesional do profesor Calero, tanto no instituto Rosalía de Castro, coma na universidade compostelá.

 

O proxecto "Aos quatro ventos" naceu no noso centro coma unha proposta de acción cooperativa-expansiva entre os centros de Galicia que se quixesen sumar. Lanzouse a principios de decembro e, a pesar das datas, sumáronse 30 centros desde os que se fixeron lecturas de fragmentos de obras do autor, tanto literarias como non literarias. O repositorio está colocado desde este 22 de decembro na canle de Youtube do EDLG e a partir del, desde o IES Perdouro de Burela, coa colaboración do profesor Bernardo Penabade, realizaron un espectacular programa de radio.

 

 

Desde aquí podedes acceder a todos os centros que leron: poesía, teatro, novela (con varios capítulos d'A xente da Barreira, algunha mostra de Scórpio ou todo o relato As pitas baixo a chuvia, moitos fragmentos da súa obra en prosa  ensaística, xornalística...

 

 

 

 

 

Programa "Entrevistas con Diego". Podcast 2

 

 Diego Madarnás entrevista a Serafín Marcos, o actor noiés que fixo a representación sobre Ricardo Carvalho Calero o pasado día 18 de decembro, dentro das actividades programadas para pechar o ano dedicado ao autor ferrolán

 

Novas recomendacións de lectura na Guía de Nadal

Xa está a disposición de toda a comunidade escolar a Guía de Nadal que elaboramos as bibliotecas dos centros de ensino públicos do concello. 

Jamm-in! Segundo obradoiro

Durante  os días  11  e  18  de  novembro  tivo  lugar  o  segundo obradoiro  do proxecto  Jamm-in!, "Joint Artistic  Methologies  for  Migrants  Inclusión" (Metodoloxías  artísticas  para  a  inclusión e  integración  de persoas  migrantes).

Sistema de ventilación no IES

Desde  principios  do  mes  de  novembro estivemos  a  traballar para  determinar  o  ACH (taxa  de  renovación  de  aire) dos  distintos  espazos  do centro e  así  poder  dar cun  sistema  de  ventilación  que  permitira  certo  grao  de  confort. Neste  documento dáse  conta  de  como  foi todo o proceso, así  como  das  súas  conclusións.

Entrevistas con Diego

Entrevistas con Diego é o programa de entrevistas que Diego Madarnás Iglesias (2º ESO) vén de botar a andar. A primeira entrevista fíxolla a unha compañeira, Lucía Sobrado, alumna de 4º ESO, que vai comezar  co seu programa Diario  dunha  estudante, dedicado aos libros e outras cuestións relacionadas e que vai soar en breve. 

CiMUS: Xornada de Portas Abertas

O CiMUS (Centro  de  Investigación  en  Medicina  Molecular  e  Enfermidades Crónicas) e o resto de  Centros  Singulares  da  USC (CiQUS, CiTIUS e  IGFAE) organizan o vindeiro  sábado, 28 de novembro, a  4ª Xornada de  Portas  Abertas, que  este  ano  se celebrará  en  formato virtual. Trátase  dunha  xornada  de  divulgación científica  dirixida  ao  público  xeral  e  que  ofrecerá  charlas  en directo, visitas  virtuais  aos  laboratorios  e  mesmo  experimentos.

Calquera persoa  poderá conectarse   a  través da  web https://cienciasingular.usc.es/

EpDLab curso 2020-2021

 

Dende  hai  varios  cursos o noso  centro participa  cun grupo  de  alumnos  e alumnas  no proxecto educativo EpDLab (Educación  para  o  Desenvolvemento-Laboratorio), proxecto  realizado  grazas á participación  da  ONG  Agareso  (Asociación  Galega  de  Reporteiros  Solidarios) e no  que se  traballa  a  educación  para o desenvolvemento (racismo, xenofobia, igualdade de  xénero, consumo  responsable, cooperación, coidado do medio...)  a  través  da  creación  de contidos  multimedia. 

Realizaranse   dous  obradoiros  trimestrais   de  100 minutos  de  duración  (dúas  sesións  lectivas). Tendo  en conta  a situación actual,   o  EpDLab continúa  para  o  alumnado participante a  través  dunha  aula  virtual que  xa  empezou  a funcionar  o  curso pasado  logo  do   confinamento. Nesta  aula os  alumnos  e  alumnas  participan  no proxecto  vendo  vídeos, facendo  actividades  interactivas  e  creando  o  contido  multimedia.

Este curso  o proxecto desenvólvese  co  alumnado de  2º  ESO  C, que  hoxe, 26 de novembro,  tivo  o  primeiro obradoiro.

Pode  accederse  a toda  a  información sobre o proxecto  en http://epdlab.gal/

 


25N no IES do Milladoiro

Hoxe, 25  de novembro, o  IES  do  Milladoiro únese  á loita contra  a violencia de xénero. Para  conmemorar  esta  data  o  Comité  de  igualdade, formado  por  dúas profesoras  e  trinta  e  catro alumnos  e alumnas, fixo  partícipe  a toda  a comunidade educativa  repartindo máscaras  moradas, cor  representativa  deste  movemento. Amais, visibilizaron  no  "Espazo  de Igualdade" as  41 vítimas de  violencia  de  xénero  no  que levamos  do  ano 2020.

 

Grazas  a todas  e todos as/os  que  colaboraron  nesta  iniciativa, incluído o  Concello, que  contribuíu  neste día  agasallando  ó  Comité  con  camisetas  reivindicativas  e  proporcionando  axendas  ao  alumnado de  2º  de  ESO.  Así  mesmo, grazas  á  colaboración do  CIM (Centro  de  Información  á  Muller) mañá, día  26,   o  alumnado de  2º ESO E  e  3º  ESO E  participará  no  obradoiro A  violencia  de  xénero  a  través  das  pantallas, co  que  se prentende facer unha  abordaxe  dalgunhas  das  condutas  vencelladas  á  violencia  de  xénero  que se  produce  nas  distintas  redes sociais.

Deixámosvos  aquí   unha entrevista  que  Claudia  Bretaña  e  Laura  Pájaro , membros  do  Comité  de  Igualdade,  concederon  a  Radio  MillaFalaDoiro.

Agardamos  que cada  ano  se  una  máis xente  a  esta  loita!

Programa "Igualdade e Saúde". Podcast 1

Hoxe, 25 de novembro, Paula García e Carlota Vicente estrean programa na Radio MillaFalaDoiro, a radio do IES do Milladoiro. Chámanlle Igualdade e Saúde e van tratar de todos os temas arredor da Igualdade de Xénero.

Neste primeiro programa entrevistaron a Luisa Feijoo, Concelleira de Benestar Social de Ames.

 

ANPA: reparto de máscaras

     

    Grazas á ANPA os nosos alumnos e  alumnas están a recibir estes días un lote de 10 máscaras cada un. O reparto estase  levando a cabo coa colaboración das persoas titoras de cada un dos grupos.

RadioMillaFalaDoiro empeza a emisión co programa Remendando Música

Este curso vén de botar a andar o proxecto de radio que se desenvolve desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e da Biblioteca do IES do Milladoiro, proxecto que comezou o curso pasado, pero que non se puido concretar en ningún programa, porque a pandemia non deixou gravar. Mais agora, coas medidas de seguridade pertinentes, arranca o primeiro dos varios programas deseñados pola rapazada do EDLG: Remendando música. Pensouse este programa para dar a coñecer a música que se fai en galego e, en especial, a música feita por mulleres.

Este primeiro programa empeza forte, cunha entrevista a Guadi Galego coa primicia do seu novo disco, Costuras. Sara Rey, Alba Sueiro e Lucía Romar, alumnas de 2º ESO e xa formantes do Equipo de Dinamización desde o curso pasado, foron as encargadas de presentar e entrevistar á artista, ao tempo que pincharon cancións do seu novo disco, que vén de presentarse este pasado venres 20, pero que Guadi lles adiantou en exclusiva.

Escoita o programa  aquí!

Xurxo Mariño falounos de teléfonos móbiles e saúde

 

O doutor en Ciencias Biolóxicas e especialista en neurofisioloxía, Xurxo Mariño,  estivo este venres no IES con motivo do Día da Ciencia en galego, organizado polo EDLG. Debido ás restricións impostas pola COVID, só un grupo de 1º de  bacharelato puido escoitar en persoa a súa charla sobre móbiles, radiación electromagnética e cerebro.

Presentárono  Paula García e Yomara Ferreiro, alumnas desa clase e membros do Equipo de dinamización. A exposición de Xurxo ocupou dúas sesións de clase e o alumnado tivo oportunidade de facerlle preguntas.

 

 

 

 

Encontro con María Peralta


O  alumnado  de  2º ESO E   está  a  desenvolver un  traballo  a partir  da  obra Cores  prohibidas, de   María  Peralta: realizan  a   lectura  da obra para  logo  convertela  en  audiolibro. O  día  25  de novembro o  alumnado  terá  a oportunidade  de  asistir na  biblioteca a  unha  videoconferencia  coa  autora, a  quen  lle  expresamos  por  adiantado  o  noso  agradecemento.

 

 

 

 

Jamm-in!

Hoxe, 17  de  novembro, arrancou   o  Proxecto   Jamm-in!, “Joint Artistic  Methodologies  for  Migrants Inclusion”  (Metodoloxías  artísticas para  a  inclusión  e  integración  de  persoas  migrantes). Trátase    dun  proxecto    asociado á  aprendizaxe para  a innovación no ámbito  da  xuventude, financiado polo  programa  Erasmus+  da  UE e  desenvolvido polo  Colectivo  Daquíedacolá (hoxe  estiveron  con  nós Ángela  Fraga María e  Brais  Fernándes  Álvarez). Neste  arquivo  pode  atoparse  máis  información  sobre  o  Jamm-in!

O  proxecto  lévase  a cabo    co  alumnado dos  grupos de    de  ESO D  e  E do  profesor  Manuel  Maseda. Co  seu  desenvolvemento  a  arte  é  entendida como  un elemento  transformador  que  permite  a  achega  ás   intelixencias  múltiples.

 

                                           

Determinación experimental da taxa de renovación do aire nas nosas aulas

Nas  tardes  dos días  4  e  11  de novembro  un  grupo  de  alumnos  e  alumnas  de  1º  de  bacharelato iniciou  un  estudo   que  permitirá   determinar  a  taxa  de  renovación do  aire nos  distintos  espazos  do centro. 

Taller de percusión con material de refugallo

Hoxe, 11  de novembro,   estivo no  centro  unha  vez  máis  o  profesor  Didier  Díaz  Madan, membro do  colectivo  Ecopercussion, que  traballa  a percusión con  material  de  refugallo. O  alumnado  de  3º  de  ESO, en  diferentes  quendas,  tivo   oportunidade  de  gozar  dun  obradoiro  de  percusión    na  pista  cuberta no  que  traballaron   a  coordinación  e  a  atención  entre  outras  habilidades. A  actividade  serviu  tamén  para tomar  conciencia  das  posibilidades  que  se  agochan  detrás  de  materiais  aparententemente    inservibles    cara  a creación  musical.

O  obradoiro    foi organizado  e  sufragado  polo  departamento de  Música.

 

Distribuir contido